en destaque
UNHA NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN
Desde a integración na Unión Europea en 1986, o devir
do sector agrario galego veu estando moi condicionado
polo contido e as sucesivas reformas da Política Agraria
Común (PAC), dado o papel central que esta xoga na
regulación dos mercados e os mecanismos de apoio ao
sector. En consecuencia, é importante prestar atención
á nova reforma desta política que xa se está debatendo,
e que estará en vigor no período 2021-2027. Por un lado, para incidir na medida do posible desde Galicia no contido final da reforma a nivel europeo. E sobre todo para xogar un papel activo nas decisións sobre a súa aplicación no ámbito español. Tres estudosos do tema aceptaron analizar e avaliar para TN o que o sector demanda en Galicia desa nova PAC e o que, segundo o que se vai coñecendo das negociacións, non parece que poida satisfacelo. Tamén ofrecemos unha entrevista ao respecto con un dos máis significados expertos comunitarios nas políticas agrarias. Coas colaboracións de Xacobo Feijóo Lamas, Edelmiro López Iglesias, Bernardo Valdês Paços, Manoel Barbeitos e Tomás García Azcárate.
en foco
TEMPO DE SAÍR DOS CUARTEIS DE INVERNO
Rematou a convalecencia de Núñez Feijóo despois dun breve período de reconstrución anímica tras o fracaso do seu asalto aos ceos de Xénova 13 e das severas derrotas electorais nas xerais e nas europeas, mais tamén nas municipais da Galicia das grandes cidades. Tempo de convalecencia e de notable incomodidade diante da viraxe neoaznarista do Partido Popular. Feijóo e o PPdeG aínda están máis preto da hipótese moderada do vello marianismo que da apoteose hiperideoloxizada da Alt-Right do novo núcleo dirixente do Partido Popular. Por Manuel M. Barreiro
ALXERIA, A REVOLUCIÓN QUE FAI FRONTE AO RÉXIME DOS XENERAIS
O 22 de febreiro os alxerinos iniciaron unha onda de contestación sen precedentes desde a independencia para esixir a instauración dun “Estado civil”. A rúa rexeita a ascendente da institución armada sobre o poder, desbotando a folla de ruta “democrática” imposta desde arriba, que persegue un cambio de elites sen modificar o sistema. Namentres, o exército tenta esgotar o movemento, xa sexa inducindo divisións no seu seo ou acentuando a represión. Malia todo, o “hirak” prosigue o seu pacífico devir, apuntalando unha revolución cada vez máis indixesta para a cúpula militar. Por David Alvarado
ANNA SCHMELZ E INÉS CARRIÓN, ADOLESCENTES GALEGAS DO MOVEMENTO FRIDAYS FOR FUTURE
Anna Schmelz Collado e Inés Carrión Orosa son dúas rapazas coruñesas de 17 e 16 anos. Anna toca o piano, baila e toca música tradicional galega e vai estudar psicoloxía. Inés tamén toca o piano e canta, e como lle gustan as matemáticas vai estudar enxeñería informática. Dúas rapazas entre a morea delas que a día de hoxe compoñen o movemento Fridays for Future inspirado por outra rapaza, Greta Thunberg. A súa xeración vivirá plenamente as consecuencias da crise climática. Por Xavier Vázquez Pumariño
entrevista
SILVIA BARDELÁ, editora e escritora. Por Penélope Pedreira
Protexta
Conversa con María Xosé Porteiro
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa Crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de setembro de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí