EN DESTAQUE
Hidróxeno verde, con Galicia ao fondo
MANTRAS A DESVELAR
Pasa o hidróxeno verde por ser o grande protagonista da transición enerxética. Porque hai coincidencia en que se trata dun vector económico co que descarbonizar a economía e reducir xa que logo as emisións de gases de invernadoiro. Porén, tamén converxen os expertos en asegurar que a súa produción a grande escala xera fortísimos impactos ambientais e sociais nos territorios. Velaí polo que sinalan as limitacións coas que se deberían afrontar os seus usos, apostando por un volume de produción ligado sempre aos estándares de necesidade e cercanía dos lugares no que aquela se leve a cabo (algo que o sector privado e o mercado non van propiciar, e polo que os poderes políticos tampouco porfían).
Galicia tamén se mira nese proceso de transición enerxética, co hidróxeno verde no horizonte de produción e negocio. Contabilizamos até hoxe 13 proxectos de fabricación de H2 e derivados (metanol, amoníaco). O que se deduce da composición e obxectivos deses proxectos -tal e como se fai neste dossier de TN- é que, malia non dicilo expresamente e mesmo ocultalo publicamente, o que se pretende é facer de Galicia un país exportador de hidróxeno verde e derivados. Á marxe do que os expertos independentes aducen como limitacións necesarias, que teñen no volume de produción e na cercanía dos lugares nos que se produce o seu nó gordiano. Fano, iso si, cunha grande coherencia argumentativa, porque o transporte do hidróxeno verde é difícil e custoso e, no caso de grandes cantidades, require a construción de hidroductos, ou a adaptación dos actuais gasoductos.
En Galicia aínda non se produce hidróxeno verde (valéndose da electricidade que procede da enerxía renovable/eólica). Só o gris, un gas incoloro que procede do gas fósil ou gas natural. Entre os proxectos que o pretenden son maioría os que supeditan os seus usos ao negocio. Aparte do de Reganosa, en As Pontes, que ten por obxectivo inxectar hidróxeno verde na rede gasista, ecobranqueando o gas fósil, outros tres dos máis polémicos están pensados para asentalos no porto exterior de A Coruña.
Inclúe os artigos:
Solución e ameaza para a transición ecolóxica, por Xosé Veiras García
ENTREVISTA/PERSPECTIVA SOCIOECONÓMICA | Antonio Turiel, científico y divulgador
ENTREVISTA/PERSPECTIVA AMBIENTAL | Francisco del Pozo, portavoz de Greenpeace
AS CLAVES
POLÍTICA / O disputado voto do señor Carles – Justo Beramendi
GALICIA / Galicia, en vía morta – Manuel M. Barreiro
SOCIEDADE / O Opus Dei, no seu purgatorio – Xosé Manuel Vidal
HUMOR GRÁFICO / Pepe Carreiro
DESNORTADOS / A cultura do capitaloceno en Galicia– Albino Prada
TODO É PEIXE
OLLO PÚBLICO / Pensa no put* elefante – Nacho Gómez / Camilo Franco
NEXOS / Deuses e monstros – Adrián Gramary
NATUREZA INSÓLITA / Eucaliptos – Roxelio P. Moreira
O ALAMBIQUE / O que destilan os medios – Rosalía Penedo
EXPOSICIÓN / Contra a escola sentada – Miguel Vázquez Freire
LUCES LARGAS
ARGUMENTA / Entre o cientifismo e o todo vale – Ángel Enrique Carretero
ENTREVISTA / Fernando Broncano, profesor de Filosofía da ciencia – M. V. F.
CULTURA
CRÓNICA / Galicia, terra de cinema – Severino Casalderrey
FOLLAS SOLTAS / Tempo de descubertas – Manrique Fernández
CRÍTICA CULTURAL / Libros, música, escena, series, cinema
CARA B / Saltos cuánticos, por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo