MONOGRÁFICO
O PAÍS POSIBLE
Para conmemorar os primeiros 25 anos de vida deste medio de comunicación que, como ben saben os seus lectores e lectoras, veu desenvolvendo con insobornable actitude a función social e política que xustifica a súa razón de ser, quixemos por ao descuberto as ideas/forza coas que pensar e proxectar a Galicia do noso futuro máis próximo.
Con realismo, a tumba aberta. Quérese dicir, sen perder de vista o retrovisor, no que se reflectan como nunha película en branco e negro as sombras dun pasado inmediato que, malia os avances, non é quen de asegurar para ela o nivel de resistencia -identitaria e de autogoberno- co que facerlle fronte aos cambios e transformacións que de maneira cada vez máis acelerada removen marcos e fronteiras. O país posible, ese no que converxen, redimensionados e adaptados ao tempo convulso que nos tocou en sorte, os sectores estratéxicos que máis poden darlle vida. Como poden convertirse no potencial que require a Galicia do século XXI para rafirmarse
como país, para competir e ser recoñecida como tal no caudaloso e hipercomunicado mar da globalización? As respostas e o debate, neste monográfico conmemorativo de TN.
Inclúe os artigos:
INNOVACIÓN CON IMPACTO – Natalia Nogueira López
REVALIDACIÓN DO ECOSISTEMA RURAL – Francisco Sineiro García
VIRANDO CARA O MAR, NUNCA SEREMOS PERIFERIA – Gonzalo Rodríguez Rodríguez
REPORTAXE / GALICIA TEN NOME DE MULLER – Anna R. Figueiredo
INTERNACIONALIZAR O GALEGO – Enrique Sáez Ponte
CULTURA. VISIBILIDADE, ALGORITMO – Fernando Redondo
DEBATE / O PAPEL DA UNIVERSIDADE –
Participantes: Alba Nogueira, Senén Barro, Pilar Bermejo, Xosé Luís Armesto, Paulo Carlos López
As claves
[POLÍTICA] PAISAXE DE ENCRUCILLADA
Tal é o horizonte que se abre hoxe, 20 de abril, diante da maioría dos partidos principais por mor de persistencias e cambios con incidencia directa ou indirecta sobre a dinámica política. Especial relevancia teñen, na miña opinión, o agravamento dos problemas económicos e do malestar social previos, as mudanzas de liderado no PP e de correlación de forzas no conxunto das dereitas, a competencia entre os socios do goberno por un electorado parcialmente coincidente e as divisións in crescendo no espazo á esquerda do PSOE e no seo do independentismo catalán. Sen esquecermos doutros asuntos aparentemente menores nestes días como a imaxinativa “solución” dada á pandemia, as consecuencias da viraxe do goberno no preito Sáhara-Marrocos-Alxeria ou a polémica arredor da monarquía, filla da alongada sombra do emérito. Navegar por ese crebacabezas non será doado para ninguén. Por Justo Beramendi.
[GALICIA] SUCESOR DESGINADO E TEMPO DE REXENCIA
A apoteósica carreira presidencial en solitario de Feijóo e a unanimidade búlgara da súa coroación en Sevilla deron paso á xestión -a lume manso- do seu relevo no PPdeG e na presidencia da Xunta. Parálise gobernamental. Desconcerto. Muda expectación. Poucas dúbidas. Non hai marxe para ningunha fantasía democrática. Non se falará de ideas nin de Galicia como proxecto de futuro. Un trámite máis nas rutinas de goberno. Será unha designación, non unha elección, non outra cousa que unha decisión desde o máis alto. En Morte entre as flores, Leo O´Bannon déixalle claro a Johnny Caspar como son as cousas: «Es tan grande coma eu deixo que sexas». Agás Baltar, os epígonos de Feijóo saben que os seus brillantes currículos foron tan grandes coma el quixo que fosen; por iso, antes que dar calquera paso, agardarán a súa decisión inapelable. Sábeno ben, o presidente saínte elixirá o subpresidente entrante. Por Manuel M. Barreiro
Solicita o teu exemplar aquí
Mandámoscho directamente ao teu domiclio
LUCES LARGAS
[ARGUMENTA] A GUERRA PERPETUA COMO ATRANCO COGNITIVO
A violencia desatada das guerras sempre foi un reto para a reflexión filosófica. Por veces parecera que non hai lugar para o pensar cando falan os canóns. E, con todo, tamén se podería dicir que nunca como neses casos o pensar é máis necesario e urxente. Os dous artigos que traemos, de colaboradores habituais desta sección, remiten a algúns autores que no pasado tomaron a guerra como obxecto do seu pensar, na procura de apoios cos que afrontar a reflexión sobre a guerra actual en Europa. Por Miguel Vázquez Freire
[ARGUMENTA] HANNAH ARENDT EN TEMPO DE GUERRA
Hannah Arendt (Diario filosófico 1950-1973) constata que a guerra reactiva nas cidadanías democráticas un interrogante: “cal é o sentido da política?”, “ten a política aínda algún sentido?”. O choque emocional producido polos acontecementos bélicos aviva prexuízos que, con frecuencia, se transforman en categorías políticas. Arendt sinala tres: o espazo político serve a un fin exterior a el mesmo; o contido da política é a violencia; a dominación é o eixe da práctica política. Por outras palabras, o poder é, tras da máscara, violencia. Por Miguel Ángel Martínez Quintanar
[COMUNICACIÓN] FOTOS DE GUERRA E MANIPULACIÓN
Mentres estudabamos nas aulas de fotoxornalismo as imaxes da Guerra Civil Española e da II Guerra Mundial -e reflexionabamos sobre a construción histórica da foto de guerra, a propaganda e como retratar o horror-, comezou a guerra en Ucraína. Á anguria da guerra uníuselle un shock paralizante provocado pola prohibición de medios en Europa sen protestas, pola detención ilegal dun xornalista español nunha fachendosamente europea Polonia sen que houbera reacción (e aí segue) e un abafante clima belicista e propagandístico. Neste desconcerto e inermidade comezamos, alomenos, a ler criticamente as fotografías nas aulas. Varias cousas chamaron a nosa atención: a repetición, as ausencias e a estetitización. Por María Soliña Barreiro González
ESPECIAL LETRAS GALEGAS
[ENTREVISTA INÉDITA] CARLOS VELO, científico, pedagogo e cineasta.
[FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN] RETRATO EN CLAROESCURO
[FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN] POETA SENTIDO E CONSTRUTOR DA GALEGUIDADE
Todo isto e máis no número de maio de TEMPOS NOVOS.