EN DESTAQUE
A enxurrada reaccionaria e o 23X
O ABRAZO DO OSO
De viviren, tanto Bertrand Russell ou Albert Camus, como José Saramago e José Luís Sampedro, intelectuais que sempre souberon erguer a voz polos máis vulnerables, estarían alertando como o fan Noam Chomsky na distancia e Xosé Manuel Beiras entre nós da enxurrada reaccionaria que parece afianzarse en países de probada vocación democrática. En Europa e, en xeral, no mundo occidental. A progresiva colonización por parte da extrema dereita dalgunhas das máis significadas institucións -por caso, os parlamentos e gobernos de Polonia, Hungría, Italia, Suecia ou Finlandia- é certamente alarmante. E a xulgar polo sucedido o 26M último, que entretén a precampaña do 23X, España non vai ser a excepción. Xa controlan os ultras parcelas institucionais de alto voltaxe social e político. Presiden parlamentos e comparten gobernos autonómicos, intercambiando co PP principios por votos. E todo está aberto na contenda pola Moncloa. Para deter esa maré reaccionaria non parece que sexa suficiente con render contas do realizado (esas 200 leis aprobadas, as máis das veces para sofocar as consecuencias da crise económica, a pandemia e a guerra en Ucraína). As dereitas enredaranse de novo no fío das emocións. Para seguiren alimentando a paranoia de supostos pactos antinatura con filoetarras e separatistas. Non deberan as esquerdas despreciar os efectos dese oxímoron electoral, que tanta rendibilidade lles deu a PP e VOX nas eleccións locais de maio. Pola contra, precisan encaralos e desmontalos. Sen perder de vista, iso si, as propostas de futuro, acopladas a unha realidade política, social, cultural e lingüisticamente plurinacional e diversa. Só así poderán desactivar o abrazo do oso co que Feijóo e Abascal pretenden solemnizar a súa reunificación en clave neofranquista.
Inclúe os artigos:
Formez vos batallions, por Justo Beramendi
Feijóo 2023, regreso ao pasado, por Manuel M. Barreiro
ENTREVISTA / Sami Naïr, polítologo e ensaísta europeo, por Luís Álvarez Pousa
HUMOR GRÁFICO / por Pepe Carreiro
DESNORTADOS / Recuperar o pasado? por Albino Prada
AS CLAVES
ECONOMÍA / Faces do episodio inlacionista, por Xosé Carlos Arias
OPINIÓN / O novo consenso español, por Antonio-Carlos Pereira Menaut
POLÉMICA / A insostibel pegada da gandería industrial, por Luís Ferreirím
Visión crítica da corrección política, por Xacobo Feijoo
TODO É PEIXE
OLLO PÚBLICO / Levar a besta ao sitio, por Moncho Fuentes / Camilo Franco
CRÓNICA VAIXEIRA / Malaka, onde o mar fala galego, por Moncho Iglesias
NEXOS / Xosé Conde Corbal recuperado. Memoria e desmemoria dun país, por Alfonso Sola
NATUREZA INSÓLITA / Toxos e xestas, por Roxelio P. Moreira
LUCES LARGAS
ENTREVISTA / João María André. Filosofía e teatro, por Miguel Vázaquez FReire
OPINIÓN/ As artes escénicas desde Galicia, por Pedro Fresnedo e Raquel Hernández
DO PRELO/ Noticias falsas sobre economía, por Manoel Barbeitos
CULTURA Especial Letras Galegas
CRÓNICA / Plataforma Festival. Compostela transmutou en cidade das artes, por M. V. F.
ENTREVISTA / Rochi Novoa: “Para min a poesía é catarse”, por Cándido Paniagua Pousa
FOLLAS SOLTAS / Sobre contos e versos, por Manrique Fernández
CRÍTICA CULTURAL / Libros, música, escena, series, cinema
CARA B / As que ensinan, por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo
Solicita o teu exemplar aquí
Mandámoscho directamente ao teu domiclio