Sábado 9, Decembro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS Nº318

SUMARIO TEMPOS NOVOS Nº318

EN DESTAQUE                             

[ESPECIAL] Os palestinos de Gaza, vítimas da vinganza israelí

HOLOCAUSTO TELEVISADO

Cando pechabamos este número, ningún lugar da Franxa de Gaza era segura para os dous millóns trescentos mil palestinos que a habitan. Os bombardeos israelís arrasan con todo e non diferencian obxectivos. Unha masacre. A penúltima, a que tivo como branco o campo de refuxiados de Yabaliya, asasinando a 145 persoas, nenos e mulleres en maior medida. Mentres, pasan os días e, alegando un dereito de defensa contra os autores xihadistas do ensañado ataque do 7 de outubro, o exército israelí segue provocando a morte de milleiros de palestinos civís nos corredores e nas ucis dos hospitais aos que lles cortan o subministro eléctrico, nas escolas, igrexas e mezquitas, centros igualmente sometidos á barbarie vingativa ordenada polo goberno sionista de Netanyahu. E son máis dun millón os desprazados forzosos que na súa inhumana fuxida experimentan o mesmo terror, sendo tamén numerosos os que perden a vida sen alcanzar o sur. No que, por certo, tampouco hai solidariedade. Como non a hai en Cisxordania, onde os colonos e os soldados aproveitan para seguiren coa folla de ruta, co asesinato dun adolescente e dun labrego palestinos como último trofeo, que ten a completa colonización dese territorio como obxectivo.
O que si hai son cómplices. Os que o director da oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos en Nova Iorque, Craig Mokhiber, citaba na súa carta de dimisión: o xenocidio de Gaza é tan evidente como o fracaso da ONU e a complicidade activa de EEUU. e boa parte de Europa. Un verdadeiro holocausto, que ademais está sendo televisado. Ninguén parece estar interesado pola paz. Para o experto en Oriente Medio e colaborador de TN, José Abu-Tarbush, o que está sucedendo é algo así como un regreso a un futuro sen saída.

Inclúe:
O ALAMBIQUE / O que destilan os medios – Rosalía Penedo

AS CLAVES                                             

POLÍTICA / Autonomías, federalismo e autodeterminación – Albino Prada
CRÓNICA POLÍTICA / Todos expectantes – Justo Beramendi
GALICIA / Rueda, en campaña – Manuel M. Barreiro
HUMOR GRÁFICO / Pepe Carreiro

TODO É PEIXE                                              

OLLO PÚBLICO / Vida útil – Moncho Fuentes / Camilo Franco
MEMORANDO / SEG, unha institución de alta cultura – Alfonso Mato

LUCES LARGAS                                             

ARGUMENTA / Piratas e corsarios de antano. A fortuna dos Barrié e Eusebio da Garda fíxose en boa parte co tráfico de escravos – Xosé Mª Lema Suárez
ARGUMENTA/ O estraño fenómeno da escravitude – Miguel Vázque Freire

CULTURA                                   

ENTREVISTA / Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía por Materia – Fernando Redondo
CRÓNICA / 20º Cortocircuíto, redefinición do seu cosmos cinematográfico – Severino Casalderrey
ENTREVISTA / Jaione Camborda, directora de O Corno – Fernando Redondo
CRÍTICA CULTURAL / Libros, música, escena, series, cinema
CARA B / A fonte e Marcela, por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo

Solicita o teu exemplar aquí

Mandámoscho directamente ao teu domiclio