Martes 28, Novembro 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS 272 · XANEIRO 2020

TEMPOS NOVOS 272 · XANEIRO 2020

En destaque                                   

A CATÁSTROFE CLIMÁTICA QUE VÉN

A estas alturas xa quedan poucos negacionistas da mutación climática. Ninguén pode negar as primeiras evidencias dese imparable proceso: inundacións, incendios, ciclóns, secas… E non hai tampouco quen se atreva a argumentar contra o que está máis que consensuado entre os expertos: que é inviable un sistema económico baseado nun produtivismo que maximiza metas cuantitativas en vez de aplicar criterios cualitativos que aseguran unha mellor calidade de vida. As mesmas multinacionais, as principais interesadas en soster a rede que alimenta os axentes destrutores do noso medio natural, están cambiando de táctica: en lugar de negar a realidade, fan simulacros de admitila e proclaman a súa vontade colaborativa para evitar os seus efectos devastadores… Para mostra, un botón: Iberdrola e Endesa, as dúas grandes empresas máis contaminantes, veñen de patrocinar con catro millóns de euros a Convención (COP25) celebrada en Madrid. Con réditos. O fracaso en que deron as negociacións entre países dálles pé para xogar contra reloxo e continuar queimando carbón, petróleo e gas natural sen consecuencias. A tríade funciona á perfección: as empresas de enerxía fósil rexeitan abandonar estes combustibles no subchán, os bancos e o conxunto dos sectores económicos danlles o seu apoio, e os gobernos póñense ao seu servizo e ao da competitividade capitalista. Virá Glasgow e os estados máis poderosos volverán negarse a aceptar que para frear o cambio climático, e a catástrofe natural e humana que vaticinan os científicos, teña que mudar radicalmente o modelo de crecemento económico, ese do que derivan os índices da crecente desigualdade no mundo.
TN aborda esta alarmante problemática a través dos textos de tres expertos/colaboradores habituais, con perspectiva global e galega.

Inclúe os artigos:
Anatomía dun fracaso anunciado, por Xosé R. Doldán García
COP25. Non entender nada, por Xabier Vázquez Pumariño
A estratexia climática de Feijóo. Atrasar a transición enerxética, por Xosé Veiras

En foco                                                                

[POLÍTICA] RADIOGRAFÍA DUNHA FRACTURA MÚLTIPLE

Acaba de saír o Gordo. Só oito minutos despois de comezar o cantareiro sorteo de Nadal. Algunhas alegrías e millóns de decepcións, pero ningunha dúbida. E onte? Tocoulle o Gordo da política a Pedro Sánchez (e a Pablo Iglesias) no congreso de ERC ou terán que intentalo outra volta e con menos números nunhas novas eleccións? Parece que si, que desta vailles tocar, pero tamén pode ser que non. Por Justo Beramendi

[POLÍTICA] URXENCIAS PARA O 2020

Hai un antes e haberá un despois na política deste país. 2019 é o antes e 2020 vai ser o despois. Así como o primeiro se caracterizou por nos ter dado despropósitos a mans cheas, confiemos que o segundo sexa o seu reverso e nos permita ver que, ao cabo, os nosos políticos se dedican a facer política. Non outra cousa se lles pide. Por Xosé L. Franco Brande

[SOCIEDADE] UN BERRO COMUNITARIO: VERÍN NON SE PECHA

A consigna Verín non se pecha leva sendo o lema das xentes da comarca de Monterrei, pero tamén de zonas do occidente da provincia de Zamora e incluso do norte de Portugal, pois o servizo do paridoiro do Hospital de Verín prestaba esa atención ás mulleres desas zonas ata que foi clausurado por orde da Consellería de Sanidade, baseándose nos “datos técnicos” achegados polos responsables dos servizos de Xinecoloxía, Obstetricia e Pediatría. Por Xosé Luís Álvarez Prieto

[ENTREVISTA] VALENTÍN GARCÍA GONZÁLEZ, Secretario Xeral de Política Lingüística

“O que está desgaleguizado non é a escola, senón o contorno escolar”

Crónica viaxeira                                                       

SURBARBANS, a nación do tigre de bengala. Por Moncho Iglesias

Argumenta [ciencia e tecnoloxía]                  

Entrevista. Jorge Álvarez Yágüez, filósofo. Por Miguel Vázquez Freire
Foucault no neoliberalismo. Por Miguel Ángel Martínez Quintanar

Protexta                                                            

Conversa con Rexina Vega
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                      

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de setembro de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí