
Debido á declaración do estado de alarma decretado polo goberno e ás dificultades que iso provoca para a chegada puntual do número de abril de TEMPOS NOVOS, tanto por subscrición como por distribución ordinaria, o número deste mes estará dispoñible en formato PDF, de forma excepcional e sen restricións de acceso, para todo o público lector que queira consultalo.
Os exemplares en formato papel serán enviados a subscritoras e subscritores en canto os servizos postais volvan funcionar con normalidade.
Pola mesma razón, TEMPOS NOVOS non estará a tempo nos quioscos e librarías do país. Quen por ser esa a vía á que recurre habitualmente para adquirila queira recibir o exemplar físico na súa casa, poderá solicitalo por correo electrónico a correo@temposnovos.gal indicando o seu nome, enderezo postal completo e NIF. Tamén poderá solicitalo desde o formulario de pedido que está disponible no espazo “Hemeroteca” de Tempos Dixital.
Para visualizar o pdf clique neste enlace.
Tamén pode acceder a este pdf interactivo.
Volveremos á normalidade. Máis fortes.