Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS Nº 265 · XUÑO 2019

SUMARIO TEMPOS NOVOS Nº 265 · XUÑO 2019

en destaque

AMEAZANTES CIBERDITADURAS

A medida que restrinxe o acceso do xigante telefónico Huawei —un dos principais símbolos económicos e tecnolóxicos da República Popular China— ao sistema ope rativo de Google é máis ca un síntoma. É unha das moitas operacións que dan conta da existencia dunha guerra tecnolóxica que se libra no espazo virtual. Ese no que entre unhas poucas megaempresas conforman a estrutura do que se deu en chamar capitalismo dixital. Que a prensa hexemónica vexa detrás dese tipo de decisións unha confrontación meramente comercial entre EE.UU. e China, non pode ocultar esoutra realidade. Trátase dunha guerra de quinta xeración, unha ciberguerra, cuxos obxetivos estratéxicos inclúen a redefinición da web como territorio de control xeoglobal. Estamos, pois, nas súas mans. Explícase asi a persecución de quen, como Assange, Manning ou Snowden, difunden documentos que o poñen ao descuberto.

en foco

GAÑAR PERDENDO, PERDER GAÑANDO

Era inevitable que as eleccións de 26 de maio estivesen totalmente condicionadas polas de 28 de abril e as súas secuelas inmediatas, así como polo xuízo ao procés no Tribunal Supremo. Perante a desfeita sufrida polo PP, Pablo Casado, apremado polos baróns máis experimentados e moderados, anunciou un volantazo ao centro, chamou por primeira vez “extrema dereita” a Vox, reservou unha vicepresidencia do Congreso para Ana Pastor (pero non a portavocía) e sacou a pasear a Mariano Rajoy na campaña electoral. En realidade, cortiñas de fume, porque no fondo todo seguía igual: mentiras e sobreactuacións a cada paso que daba o PSOE, Cayetana Álvarez de Toledo repartindo paus (por exemplo contra a “política senil” da “abuelita Carmena”) e a inefable Díaz Ayuso, candidata á Comunidade de Madrid, agasallándonos acotío cun despropósito. Por suposto, ausencia total dun verdadeiro programa político alternativo, agás baixar impostos para que os ricos sexan máis ricos. Todo seguía centrado en que non gañase o PSOE (con Podemos), suposto cabalo de Troia do independentismo rompedor de España, e en reunificar no PP o voto da dereita para conseguilo. Por Justo Beramendi

OS NACIONAL-POPULISMOS DE ULTRADEREITA, AO ASALTO DE EUROPA.

Os temores das elites europeas cumpríronse en parte. Non foi a vaga populista que se albiscaba, pero o 26M si sancionou a instalación en forza da ultradereita no hemiciclo comunitario, onde terá capacidade de bloqueo e, sobre todo, de distracción e propaganda. Unha familia nacional-populista non tan homoxénea, e en cuxo auxe ten moito que ver a propia natureza da UE e a falta de adaptación aos novos tempos dunha esquerda cada vez máis alonxada das clases populares. Por David Alvarado

UNHA SOLUCIÓN FEDERAL Á VISTA?

Será moi difícil chegar a un satisfactorio desenvolvemento do Texto X.L. Franco Grande Estado sen unha previa e hoxe inexistente cultura política federal, ou se se prefire, unha lealdade constitucional que brillou sempre pola súa ausencia. Debemos recorrer aos casos concretos para que se entenda mellor. Dende aquela arroutada de pailáns “a los nacionalistas ni agua”, ata a prohibición dun dereito democrático como é o de manifestarse libremente para a celebración dun referendo consultivo vital para o Estado e para a
comunidade que o promova. Por Xosé Luís Franco Grande

crónica

BALATA, CAMPO CULTURAL PALESTINO. Por Moncho Iglesias Díaz

entrevista

ALBINO PRADA, economista e ensaísta. Por Luís Villamor

Protexta

Crónica. CINEMA EN GALICIA. UN ROTEIRO POLLOS FESTIVAIS MÍAS ESTIMULANTES DO PAÍS. Por Alfonso Zarauza

Conversa con Chus Nogueira

Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa Crítica

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.

Todo isto e máis no número de xuño de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí