EN DESTAQUE
Especial A OTAN QUE SAIU DE MADRID
TORMENTA DE AMEAZAS
A invasión rusa de Ucraína e a guerra que segue activada ás portas de Europa removeron os marcos xeopolíticos do mundo. Nada como cotexar as conclusións do Cumio atlantista celebrado a finais de xuño pasado en Madrid para evidencialo. Del saíu reflotada unha OTAN en descomposición que se converte agora, metamorfoseada, nun dos máis decisivos instrumentos cos que EEUU. tenta gañar a batalla que libra fronte a China pola hexemonía económica, política e militar do mundo. O que se vaticina é un futuro ameazador. Con carreiras de armamentos e novos conflitos armados, avivados pola industria da guerra, que xa está rendabilizando o desastre. Coa paz e o pacifismo en suspenso.
Baixo a coordinación do analista Xulio Ríos, TN recabou dalgúns dos seus máis cualificados colaboradores internacionais unha interpretación dese endemoñado crucigrama de tectónicos desafíos globais. Coas colaboracións de Chris J. Doan, Jared Larson, Roberto Montoya, Pere Ortega e Manuel Dios Diz.
AS CLAVES
[GALICIA] OS MALOS GOBERNOS CAEN SÓS
Vaga de incendios altamente destrutivos. Servizos de atención sanitaria desbordados e infradotados. Supresión de unidades escolares no vindeiro curso. Calidade de vida sacrificada en beneficio dunha política turística insostible… Coa indignación non abonda. Salientouno Daniel Innerarity: «O noso gran desafío colectivo consiste en facer que a furia e a crítica sexan capaces de orixinar transformacións democráticas». Por Manuel M. Barreiro
[SOCIAL] NON HAI OUTRA: CONTRA OS LUMES, NOVA VIDA NO RURAL
Este ano volveu o fenómeno da seca a Galicia sumado a temperaturas moi altas. Tendencia xeneralizada a nivel peninsular, e mesmo global: estanse a bater récords de temperaturas en practicamente todo o hemisferio norte, e fenómenos de seca que xa existían estanse a agudizar, como é o caso de áreas de Estados Unidos e China, onde están a verse afectadas as colleitas de cereal. Pero desta volta a causa máis inmediata destas súbitas anomalías climáticas, segundo o criterio da NASA, non parece ser o cambio climático, senón a erupción do volcán de Tonga no Océano Pacífico no mes de xaneiro, que tería achegado á estratosfera un 10% adicional de vapor de auga. Así, a partir dun fenómeno climático aleatorio desencadeado por un proceso natural que se manifesta en forma de seca e altas temperaturas na nosa latitude, volven aparecer os lumes catastróficos en Galicia. E non hai que lle facer: os resultados das campañas de incendios na nosa Comunidade teñen que ver reiteradamente coas condicións climáticas. Verán seco e cálido, superficie queimada superior á media. Verán húmido e fresco, baixa a superficie queimada. Ante un evento climático puntual excepcional enfrontamos o mesmo problema. E isto independentemente da existencia e despregue de medios de extinción que, se ben son eficaces nos anos de meteoroloxía normal, vense impotentes en situacións climáticas máis extremadas. Xacobo Feijóo Lamas
[GLOBAL] MAR RIZADO EN TAIWÁN
A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura máis relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella. Por Xulio Ríos
[ENTREVISTA] DAVID GARCÍA-MARÍN, sociólogo da comunicación
A mediados de abril, un artigo de The New Yorker, seguindo un informe de Citizen Lab (laboratorio interdisciplinario canadiaso que estuda os controles da información e a vixianza na rede que supoñen unha ameaza para os dereitos humanos), fai público a espionaxe de políticos independentistas cataláns mediante o software Pegasus. O goberno nega ser responsable desa espionaxe, aínda que máis tarde o CNI recoñecerá en sede parlamentaria que varios dirixentes independentistas foron espiados con autorización xudicial en outubro de 2019. A cousa complícase máis ao se facer público que o propio presidente Sánchez e polo menos tres ministros tamén foran espiados mediante o uso do mesmo software, de fabricación israelí, e do que se di que só o posúen os Estados. Por Miguel Vázquez Freire
Solicita o teu exemplar aquí
Mandámoscho directamente ao teu domiclio
TODO É PEIXE
[CRÓNICA] FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO
O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM) leva en pé desde 1985. No enclave privilexiado da vila moañesa existen ano tras ano tres días nos que as melodías de raíz se espallan polo ar e acollen a veciñanza e visitantes. Non hai ano que isto non pase, sexa cal sexa a situación pandémica, e iso é unha conquista da vontade da cultura. Apos dous anos de restricións, na XXXVIII edición non hai concerto no que non se dance. Por Anna R. Figueiredo e Diego Seixo
CULTURA
[CENTENARIO LUZ] PARÁBOLA DE CEN ANOS-LUZ POZO GARZA
A LETRA ENTRA CON AMOR E LIBERDADE
[CRÓNICA] 39 FESTIVAL DE ALMADA / PORTUGAL. DA INOCENCIA E A COMPLEXIDADE
[TEATRO] MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA
A EDICIÓN INDIE
[CRÍTICA CULTURAL] LIBROS, MÚSICA, BANDA DESEÑADA, ARTE, CINEMA E SERIES
LUCES LARGAS
[ARGUMENTA] A GRAVIDADE E A INSOPORTABLE LEVEDADE DO SER
Dúas novas recentes aparecidas na prensa, que remiten ao espazo macro (a primeira imaxe dun gran furado negro situado no centro da nosa galaxia) e micro (a medida da masa do bosón W) da física, permiten ao noso colaborador Ramón Villalta advertir contra certo tratamento apresurado e sensacionalista das pescudas científicas. Pola súa parte, desde a bioloxía, Carmela González salienta o valor, mesmo económico, dos ecosistemas naturais que se están poñendo en risco, a miúdo sen tomar en conta as consecuencias que a súa perda teñen para o benestar das persoas. Por Ramón Vilalta
[ARGUMENTA] O VALOR DOS SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS
Son moitas as achegas dos ecosistemas naturais ao noso benestar que non se poden substituír por completo con tecnoloxía ou que son directamente insubstituíbles. Con todo, moi a miúdo o valor dos servizos dos ecosistemas (SE) adoita estar ausente nas decisións sobre a explotación de recursos naturais e usos do solo, e nas accións que os comprometen. Isto é debido, en parte, ao descoñecemento do valor destas achegas e ás dificultades para incluír ese valor na xestión do territorio. Por Carmela García González
[ARQUITECTURA] A ARQUEITECTURA ENTRE A ARTE E A CIENCIA
O nome de César Portela está xa xustificadamente ligado á boa arquitectura. É un arquitecto de referencia galega e internacional. Fornecedor de estruturas con selo propio. Un autor. Pero tamén un actor, intérprete dos movementos pendulares que van dándolle sentido, mesmo entre grandes contradicións, ás nosas vidas, hábitos e maneiras de relacionarnos coa natureza. Sempre ao servizo da comunidade. E do País de nós. Recuperamos o discurso co que ingresou na Academia Galega das Ciencias, no que argumentou, nunha exposición testemuñal do seu pensamento e da súa práctica profesional -con algunhas das súas obras arquitectónicas máis significativas-, as claves sobre as que se ha de entender a boa arquitectura: a que cabalga entre a Arte e a Ciencia. Por César Portela
Todo isto e máis no número de setembro de TEMPOS NOVOS.