Domingo 28, Maio 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS 279 · AGOSTO 2020

TEMPOS NOVOS 279 · AGOSTO 2020

En destaque                                      

Dossier postelectoral
REGRESO AO FUTURO

Cuantitativamente, os resultados do 12-X replican a paisaxe política na que deran, 23 anos atrás, as eleccións do 1997. Máis alá de como quedou o reparto de escaños, esa comparación non ten un especial significado político. Constatarémolo a pouco que destripemos os contextos que forzaron as respectivas maiorías absolutas de Fraga e Feijóo, por unha banda, e os respectivos sorpassos dos nacionalistas aos socialdemócratas do PSdG, pola outra. As circunstancias internacionais non son as mesmas —o mundo sobrevive a unha pandemia sanitaria nunca antes coñecida—, e estamos a punto de entrar noutro ciclo depresivo que ameaza con someter de novo a economía ás ortodoxias máis temidas do neoliberalismo. E faise electoralmente pragmático aquelo de que máis vale malo coñecido que bo por coñecer. Hai tamén outros factores que contribúen a interpretar o sucedido en xullo. A eles aluden os analistas de TN. Pero fano todos en clave de regreso ao futuro. Cos ollos postos no 2024.

Inclúe os artigos:

12X: CONTINUIDADES E CAMBIOS, por Justo Beramendi
OS RESULTADOS ELECTORAIS: HAI PARTIDO(S) PARA 2024?, por P.C. López
CIDADES (PSOE) SEN PAÍS, GALICIA (PP) SEN CIDADES, por Albino Prada
[ENTREVISTA] NIEVES LAGARES DÍEZ, politóloga e investigadora, por Paulo Carlos López

Especial  ANCARES                           

PORTA DE ENTRADA

A fronteira natural dos Ancares é á vez porta de peregrinaxe desde a Idade Media. Unha comarca envellecida e sometida a unha explotación abusiva de recursos naturais, pero ainda así cun gran potencial que a fai recuperable.

Inclúe os artigos:

O peso da historia, por María José López Caldeiro
Na encrucillada, por Eloi Villada Legaspi
Os Ancares e o Courel, os montes do extremo, por Xabier Vázquez Pumariño

CRÓNICA                                               

O CASO DO RETABLO DA VIRXE DA BARCA

O 25 de decembro de 2013, un incendio destruíu o teito e o interior do santuario da Virxe da Barca de Muxía. A reconstrución do templo permitiu nun razoable prazo de tempo reabrilo ao culto, mais o retablo de madeira do altar maior, obra de estilo barroco do compostelán Miguel de Romay, enteiramente consumido polo lume, resultou irrecuperable. Unha primeira intervención restauradora provocou o rexeitamento practicamente unánime da veciñanza. Posteriormente colocouse diante unha reprodución fotográfica en vinilo a tamaño real do primitivo retablo. Case sete anos despois, a solución provisional permanece e moita xente do pobo de Muxía impaciéntase. Por Miguel Vázquez Freire.

Protexta                                                 

Conversa con Alba Cid, por Ismael Ramos.
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                           

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.

Todo isto e máis no número de agosto de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí