Domingo 1, Outubro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS Nº312

SUMARIO TEMPOS NOVOS Nº312

EN DESTAQUE                             

50 anos (1973-2023)

ABRENTE TEATRAL

Foi Ribadavia o berce do teatro moderno en Galicia. A contracorrente de case todo. Non só de cantos movían os fíos -aparte dos da censura- para que nada pasase o filtro do puramente folclórico. Tamén do desapego que amosaban por el os intelectuais do galeguismo militante. E do revestimento ruralista que lle daba á obra de creación certificado de orixinalidade. Os impulsores da agrupación Abrente atrevéronse a saltar en vermello, e con afán subversivo, eses e outros semáforos. O que provocaron coa convocatoria da Mostra de Teatro en Galego e do premio para textos dramáticos foi todo un revulsivo. Dera pé primeiramente a un movemento envolvente que espertou conciencias e activou con grupos e montaxes o teatro amador por todo o país, ofrecéndolles cada ano esa plataforma para mostralas. Deseguido, abriu portas e ventás, con debates asemblearios e remuíños de ideas e propostas rompedoras, ao que naqueles primeiros anos 70 se coñecía como teatro independente. Con marca diferencial de país: a lingua e as lianas, éticas e estéticas, que lle deron consistencia. Atopando axiña ese compromiso profesional das primeiras compañías a complicidade dos públicos que acudían a Ribadavia cada ano para participar naquela festa cívica. Medio século despois, o camiño andado frutificou nun amplo e diversos sector teatral, no Centro Dramático e na Escola reclamados na Mostra do 78, e nunha oferta de espectáculos sen parangón. E con festivais especializados nos que programalos, un deles o que segue facendo do adro de Santo Domingo, na vila do Avia, un escenario comunitario ao aire libre. Aquel abrente teatral fixo o milagre. Recoñecelo é de xustiza.

Inclúe os artigos:
QUEDA DITO, por Manuel Guede Oliva
TODO O QUE LLE DEBEMOS A ABRENTE, por Inma López Silva
QUE PODE FACER RIBADAVIA POR NÓS?, por Roberto Pascual
UNHA PEDRA DO RÍO AVIA, por Eduardo Alonso
[Conversa] O ABRENTE DE VIRXILIO, por Virxilio Rodríguez

AS CLAVES                                              

GALICIA / VENCER O GOBERNO DAS INERCIAS, CONCRETAR A ALTERNATIVA DE CAMBIO, por Manuel M. Barreiro
DESNORTADOS / DEMOCRACIA E DESGOBERNO LOCAL, por Albino Prada
GLOBAL/ PALESTINA/ISRAEL: REAFIRMACIÓN DO APARTHEID, por José Abu-Tarbush
HUMOR GRÁFICO / por Pepe Carreiro
DEBATE / ÁS PORTAS DO 28-M: PENSAR GALICIA DESDE OS CONCELLOS, por Francisco Cortéz-Lobâo. Coa participación de Gonzalo Castro, Celsa Perdiz, Carmen da Silva, Antón Jardón. Moderado por Paulo Carlos López

TODO É PEIXE                                              

OLLO PÚBLICO / NON DESCANSA, por Moncho Fuentes / Camilo Franco
CRÓNICA VIAXEIRA / AHMED MASOUD. A LITERATURA PALESTINA ESFUMADA, por Moncho Iglesias
CÓMIC HISTORIADO / LAUREANO, por Juan R. Coca e Eduardo Esteban
NEXOS / OVERTAZ: “DEIXA QUE TRABALLE O VENTO”, por C. M.
NATUREZA INSÓLITA / A DORSAL GALEGA, por Roxelio P. Moreira

LUCES LARGAS                                              

ARGUMENTA / EDUCACIÓN MEDIÁTICA E SAÚDE DEMOCRÁTICA, por Blas Segovia Aguilar
ENTREVISTA / ROBERTO APARICI, A EDUCOMUNICACIÓN CONTRA A PLATAFORMIZACIÓN, por Miguel Vázquez Freire
ARGUMENTA / POR OUTRA ALFABETIZACIÓN NO LIMIAR DUNHA NOVA ERA, por M. V. F.

CULTURA Especial Letras Galegas                           

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
DE MOZO REBELDE A PETRUCIO ADMIRADO, por Justo Beramendi
UNHA TRAXECTORIA DE COMPROMISO, por Camiño Noia Campos
CONVERSA CON MALORES VILLANUEVA E RAMÓN NICOLÁS, por Cándido Paniagua

CRÍTICA CULTURAL / LIBROS, MÚSICA, ESCENA, SERIES, CINEMA
CARA B / MONADAS, por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo

Solicita o teu exemplar aquí

Mandámoscho directamente ao teu domiclio