Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosSumario TEMPOS NOVOS 308

Sumario TEMPOS NOVOS 308

EN DESTAQUE                             

20 anos a remolque

A FERIDA DO PRESTIGE

O 2022 foi o ano en que a guerra volveu a Europa, forzando movementos tectónicos que fixeron cambalear a arquitectura xeopolítica do mundo. O lóxico é pensar nun 2023 á maneira dun enorme laboratorio no que se ensaien camiños de volta. Non sen turbulencias. No global, ao facerse real a posibilidade dunha globalización escindida en dous grandes bloques, o occidental e o dirixido por China. E tamén no nacional ou local, que volve ser o porto refuxio no que soportar mellor a tormenta de crises encadeadas que todo iso está provocando. Camiños de volta en forma de tregua bélica, económica, enerxética, ambiental? Todo son incógnitas. Agravadas, en clave interna, pola acometida antisistémica que a dereita política, xudicial e mediática está poñendo en práctica no Estado con alarde conspirativo. E o calendario electoral, cun dobre test en maio con capacidade para condicionar o resultado das autonómicas galegas do 2024, non presaxia precisamente unha volta á normalidade política e institucional. Todo leva a pensar nun perigoso incremento dos niveis sociais de desafección política e de insatisfacción co funcionamento das institucións, xa actualmente moi altos. O que pon en dique seco a democracia. Os analistas de Tempos Novos aportan neste dossier as claves que permiten interpretar e valorar o que nos depara este novo ano.

Inclúe os artigos:
[Política] 2023: cambio de ciclo, por Justo Beramendi
[Xustiza] Crónica dun lawfare xudicial, por David Soto
[Galicia] Vellos perigos e novos riscos, por Manuel M. Barreiro
[Economía] Un ano que pode valer por unha década, por Xosé Carlos Arias
[Global] Un ano de falsa tregua, Xulio Ríos
[Latinoamérica] Novos retois, vellos problemas, por Palmira Chavero
[Entrevista] Daniel Innerarity, por Daniel Álvarez

LUCES LARGAS                                              

[ARGUMENTA] A FENDA XERACIONAL

Dous artigos afrontan a revisión, desde a socioloxía e a antropoloxía, do concepto de fenda xeracional. Mentres que Enrique Carretero Pasín pon o acento sobre como o paso do capitalismo de produción ao capitalismo de consumo modifica os comportamentos de adolescentes e pais, José Ángel Bergua, partindo dunha investigación sobre a estética das tribos xuvenís na cidade de Zaragoza, analiza o grao de tolerancia fronte a estes fenómenos por parte das xeración adultas, integrando esta análise nun marco máis xeral de reflexión histórica que pon en cuestión a forma na que a “orde posmoderna” confronta os significados que se expresan mediante aquela estética. 

CULTURA                                              

[POLÉMICA] QUEN SON AS BESTAS?

Acompaña o éxito de As bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022) un debate que, de ter o filme menor asistencia e recepción crítica (incluídas as candidaturas aos Goya, onde se sitúa como o máis nominado), seguramente non acadaría igual repercusión e virulencia. Este debate céntrase en dous aspectos: un, o que apunta ao tratamento tanto do idioma galego como das características dos habitantes do noso rural; dous, o que cuestiona a auténtica valía estética do filme. Dous aspectos que non están de todo separados. Por Miguel Vázquez Freire

[ENTREVISTA] ELOY ENCISO, director de cinema

Eloy Enciso Cachafeiro fai un cinema no que logra enfiar elementos tan diversos como memoria, territorio ou palabra literaria encarnada na paisaxe e nos rostros de actores e actrices non profesionais. As súas longametraxes filmadas en Galicia, Arraianos (2012) e Longa noite (2019) acadaron premio en festivas de sona como Locarno ou o Sevilla Internacional Film Festival. Agora traballa nun proxecto que buscará levar á pantalla o que aínda permanece dos campos de concentración durante o franquismo. De todo isto conversamos co director de Meira con motivo da súa participación no Seminario “A configuración da paisaxe fílmica galega: da luz á memoria”, que organizou o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela.

Solicita o teu exemplar aquí

Mandámoscho directamente ao teu domiclio

Tamén neste número…

TODO É PEIXE
[OLLO PÚBLICO] E O CORVO DIXO…, por Moncho Fuentes/ Camilo Franco
[ENTREVISTA] CARLOS REGO, guitarrista de Tesouro, por Camilo Franco
[CÓMIC HISTORIADO] LAUREANO, por Juan R. Coca e Eduardo Esteban
[NATUREZA INSÓLITA] ESTEIRO DO MIÑO, por Roxelio P. Moreira
[BOI DE CANTO] A PROL DUN MÍNIMNO VITAL CULTURAL, por Alberte Santos Ledo