O número 260 de TEMPOS Novos describe nun amplo informe as características do tsunami que, coa imprescindible contribución das falsidades políticas e das tecnoloxías dixitais, está poñendo contra as cordas a democracia. O mundo da información e do xornalismo quedan subordinados -e a verdade á que se deben con eles- a esa nova realidade virtual na que se nos forza a sobrevivir. Os feitos teñen neste contexto menos influencia no estado de opinión pública que a apelación ás emocións, aos sentimentos e as crenzas persoais. Explícanse asi,entre outros, fenómenos políticos como os de Trump, Bolsonaro ou Abascal. Outros contidos do número de xaneiro: “Imos cara ao sol?” (Justo Beramendi), “Ordem e regresso” (Enrique Sáez Ponte), “Estado de dereito ou república bananeira” (X.L.Franco Grande), “SOS na sanidade pública. O fracaso das políticas de Feijóo” (Manuel Martín).
A entrevista política do mes é con Marcel Mauri,vicepresidente de Omnium Cultural de Catalunya: “O xuizo,unha farsa”, asegura.
Unha crónica desde París asinada polo compositor e escritor Manolo Rodeiro dá conta dunha das máis novidosas exposicións abertas actualmente en Europa: ON AIR, que ocupa 13.000 metros cadrados no Palais de Toquio. Miguel Vázque Freire toma como punto de partida a exposición sobre Castelao, no Gaiás, e mete o bisturí no artigo “Entre a apropiación e o desprazamento”.
Outras dúas entrevistas en Cultura: co director da película TROTE, Xacio Baño, e con Xavier Alcalá, autor de “The Making of”.
As críticas de novidades editoriais de Antonio Piñeiro, Anna R. Figueiredo, Lara Dopazo e Brais Arribas, asi como as de Música (Costello), Banda deseñada (Colo), Videoxogos (Joe Richardson), Cinema (“Roma”) e Series (“A amiga estupenda”) pechan as case cen páxinas, con postdata de Alba Cid.