En destaque
Informe
A GALICIA QUE VÉN, CO ESTATUTO QUE FOI
Corenta anos despois, renxen as costuras dun Estatuto que fora programado e aprobado sen apenas debate e cando o Estado e a UE recelaban mutuamente do que, andando o tempo, constituiría un estatus de soberanías compartidas. Quedando o autogoberno das autonomías con bastantes das súas potencialidades pexadas. E sen que o de Galicia entrase en procesos de aggiornamento ou reforma por ter nos gobernos conservadores de Fraga e Feijóo o freo que derivaba e deriva da concepción meramente xerencial que sempre tiveron do autogoberno. A iso súmanse os imperativos da globalización neoliberal que penetra sen apenas resistencia no noso sistema sociocultural e económico de convivencia, afectándoo e desprotexéndoo. Imponse, pois, e con urxencia unha actualizada estratexia de país, coa que afrontar proactivamente as correntes adversas que o ameazan (no global) e que o pexan (no local), o que comporta redefinir e reforzar o autogoberno nesa dupla e conflitiva dimensión.
TEMPOS NOVOS quere contribuir a ese obxetivo colectivo, polo que abrimos unha serie de debates como o que reproducimos neste número.
Moderados polo profesor de Comunicación Política, Paulo Carlos López, cinco representantes da sociedade civil galega, procedentes de diferentes ámbitos sociais e ideolóxicos, sentaron na biblioteca Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego e avíronse a responder ás cuestións seguintes: Cales son os logros e os fracasos destes corenta anos de autonomía en Galicia? Cal debe ser, xa que logo, o futuro do autogoberno? Serve o Estatuto actual para os retos da Galicia presente e de futuro?
Coa participación de Isabel Vilalba Seivane, Manuel González-López, Manuel Martínez Barreiro, Patricia Vilán Lorenzo e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel.
Texto de Francisco Cortez-Lobão Sineiro.
En foco
[POLÍTICA] POR MAL CAMIÑO
Continúa in crescendo a degradación da política. Para mostra, tres botóns: a batalla de Madrid, a caótica xestión da pandemia e a difícil xestación do govern catalán que acabou co parto in extremis dunha criatura de futuro moi problemático. Que teñen os tres en común? Pois que os seus protagonistas políticos comparten unha escala de prioridades na que a conservación/conquista do poder prima sobre a procura de solucións aos problemas reais da cidadanía, e sobre a práctica de valores e condutas propias da verdadeira democracia, con consecuencias moi negativas para a convivencia, para o futuro de dereitos e liberdades, para a economía e mesmo para a saúde e a vida de millóns de persoas. Por Justo Beramendi.
[POLÍTICA] VAE VICTIS… AI DOS VENCIDOS
Gabilondo en plena soidade tras o fracaso descomunal da estratexia do bruxo de cabeceira, “I-VAN moitas”, apenas contou coa solidariedade do Ministro de Universidades, señor Castells —membro dos socios de goberno—, que se achegou ao seu leito de morte (política), e velou a agonía do seu compañeiro académico. Por Antonio Campos Romay
[ECONOMÍA] GOLPE BANCARIO
Sorprendeu que o Goberno central votase en contra da iniciativa de triplicar o salario que o presidente da que, tras a absorción de Bankia, se ten convertido en España na principal e máis poderosa das entidades financeiras, Caixabank, pero ese posicionamento non pasa de ser un acto testemuñal sen máis. Tras aceptar esa macrofusión, sen esixir previamente a devolución ao erario público dos 24.000 millóns que custou —que nos custou a todos— o rescate de Bankia, o Estado conserva na entidade bancaria resultante tan só unha participación minoritaria do 16,1%. O articulista repasa o historial dos procesos de progresiva concentración do poder financeiro español, contando sempre co plácet dos gobernos socialistas e conservadores, para contextualizar e valorar as consecuencias do que entende que constituiu un grave e definitivo despropósito: a privatización de Bankia. Entre elas, a desaparición de 1.400 oficinas de servizo público e o despido anunciado de 8.300 traballadores pertencentes ás dúas entidades fusionadas. Por Antonio Fuertes Esteban
[INTERNACIONAL] RETRONA A CUESTIÓN PALESTINA CUNHA NOVA NARRATIVA
“Despois de 11 días de hostilidades, Hamás e Israel selaron un alto ao fogo o pasado 20 de maio”. Recollida así a noticia polos medios, toda a atención queda enfocada na confrontación entre ambos os dous sectores. Non é a primeira vez que se repiten estes sucesos e se reproducen crónicas en términos semellantes sobre episodios anteriores na franxa de Gaza (2008-2009, 2012 e 2014). Tomando esta escalada da violencia como punto de partida, e tamén como peche da atención mediática, probablemente se estean desenfocando as causas estruturais deste prolongado conflito colonial. Por José Abu-Tarbush
[INTERNACIONAL] AMÉRICA LATINA, NA ENCRUCILLADA
As dúas primeiras décadas do século XXI estiveron marcadas en América Latina por un fenómeno que prometía ventos de cambio: gobernos progresistas que foron caracterizados como populistas. Hugo Chávez en Venezuela, Néstor Kirchner (sucedido por Cristiba Kirchner) en Arxentina, Rafael Correa en Ecuador, Evo Morales en Bolivia ou Lula en Brasil lideraron unha etapa política que comportou un punto de inflexión para Suramérica. Por Palmira Chavero
[ENTREVISTA] MARCOS LORENZO, sociólogo e ensaísta.
Dous escritos sobre a felicidade é o novo libro que o sociólogo Marcos Lorenzo vén de publicar. Obra que presenta certa liña de continuidade co proxecto que o autor puxo en marcha nunha obra anterior, Karlotti, un poema crónico, que xa aparecía como volume I dunha futura serie, baixo o nome de “Vividores” . Mais cómpre tamén salientar que a actual pandemia vírica veu dotar dunha ata certo punto inesperada actualidade ás conclusións que o novo libro propón. O malestar individual, as taxas de suicidio, o medre das depresións e do consumo de psicofármacos, deseñan unha Galicia que ata o de agora non tiña reflexo nin no debate intelectual nin no parlamentario da nosa comunidade mais, baixo a influencia dos efectos da pandemia, vimos como a cuestión do déficit no tratamento das doenzas mentais era obxecto de discusión no parlamento español. De todo iso falounos Marcos Lorenzo nesta entrevista. Por Miguel Vázquez Freire
ARGUMENTA Ciencia e pensamento
ECONOMÍA OU NATUREZA: UN FALSO DILEMA. Por Carmela García González
NOBEL DE FÍSICA 2020 E FURADOS NEGROS. Por Ramón Vilalta López
CRECEMENTO ECONÓMICO VERSUS BENESTAR SOCIAL. Por Manoel Barbeitos
Cultura
[REPORTAXE] OS DESAFÍOS DO LIBRO E A EDICIÓN NA ERA DIXITAL
De dar creto ao que levan anunciando desde hai anos os gurús da revolución tecnolóxica introducida pola informática, os libros e a impresión en papel estaban chamados a seren uns artefactos obsoletos nun breve prazo de tempo. O prazo vai transcorrendo e son os amantes da lectura en papel quen proclaman o fracaso da profecía. Mais non é esta unha proclama precoz? Os cambios que a dixitalización introduce están producindo resultados transformadores na industria editorial, mesmo aínda que estes cambios non teñan acadado os efectos tan radicais e definitivos que por exemplo se observan na industria da música, e seguramente as transformacións non van ficar aquí. En TEMPOS NOVOS quixemos pensar e facer pensar sobre esta situación de encrucillada. Por Miguel Vázquez Freire
Protexta
Conversa con Xesús Fraga. Por María Alonso
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de xuño de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí