en destaque
A AUGA É VIDA
Somos auga nun setenta por cento. E os ecosistemas que habitamos, dos que nos valemos para sobrevivir, precísana para asegurar os seus nutrintes básicos. Abonda cun dato realmente estremecedor para subliñar a relación auga/saúde: son 2,4 millóns de mortes as que se poderían evitar cada ano se todo o mundo tivese acceso axeitado a sistemas de auga e saneamento. Pero son moitas as cidades e vilas do Estado que aínda non dispoñen dos sistemas de depuración establecidos pola normativa comunitaria. Escasea a auga para a poboación en innumerables lugares do planeta, pero iso non impide que cada vez se destinen máis cantidades dela para o uso industrial e agropecuario. As políticas dos gobernos non van na boa dirección. Por caso, en Galicia. A política forestal teima en converter todo nun inmenso eucaliptal, alterando os réximes hidrolóxicos, e deteriorando o conxunto do ecosistema e a calidade das augas. Tamén outras políticas sobre o territorio, como a dos encoros, con forte impacto sobre os ecosistemas acuáticos. Ou como a da minería. Coas colaboracións de Xabier Vázquez Pumariño, Mª Paz Ondina, Isabel Pardo Gamundi e Fernando Cobo Gradín.
en foco
O MAL MENOR EMPEORA
Hai tres meses cualifiquei de “mal menor” os resultados das eleccións xerais de 28 de abril. Hoxe, 26 de xullo, esa estimación xa non é válida. Agora imos camiño dun mal maior. Finalmente, logo de semanas de excitante suspense, non houbo happy end, senón medio aborto que mesmo pode acabar en parto diferido, non sabemos se con fórceps ou mediante cesárea porque a criatura, tras un embarazo kafkiano, ven moi atravesada e pode chegar a este mundo con malformacións. Se chega. De momento, o único seguro é que Don Pedro Sánchez, o Resistente, tivo que resistir e por segunda vez dúas contundentes labazadas parlamentarias, separadas polas preceptivas corenta e oito horas. Na primeira, o 23 de xullo, só apoiaron a súa investidura como presidente do goberno os 123 deputados propios máis o único do Partido Regionalista de Cantabria, fronte a 170 en contra (PP + Cs + Vox + ERC + JxCat + CC + Navarra Suma) e 52 abstencións (Podemos + PNV + Compromís + Bildu). Na segunda, no apostólico 25, continuou cos 124 e só cambiaron os non (155) e as abstencións (67) polo xesto de ERC. Por Justo Beramendi
O DIAGNÓSTICO ERRADO DE ANATOLY DYATLOV E INVESTIDURA FRACASADA
25 de xullo. 15:46 h. 124 a favor. 67 abstencións. 155 en contra. Fracasa a investidura de Pedro Sánchez. Péchase un ciclo de negociación frustrante. A «batalla do relato» determinou a derrota da intelixencia e da imaxinación negociadora. «Non é nin bo nin terrible». O disparatado diagnóstico de Anatoly Dyatlov, o enxeñeiro en xefe axunto da Central Nuclear de Chernóbil, que popularizou a sonada serie de HBO, conduciu a lóxica política daqueles que debían procurar unha fórmula practicable para un goberno de cambio, e que o único que conseguiron é abrir unha ventá de oportunidade para que a dereita emende erros e poida facerse co Goberno do Estado despois dunhas eventuais novas eleccións no outono. Por Manuel M. Barreiro
POR FIM, AS LETRAS PARA CARVALHO CALERO
No mesmo dia 22 em que chega a notícia tanto tempo esperada de que se dedicará o Dia das Letras Galegas de 2020 a Carvalho Calero, quero escrever um texto que o celebre e difunda, com a mesma ortografia que partilhamos há quarenta anos com o homem a quem se faz homenagem, rogando à imprensa que respeite este repto. Por Ramom Reimunde
crónica
AO RESU TODO LLE SAE BEN. Por Daniel Álvarez
entrevista
JAVIER ECHEVERRÍA, especialista en filosofía da ciencia. Por Miguel Vázquez Freire
Protexta
Conversa con Anxo Angueira
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa Crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de agostode TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí