Xoves 30, Novembro 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS Nº 271 · DECEMBRO 2019

TEMPOS NOVOS Nº 271 · DECEMBRO 2019

En destaque                                     

O 10-N e o réxime do 78
SINAIS DE ESGOTAMENTO

Malia os cambios na correlación de forzas no ámbito das dereitas, o 10N non fixo outra cousa que reprogramar os indicadores da crise que sacode desde hai varios anos a arquitectura do réxime do 78. Estamos nun estadio de case emerxencia. E son os organismos de poder os que a detectan e a temen. Catalunya é o síntoma, pero España e as institucións do Estado son o problema. Velaí a razón de fondo pola que o acordo a prol dun goberno progresista, e a reedición parlamentar dunha maioría que, á parte de posibilitar a investidura de Sánchez, permita experimentar novas vías que conxenien políticas que aborten os efectos destrutivos do neoliberalismo coas que fagan do artigo oitavo da Constitución un salvoconduto para un novo encaixe territorial no Estado plurinacional e plurilingüístico, puxo en pé de guerra a tirios e troianos. A curto prazo, Galicia: os resultados electorais últimos inauguran, segundo os analistas de TN, a conta atrás para o cambio que a un ano vista se albisca na casona de Monte Pío.

Inclúe os artigos:

ENTRE NECIOS E TRAMPOSOS, PERDEMOS TODOS, por Justo Beramendi
UN GOBERNO SOBRE ALICERCES PODRES, por Suso de Toro
CAMBIO EN GALICIA. COMEZA A MARCHA ATRÁS, por Manuel M. Barreiro

En foco                                                                               

[POLÍTICA] O RASTRO DO FRANQUISC¡MO EN GALIZA

Por Manuel Monge

Levamos 42 anos de democracia. A chamada Lei de Memoria Histórica aprobouse hai 12 anos. O ditador Franco foi retirado do Val dos Caídos nunha cerimonia que se converteu nun acto de exaltación do franquismo, organizado por fascistas e permitido polo goberno. E despois de todo isto, aínda quedan en Galiza máis de 400 símbolos franquistas con rúas, retratos, placas, esculturas, monólitos, distincións de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto, Alcalde Honorario etc, que honran e distinguen a golpistas, franquistas e criminais. E aquí non pasa nada!

[SOCIEDADE] FOTOFILIA COMPULSIVA

Por Salvador Bará Viñas

A sobreexposición lumínica das nosas cidades en épocas tradicionalmente ligadas, como sucede no Nadal, a costumes que multiplican o tránsito de xentes e tamén a capacidade para acoller un turismo de temporada, entrou no debate público con defensores e detractores. Máis aló do puramente festivo, a iluminación artificial entrou tamén nas investigacións científicas, con repercusións tanto no ámbito das políticas administrativas como no da industria. O autor deste artigo aborda o tema partindo das evidencias científicas que coinciden en que a luz artificial en horario nocturno actúa como un axente contaminante.

[INTERNACIONAL] HONG KONG: A PROTESTA INTERMINABLE?

Por Xulio Ríos

Na segunda feira mundial de importacións de China, celebrada en Xangai a primeiros de novembro, o presidente Xi Jinping coidou de expresar publicamente o seu firme apoio á Xefa Executiva da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong, Carrie Lam, quen afronta desde xuño deste ano continuas protestas, en moitos casos violentas, contra a súa xestión. O simbólico xesto de Xi, no que foi o primeiro encontro entre ambos dirixentes nos últimos cinco meses, foi interpretado como a expresión dun claro voto de confianza do Partido Comunista na capacidade das autoridades locais para recuperar a estabilidade, e como un desmentido contundente das filtracións de días antes no xornal Financial Times, quen avanzaba a primicia dunha inminente dimisión da líder hongkonesa. Para Beijing, non chegou ese momento.

[INTERNACIONAL] A ULTRADEREITA AO ASALTO DE BOLIVIA

Por David Alvarado

A raíz da contestación contra a suposta fraude electoral do MAS nas presidenciais do 20 de outubro, Evo Morales acaba por renunciar ao seu cargo e tomar o camiño do exilio. Baixo fachada de “revolta democrática”, irrompe a dereita máis reaccionaria e autoritaria, desvelando así o auténtico fondo estratéxico do golpe civil e militar aplaudido por Washington e con importantes apoios a nivel rexional e mesmo planetario.

[ENTREVISTA] JORDI SÁNCHEZ, expresidente da Assemblea Nacional Catalana, preso en Lledoners

Por Daniel Álvarez

Jordi Sànchez nunca quixo ser un político profesional. De feito, non o é. Pero xamais abdicou das súas aspiracións políticas. Tras toda unha vida vencellado a movementos sociais, colleu o timón da Assemblea Nacional Catalana entrando na sala de máquinas do procés independentista. A presión que a súa entidade puxo nos días críticos da revolta foi determinante. Por iso, e pesar de que xamais tomou decisións executivas e institucionais, o Tribunal Supremo condenouno a nove anos de cadea por sedición.

Crónica                                                                          

CINEUROPA, OU A DIVERSIDADE DO CINE ACTUAL. Por Fernando Redondo Neira

Argumenta [ciencia e tecnoloxía]                               

Carl Schmitt e a democracia decisionista. Miguel A. Martínez Quintanar
Os intelectuais da nova dereita. Miguel Vázquez Freire

Cultura                                                                           

CRÓNICA 
Un profundo misterio musical. Por Manuel Rodeiro

Protexta                                                                         

Conversa con Berta Dávila, por Emma Pedreira
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                                   

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.

Todo isto e máis no número de novembro de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí