En destaque
A construcción naval
CALVARIO DE SOBRESALTOS
Galicia tivo dende a idade media a industria naval máis forte de España. Asentada sobre unha base de operarios expertos e captando as innovacións do exterior, foi quen de renovarse continuamente. Aprendendo de holandeses e ingleses no século XVIII para facer o gran estaleiro de Ferrol sobre a base dos carpinteiros de ribeira locais. Creando a Sociedad Española de Cosntrucciones Navales en alianza con empresas inglesas e francesas nos albores do século XX, para entrar na tecnoloxía da fabricación de grandes buques de aceiro, sistemas de propulsión incluídos. Barreras soubo transitar na Ría de Vigo un camiño parecido, seguido logo polos demais estaleiros da área. Despois da reconversión dos anos oitenta, Astano soubo reiventarse creando equipos de enxeñaría e dotándose de persoal coa máxima cualificación para traballar en estruturas offshore, e Vigo soubo implantar un novo modelo de colaboración entre estaleiros e industria auxiliar que colocou á construción naval viguesa como a máis eficiente no eido privado de toda España.
O historial é para nota. Pero tamén o é o calvario de sobresaltos forzados por unha serie de factores, externos uns e internos outros, que veñen sufrindo cantos dunha ou doutra maneira teñen nos estaleiros galegos o seu principal medio de vida ou de negocio. Aínda sobrevoan as tensións producidas no 2013 por mor dunha operación de compra de Barreras (o 51% das accións) pola empresa paraestatal e mexicana Pemex. A operación que o goberno de Feijóo presentara daquela, en plena campaña electoral, como a salvación do estaleiro vigués, vén de ser denunciada ante a Fiscalía de México polo actual director xeral da empresa. Sete anos despois, o estaleiro está a punto de pasar maioritariamente a mans do xigante estadounidense Ritz Carlton: de fraguarse definitivamente, como parece, Barreras pode saír da súa situación de insolvencia e retomar a actividade na construción do trasatlántico Evrima.
Neste intre, tanto os estaleiros de Ferrol como os de Vigo teñen ou están a punto de concretar cargas de traballo importantes, pero é preciso resolver os problemas de falta de persoal cualificado, relación axeitada coa industria auxiliar e financiamento. Cómpre facelo como fixo sempre a nosa construción naval no pasado. Ollando ao exterior e aprendendo dos máis eficientes as súas mellores prácticas.
Inclúe os artigos:
UNHA OLLADA A UN FUTURO POSIBLE, por Ramón Yáñez Brage
Entrevista ENRIQUE MALLÓN OTERO, Secretario Xeral de ASIME, por Manoel Barbeitos
RECURSOS FINANCIEIROS, INNOVACIÓN E FORMACIÓN, Redacción TN
En foco
[POLÍTICA] NOVO GOBERNO CON VENTOS DE FRONDA
Por Justo Beramendi
Pasaron máis de tres séculos e medio dende que as turbulencias de La Fronde (1648-1653) perturbaron en Francia a minoría de idade de Luís XIV. Tempos que pouco teñen que ver cos nosos. Pero o nome daquela rebelión multiforme de privilexiados contra o poder en nome de intereses reaccionarios ficou: fronda. E de tentativas pouco democráticas de impedir o establecemento ou o funcionamento normal dun poder legal e lexítimo si que temos algo hoxe entre nós. Por fortuna, dende o 23-F de 1981 non son armadas. Pero son. De aquí o título deste artigo.
[POLÍTICA] TEMPOS NOVOS, MANEIRAS NOVAS
Por Xosé Luís Franco Grande
Estamos abríndonos a uns tempos novos. Moi difíciles, pero excitantes. Porque van esixir novas maneiras, novas políticas, novas actitudes que empezarán a esixirnos unha nova mentalidade.
[SOCIEDADE] O PIN PARENTAL OU OS FILLOS COMO PROPIEDADE
Por Eva Garea Traba e Miguel Vázquez Freire
Desde que internet colonizou os nosos fogares, non só permitiu acceder a contidos formativos senón a todo tipo de programas, imaxes e plataformas, sen que se requira máis identificación que uns datos de usuario que poden ser doadamente falsificados. Ante a preocupación de moitas familias pola seguridade dos seus fillos na rede, menores vulnerables a diferentes intromisións na súa intimidade e á influencia de imaxes e contidos inapropiados para a súa idade, moitas empresas viron un negocio na produción de programas informáticos que controlan o acceso á web instalando nos aparatos electrónicos sistemas de control e seguridade que deron en chamarse de “control parental”. Inspiráronse niso os promotores do polémico “pin parental”?
[POLÍTICA] Euskadi CARA UN PROXECTO COMPARTIDO DE NACIÓN
Por Juanjo Álvarez
O Parlamento vasco ten nas súas mans unha proposta de reforma do actual Estatuto de Gernika que unha ponencia de parlamentarios lle encomendara redactar a un cualificado e consensuado grupo de expertos. A partir de agora, e seguindo o procedemento legalmente establecido, os representantes políticos avanzarán no estudo e no debate dese texto articulado, que transforma o estatuto vixente nun Estatuto Foral, e non de réxime común, actualizando os dereitos históricos de Euskadi como pobo, contendo un elenco completo de dereitos das persoas que teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios do territorio. O catedrático vasco e colaborador habitual de TN, Juanjo Álvarez, analiza o contido da proposta, que xa levantou certa poeira nas portadas do nacionalismo mediático español.
[ENTREVISTA] J.M. PÉREZ TORNERO, experto en medios, educación e cultura
“Sen alfabetización mediática, nin unha boa educación nin unha sólida democracia”
Por Miguel Vázquez Freire
O catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación na Universidade Autónoma de Barcelona, José Manuel Pérez Tornero, pasou media vida investigando, ensinando e escribindo libros e artigos sobre TV pública, TV educativa e cultural, entorno audiovisual e educación, comunicación multimedia ou alfabetización mediática. É, por iso, un dos máis recoñecidos expertos en medios, educación e cultura. Antes diso, e do seu labor como consultor de diversas institucións europeas, traballou como xornalista en diferentes medios de comunicación, e tamén como impulsor de proxectos de TV, audiovisual e multimedia, así como de programas infantís e xuvenís. Un destes últimos convertiuse no programa “La aventura del saber”, sendo daquela director do departamento de TV educativa na RTVE. Pasou por Compostela para intervir no Consello da Cultura nunhas xornadas sobre alfabetización en medios.
Retratos en vivo
LUIS SOTO, flautista de Real Filarmonía de Galicia. Por Manoel Barbeitos
Argumenta [ciencia e pensamento]
Nova astronomía ou novos senbtidos cósmicos. Ramón Vilalta López
[Entrevista] Marta Pita, experta en computación cuántica. Luís Cachafeiro
Cultura
ENTREVISTA
PILAR PALLARÉS, Premio Nacional de Poesía 2019. Por Teresa Seara
Protexta
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de febreiro de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí