EN DESTAQUE
As dereitas en estado de shock
FRACASOU A ASONADA
Os do PP venderon a pel do oso (un raro exemplar de dúas cabezas) sen antes darlle caza. Foi por iso que na noite electoral do 23X tanto eles como os seus socios neofranquistas entraron en estado de shock. Feijóo e Abascal non suman o suficiente, e non pode o ex presidente da Xunta posesionarse da Moncloa, como era a súa ambición. Pero, ademais, viron como fracasaba a súa ruidosa e embarrada asonada electoral que tivo no orquestrado “Que te vote Txapote” o seu máis significativo artiluxio de confrontación con Sánchez e coas esquerdas. A xulgar polos resultados, pesou máis o contrabando faccioso que transportaba Vox no cabalo troiano do PP que a mochila na que os socios do goberno progresista cargaban coas medidas que aplicaron dando por amortizado o procés. Non o está, como o demostran os de Junts poñéndolle un prezo desorbitado a sete votos/chave, pero tanto os indultos como a eliminación do delito de sedición e a acotación do de malversación contribuíron a desdramatizalo. Como pesaron máis as mentiras, as falsidades e os xogos de trileiro utilizados antes e durante a campaña por Feijóo. Que non terían eco sen contar coa complicidade explícita dun sen número de comunicadores, tertulianos, editorialistas, xornalistas e columnistas que militan no nacionalismo mediático español. Un sector de poder que tamén sofre, abochornado, este fracaso. E con el o das empresas demoscópicas, que se venderon ao mellor postor e moi dificilmente van poder recuperar a dignidade -ética, científica- perdida.
A reválida dun goberno progresista, que en todo caso será posible grazas aos apoios dos representantes dun Estado plural e diverso, depende da capacidade de convicción coa que os seus previsibles integrantes consigan que os independentistas catalás opten por ela e non pola repetición electoral. Pero partimos dun gran activo: a mobilización de millóns de demócratas impediu que un goberno Drácula teña nas súas mans as chaves da Moncloa.
Inclúe os artigos:
España e o gato de Schrödinger, por Justo Beramendi
Eleccións e confianza na democracia, por Nieves Lagares
Ocasión perdida, por Manuel M. Barreiro
O que a censura revela, por Miguel Vázquez Freire
O ALAMBIQUE / Fakejóo
ENTREVISTA / Juan López Torres. Desmontando as grandes mentiras económicas do noso tempo , por Manoel Barbeitos
HUMOR GRÁFICO / por Pepe Carreiro
DESNORTADOS / Unha menor xornada laboral? por Albino Prada
TODO É PEIXE
OLLO PÚBLICO / Punto limpo, por Nacho Gómez / Camilo Franco
MACROFESTIVAIS
A onda do turbocapitalismo e o baleiro adolescente, por Xosé Constenla Vega
A oferta en Galicia: máis espectáculo que música, por Alfonso Espiño
O pequeno Resu xa é un xigante, por Daniel Álvarez
NEXOS / A retranca: unha forma de autodefensa e sabedoría popular, por Félix Caballero
CÓMIC HISTORIADO / Laureano, por Juan R. Coca e Eduardo Esteban
NATUREZA INSÓLITA / Uces e carqueixas, por Roxelio P. Moreira
CULTURA Especial Letras Galegas
CRÓNICA / Daquel Abrente, esta MIT, por Iván Fernández
CRÓNICA / 40 Festival de Almada. Atravesar compartimentos estancos, por Afonso Becerra
CRÍTICA CULTURAL / Libros, música, escena, series, cinema
CARA B / Títeres e marionetas, por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo