Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS 282 · NOVEMBRO 2020

TEMPOS NOVOS 282 · NOVEMBRO 2020

En destaque                                   

Proceso ao sistema galego de dependencia

COIDADOS MERCANTILIZADOS

A pandemia sanitaria permite examinar polo miúdo un modelo de coidados sociais, implantado durante anos, caracterizado polo infrafinanciamento público e un sistema de atención á dependencia mercantilizado e precarizado. A elección de políticas austericidas fronte á crise económica recortou o gasto nas residencias públicas, incrementou o déficit de prazas, reduciu o papel de entidades sen ánimo de lucro, e externalizou servizos a grandes empresas, aseguradoras e fondos especulativos, que viron na atención ás persoas maiores un mercado rendible para facer negocio. Como? Recortando persoal, aforrando en material básico e mantemento, reducindo a calidade dos servizos e degradando a atención, as condicións hixiénicas e a alimentación dos vellos. Sen os medios necesarios para detectar, previr e coidar, o virus tivo vía libre, contaxiando a traballadoras e residentes e multiplicando o risco de morrer. En total soedade. En Galicia, onde o índice de privatización das residencias é escandalosamente alto, case o 50% dos mortos ata agora pola Covid residían nelas. Unha auténtica trampa mortal para os máis vulnerables.

Despregar un modelo público de atención á dependencia, integral e de calidade, ben financiado, xestionado e integrado na atención sociosanitaria pública non só é o que mellor pode enfrontar pandemias como a deste coronavirus, senón tamén un dereito de toda a poboación. Como quera que o goberno de Feijóo veu afortalando un sistema asistencial que favorece a atención privada fronte á pública —para mostra, un botón: non creou nin unha sola residencia pública nestes últimos dez anos—, faise necesaria a movilización e a presión social para revertir a situación. No informe que publica TN apóstase por esa vía. Un artigo de Francisco L. Vázquez Vizoso

En foco                                                                

[POLÍTICA] APRENDICES DE BRUXO

Dende o punto de vista do relato, isto da pandemia en España empeza a ser como esas series apaixonantes na primeira tempada que logo os produtores estiran como chicle ano tras ano até aburrir. E de certo neste asunto todo está repe no último mes: o aumento de contaxios e mortos, a incapacidadade para conter o andazo, a irresponsabilidade de parte da cidadanía, o desastre económico e as indecentes liortas da maioría dos políticos, ás veces cos xuices poñendo o seu gran de pementa picante, obrigados ou non. Nada novo e nada bo. E a xente cada vez máis anguriada e cabreada. E con razón. Resistirá a democracia actual este tsunami? Por Justo Beramendi.

[ECONOMÍA] NCG: SENTENZA PENAL CON TROPEZÓNS FINANCIEIROS

O auto da Audiencia Nacional de 1/10/2020, no que os maxistrados da Sala do Penal afirman que foi a «situación económica e financeira» herdada de Caixa Galicia a que precipitou o rescate de Nova Caixa Galicia (NCG) ten desatado unha gran poeira política. O documento recolle explicitamente unha frase lapidaria de contido financeiro das súas señorías: «A única razón pola que o FROB tivo que intervir foi pola situación económica e financeira na que se atopaba en 2010 Caixa Galicia, antes de que se tivera producido a fusión». Por Ramón Yáñez

SOLICITAR UN EXEMPLAR

[ECONOMÍA] NCG: POR QUE NON SEGUIU O CAMIÑO DE KUTXABANK, CAIXABANK OU BANKIA?

Como teño razoado recentemente, non sendo público o capital dun banco tamén pode ser cento por cen privado sen ánimo de lucro (Kutxabank), ou de case a metade como poidera chegar a selo na absorción de Bankia por Caixabank. Ten isto non pouco que ver coa socialización dos beneficios e da actividade. Pero, a diferencia destes casos, en Galicia a conxunción neoliberal do PP (Xunta) & PSOE (Banco España) non atopou obstáculo entre 2010 e 2014 para bulir cara una privatización total con ánimo de lucro (Abanca dende 2014) das dúas Caixas de Aforros galegas. Previa a súa fusión en NCG (Novacaixagalicia en 2010 e logo Novacaixagalicia Banco, que será nacionalizado en setembro de 2011). Por Albino Prada

[ENTREVISTA] XAVIER DOMÈNECH, historiador e activista político

Xavier Domènech bota un ollar, dende o profundo coñecemento da historia e dende a experiencia política, cara ao desenvolvemento do proxecto nacional español e as súas alternativas no Estado. Faino a través dun fío condutor que liga as tensións entre república e monarquía, estado central e plural, coas modernas crises de soberanía. En “Un haz de naciones. El Estado y la plurinacionalidad en España (1830-2017)”, que vén de presentar na USC grazas ao convite do Grupo de Investigación Hispona, reflexiona longa e pausadamente sobre estes asuntos. Por Francisco Cortez-Lobão Sineiro

Crónica                                                              

O teatro do país, en congreso
DEFININDO A ESCEA GALEGA NO HORIZONTE DE 2030. Por Eduardo Alonso

Argumenta [ciencia e tecnoloxía]                  

Lóxica (do) intelectual populista. Por Miguel A. Martínez Quintanar
O antipoulismo de Gramsci. Por Jorge Álvarez Yágüez

Cultura                                                              

O filme Lúa Vermella no espello cóncavo de Lois e Antón Patiño. Equipo TN

Protexta                                                            

Conversa con Raquel Miragaia. Por Isaac Lourido
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                      

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de novembro de TEMPOS NOVOS.

SOLICITAR UN EXEMPLAR