Venres 22, Setembro 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS Nº 274

TEMPOS NOVOS Nº 274

En destaque                                     

A muller nos medios e na ciencia
TEITOS DE CRISTAL

Ten razón a delegada do goberno central contra a violencia machista, Victoria Rosell, cando criticaba hai uns días que os medios de comunicación abrían todas as portadas falando do coroavirus sen apenas mencionar ás dúas mulleres que foran asesinadas nas últimas 24 horas. “Hai silencios elocuentes. Cuestión de prioridades”, declarou. Os medios focalizan as súas preferencias sobre o novidoso, con maior razón cando aparentemente ten as características dunha epidemia e xera por iso medo e demanda de información contínua. Velaí a chamada ditadura das audiencias. Pero hai máis situcións nas que os medios de comunicación de masas, e de maneira máis ostentórea os informativos de televisión, non só non contribúen a erradicar a lacra das violencias de xénero, senón que as alimentan e lexitiman. Fano utilizando determinadas prácticas profesionais coas que invisibilizan formas de violencia menos evidentes, como a lesbofobia ou a transfobia, o maltrato psicolóxico ou económico, e outros aínda máis ocultos como o desprezo, a infantilización ou a obxetifi cación das mulleres. Malia os avances detectados nos últimos anos, hai aínda moito que andar. Nos medios, nas redaccións e nos centros de formación de xornalistas. Como sucede tamén noutros sectores da sociedade. Por caso, nos ámbitos da academia e da produción científi ca que se move dentro dela. Os indicadores de desigualdade, que se manifesta de múltiples maneiras, como poñen ao descuberto dúas profe- soras e científicas neste dossier de TN, seguen sendo inasumibles.

Inclúe os artigos:

PERIODISMO E XÉNERO EN TEMPOS DO #METOO, por María I. Menéndez Menéndez
CONCEPCIÓN ARENAL E A INTELIXENCIA DO SENTIR, por África López Souto
Cara a cara: MARILAR ALEIXANDRE e ELENA VÁZQUEZ CENDÓN. MULLERES DE CIENCIA E CONCIENCIA, por Francisco Cortez-Lobão e Paulo Carlos López López

En foco                                                                               

[POLÍTICA] DE PEDRO A PABLO, CON CARLES E ORIOL EN MEDIO

Por Justo Beramendi

O 17 de febreiro tivo lugar a anunciada reunión de Pedro Sánchez con Pablo Casado na Moncloa. E como era previsible, sen outro resultado que comprobaren e comprobarmos que ambos os dous “onde estaban, están” por parafrasear ao vello Murguía. Don Pedro, ultimamente en modo diálogo, pretendía sen moita esperanza conseguir o desbloqueo dos órganos que necesitan maioría parlamentaria reforzada para a súa renovación, algo para o que son imprescindibles os votos do PP. E quería conseguilo sen ofrecer outra cousa que darlle a Don Pablo a oportunidade de baixar do monte e demostrar con feitos o seu constitucionalismo cumprindo coa súa obriga de non torpedear o funcionamento do sistema.

[ECONOMÍA] MENOS CRECEMENTO ECONÓMICO, MÁIS DESENVOLVEMENTO SOCIAL

Por Albino Prada

Para xustificar cales deberan ser, na miña opinión, as alternativas prioritarias para reorientar a nosa política económica e social perante a década 2020-2030, penso que o máis axeitado é facer balanzo da xestión neoliberal que entre 2010-2020 se leva practicado en España. Ó facelo, aboiarán os obxectivos alternativos, e mesmo as medidas para ser quen de abrirlles camiño. Ben sabido que todas as propostas que aquí se fagan terán que enfrontar cando menos un cuádruplo reto: transición enerxética e transición dixital nunha sociedade, española e mundial, máis decentes.NG: A PROTESTA INTERMINABLE?

[SOCIEDADE] O COROAVIRUS COVID19: SAÚDE PÚBLICA, SISTÉMICA E XEOPOLÍTICA.

Por Xulio Ríos

A eclosión da epidemia dun novo coroavirus con epicentro na cidade chinesa de Wuhan, provincia de Hubei, alertou ao mundo enteiro, sacudiu os cimentos da China e abriu novas incertezas sobre o futuro da economía global e a propia estabilidade social e política chinesas.

[MEMORIA] PAIXÓN E MORTE DE JESÚS ÁLVARO LÓPEZ BRENLLA

Por Narciso de Gabriel

Muros foi o concello coruñés cuxo maxisterio sufriu con máis contundencia a represión dos militares sublevados en 1936. Os expedientes de depuración de dúas das súas mestras e de nove dos seus mestres resolvéronse coa separación definitiva do ensino, o que representaba aproximadamente a metade do total, aínda que a represión centrouse especialmente nos homes. Un destes mestres, Jesús Álvarez López Brenlla, foi asasinado en 1936, e outro dos executados ese mesmo ano foi Rafael Pardo Carmona, acusado de ser un dos dirixentes da resistencia compostelá. O catedrático de Historia da Educación, Narciso de Gabriel, documentou o calvario ao que foron sometidos eses mestres, deténdose neste texto/crónica no sufrido por López Brenlla, o mestre de Louro.

[ENTREVISTA] DANIEL INNERARITY, catedrático de Filosofía política e ensaísta

Por Miguel Vázquez Freire

Daniel Innerarity é catedrático de Filosofía Política da Universidade do País Vasco, director do seu Instituto de Gobernanza Democrática e profesor do Instituto de Florencia. De entre a súa ampla bibliografía, destacamos algún dos últimos títulos publicados: La democracia del conocimiento (2011), Un mundo de todos y de nadie: piratas, riesgos y redes en el nuevo desorden global (2013), La política en tiempos de indignación (2015), La democracia en Europa. Una filosofía política de la Unión Europea (2015), Una teoría de la democracia compleja: gobernar en el siglo XXI (2020). TEMPOS NOVOS entrevistouno pouco antes de impartir a primeira das conferencias que, co gallo do centenario da revista Nós, organizan o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Argumenta [ciencia e pensamento]                           

Antropotecnias: unha humanidade aumentada. Brais Arribas.
Vivir no Antropoceno! Carmela García González.

Cultura                                                                           

CRÓNICA 
De mecenados e cultura. Por Miguel Vázquez Freire.

Protexta                                                                         

Conversa con Samuel Solleiro, por Roi Vidal Ponte.
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                                   

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.

Todo isto e máis no número de novembro de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí