En destaque
A pandemia e os móbiles espía
AGUDÍZASE O CONTROL AUTORITARIO
Nun dos artigos máis comentados encol desta crise, o intelectual surcoreano residente en Berlín, Byung-Chul Han, adepto do dataísmo, eloxiou a “biopolítica dixital” implementada polo Goberno surcoreano, e afirmou que os países asiáticos estaban enfrontando esta pandemia mellor que Occidente porque se apoiaban nas novas tecnoloxías, o big data e os algoritmos. Minimizando o risco de intrusión na privacidade: “A conciencia crítica ante a vixilancia dixital —admitiu— é en Asia practicamente inexistente (El País, 22/03). Outros intelectuais de renome, como é o caso de Evgeny Morozov, veñen advertindo en xeral da loucura do solucionismo tecnolóxico, o título de un dos seus libros. Polos efectos malsáns que poidera producir ese entreguismo no noso sistema de convivencia e nas nosas liberdades individuais. E porque, como o expón o comunicólogo e analista Ignacio Ramonet falando da loita contra a pandemia do SARS-CoV-2, ese control dixital non é quen por sí só de conter a plaga. Por máis que esa vixilancia dixital sexa neste caso do coronavirus por unha boa causa, se a asumimos sen condicións, estarémoslles dando ao Estado e aos gobernos o poder que xa teñen, noutras esferas socioeconómicas, as empresas tecnolóxicas de Sillicon Valley, que utilizan os datos que lles subministramos a través das súas redes para controlar as nosas vidas privadas á maneira duns novos e planetarios señores feudais. Que facer para impedir esa temida, pero posible, vixilancia intrusiva e masiva? Non só dotarnos dunha lexislación potente —reforzando, por caso, o Regulamento Europeo de Protección de Datos. Tamén, e moi especialmente, botar man da ética e da cultura cívica.
Inclúe os artigos:
CIBERVIXILANCIA SANITARIA
O XABÓN E A MÁQUINA DE COSER
Por Ignacio Ramonet
En foco
[POLÍTICA] MÁIS DO MESMO, PERO PEOR
Por Justo Beramendi
Pasou o 17 de maio, con moita mágoa e pouca gloria. Pobre Don Ricardo! Alguén lle botou á súa memoria un potente meigallo. E como non podemos peregrinar a San Andrés de Teixido para desfacelo, imos co monotema dos últimos meses. Empecemos polo último, porque é de traca. Onte, 20 de maio, tivo lugar un pleno do Congreso no que as súas señorías, con escasas excepcións, agasallaron unha vez máis aos seus votantes cun espectáculo vergonzoso que deixou pequeno os anteriores, que xa é dicir.
[SOCIEDADE] GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL, PANDEMIA GLOBAL
Por B. Lourenço Fondevila
Un pouco antes de que a rapidez da expansión da COVID-19 fose asumida por case tódolos gobernos do mundo, agás casos demenciais —pero non máis ca outras demencias dos mesmos “lideres”—, lembreime de dúas premonicións que tiña formulado moito antes, diante de moi diferentes interlocutores: unha, con alumnos da ESO nos anos 90, a outra cun amigo, Marcial Gondar, nos primeiros anos deste sorpresivo século XXI. Tiñan que ver cos aparición de novos xermolos patóxenos.
[SOCIEDADE] DESCONFINAR OS DEREITOS, ESCALAR AS APRENDIZAXES
Por Alba Nogueira
Unha emerxencia sanitaria coma a da Covid-19 supón un test de estrés non só ao sistema sanitario senón á capacidade organizativa, de reacción e decisión para adoptar as alternativas nun contexto de incertidume e presión. As numerosas eivas detectadas, estruturais e coxunturais, requiren unha avaliación demorada para corrixilas.
[ECONOMÍA] RADIOGRAFÍA ECONÓMICA DE GALICIA: HOXE, PEOR QUE HAI DEZ ANOS
Por Albino Prada
Hai catro anos realizaba en Tempos Novos unha avaliación da nosa recuperación da Grande Recesión de 2009 utilizando unha ducia de indicadores económicos. Sostiña daquela que o mesmo catecismo neoliberal que nos metera naquela explosiva burbulla financeira fora quen de facerse coa xestión da súa saída. A cousa ten mérito. E que, como cabería esperar, mentres a produción de riqueza recuperaba os niveis pre-crise a súa distribución estaba a ser a cada paso máis desigual. Catro anos máis tarde, é oportuno repetir a radiografía xa para toda unha década.
[INTERNACIONAL] O VIRUS PALESTINO DE NAKBA
Por Moncho Iglesias Míguez
80 por cento da poboación que vivía na maior parte da Palestina ocupada por Israel en 1948, e que representa a máis do 77 por cento do territorio palestino, pasou nese ano a ser refuxiada. O resto da poboación dividiuse entre os que ficaron dentro do que é hoxe Israel, os que quedaron en Gaza e Cisxordania, e aqueloutros na diáspora. Setenta e dous anos despois, todos eles seguen a lembrar o ano da Nakba, a Catástrofe, un dos sinais de identidade de todo un pobo. No campo de refuxiados de Balata, construido no 1950, os milleiros de palestinos que o habitan seguen coa esperanza de algún día poder volver ás casas das que foran expulsados.
[ENTREVISTA] ALICIA ESTÉVEZ TORANZO, catedrática de microbioloxía
“Que sirva de lección: investir en ciencia pode salvar moitas vidas”
Por Paulo Carlos López
Na ciencia e na investigación descansa en boa medida a capacidade da sociedade para afrontar e vencer o poder destrutivo de pandemias como a producida polo coronavirus SARS-CoV-2. E para iso é imprescindible investir en recursos, tanto económicos como humanos. Velaí outro dos grandes retos aos que nos obriga esta crise global. Para ver en que estadio científi co nos encontramos, entrevistamos vía cuestionario a Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén é investigadora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura. É asimesmo académica da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Farmacia de Galicia.
Argumenta [ciencia e pensamento]
A palabra filosófica convocada. Miguel Vázquez Freire.
Pandemias e riscos ambientais. Carmela García González.
Cultura
ESTADO DE OPINIÓN
As administración e o apoio á cultura: tarde, mal e arrastro. Por Miguel Vázquez Freire.
PROTEXTA
Conversa con Manuel Forcadela, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
MASA CRÍTICA
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de xuño de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí