EN DESTAQUE
20 anos a remolque
A FERIDA DO PRESTIGE
Daquel 13 de novembro de 2002, e dos días e meses que seguiron alimentando aquel pesadelo de chapapote, incompetencia política, desinformación e mentiras, queda 20 anos despois unha ferida aínda sen cicatrizar. Certo que se teñen producido cambios normativos nas leis do mar, por caso a prohibición dos buques monocasco, e que se dispón de máis recursos de resposta que os existentes entón. Pero nada impide que volvamos espertar un día sometidos a un escenario dantesco como o que experimentamos co Prestige partido en dous e vomitando veleno e a un estres de proporcións dramáticas. A escasas millas das nosas costas continúan pasando a diario entre 30 e 35 barcos/zombi cargados de hidrocarburos. A cobertura polos danos dunha marea negra segue estando moi condicionada, quedando fóra dun ámbito de responsabilidade ambiental plena. De darse outro Prestige, o Fidac (Fondo para a Compensación de Danos por Hidrocarburos) e a aseguradora non terían que pagar máis alá dun 25% dos danos causados. É o que aínda está en litixio pola catástrofe de hai 20 anos: dos 4.500 millóns de euros en que foran valorados os estragos, eses dous axentes pagadores unicamente desembolsaron menos de 200 -apenas un 10%-.
E todo fai pensar en que, en circunstancias parecidas, as responsabilidades civís dun desastre coma ese, no que converxeron o chapapote dun barco á deriva e unha enxurrada de demenciais decisións políticas, volvan recaer en exclusiva no máis indefenso dos chivos expiatorios -calquera outro Mangouras do mar-. Malia as evidencias que no seu día argumentou perfectamente Nunca Máis ao querelarse non só contra os afáns especulativos e sen escrúpulos da empresa propietaria do Prestige, tamén contra os responsables políticos dos gobernos de Aznar e Fraga Iribarne que agrandaron a catástrofe enviando o barco da morte mar adentro.
TN remove na memoria daquel tempo, tan ligada tamén ao que sen dúbida conformou un auténtico tsunami de solidariedade e denuncia cívica, coa intención de xerar conciencia crítica e reivindicar todo o que segue facendo imposible a cicatrización definitiva da ferida aberta polo Prestige.
Inclúe os artigos:
Co espello retrovisor, por Miguel Vázquez Freire
Rachar cos tres chapapotes, por Albino Prada
A perversión da estratexia do chivo expiatorio, por Pedro Trepat
Humor gráfico, por Pepe Carreiro
[ENTREVISTA] Fernando González Laxe, investigador sobre o Prestige, por Gonzalo Rodríguez e Manoel Barbeitos
AS CLAVES
[POLÍTICA] NA SENDA DA DEGRADACIÓN DA DEMOCRACIA
Está a remollo a democracia? Para o cronista e analista, estaríanse producindo algunhas perigosas combinacións políticas, todas elas con altas cotas de toxicidade que a poderían estar desgastando en exceso. Arguméntao tendo en conta o que deu de si o ruedo ibérico da política durante este último mes. Por Justo Beramendi
[GALICIA] UN GOBERNO SEN DIRECCIÓN, UN PODER BALEIRO
Transcorridas dúas décadas, a memoria da catástrofe do Prestige segue viva. Nunca Máis fai parte do imaxinario galego da rebeldía e dignidade cidadá. Unha memoria que se pretende inmobilizar con melancolía para convertela en épica retrospectiva e evitar que sexa materia aínda viva dunha alternativa de cambio político que Galicia precisa con urxencia. Por Manuel M. Barreiro
[SOCIAL] PROCESO Á LEI TRANS
[A FAVOR] Consolida o camiño da despatoloxización. Por Daniela Fernández
[EN CONTRA] O movemento transxenerista é profundamente homófobo. Por Marta Gómez, Concha García e María Pardo
[GLOBAL] ITALIA, LABORATORIO POLÍTICO EN EUROPA
Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo máis aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura de Xi á fronte do Partido, pero tamén do Estado e do Exército –extremos a confirmar en marzo próximo- asegura igualmente a continuidade da súa política que neste congreso acentuou os límites co denguismo (1978-2012) precedente. Por Xulio Ríos
Solicita o teu exemplar aquí
Mandámoscho directamente ao teu domiclio
Tamén neste número…
TODO É PEIXE
[OLLO PÚBLICO] O AMOR É AUGA QUE CORRE, por Moncho Fuentes/ Camilo Franco
[CRÓNICA] 25 ANOS VIÑETAS DENDE O ATLÁNTICO. MOITO QUE CELEBRAR, por Xaime Lis
[EXTRARRADIO] QATAR, A PERLA DO MUNDIAL, por Moncho Iglesias Míguez
[CÓMIC HISTORIADO] LAUREANO, por Juan R. Coca e Eduardo Esteban
[NATUREZA INSÓLITA] DUNAS, por Roxelio P. Moreira
[BOI DE CANTO] WHAT MAKES GOOD COMEDY TODAY, por Alberte Santos Ledo
LUCES LARGAS
[ARGUMENTA] SERÁ INTEGRISTA A RELIXIÓN DO FUTURO?, por Javier Elzo
[ENTREVISTA] FRANCISCO DÍEZ DE VELASCO, CATEDRÁTICO DE HISTORIA E RELIXIÓNS, por Angel Enrique Carretero Pasin
[DO PRELO] O POSLIBERALISMO QUE VÉN, por Miguel A. M. Quintanar
[CRÓNICA] ROMPENDO AS BARREIRAS TRANSFRONTEIRIZAS DO PENSAMENTO LUSO-GALAICO, por Miguel Vázquez Freire
[COMUNICACIÓN] LEI DE SERVIZOS DIXITAIS. NOVOS PARTES DE GUERRA, por Ignacio Castro
CULTURA
[INFORME] BIBLIOTECAS PÚBLICAS EXTERNALIZADAS. O NEGOCIO QUE NON CESA, por Francisco Xavier Redondo Abal
[ENTREVISTA] ISMAEL RAMOS, PREMIO DE POESÍA MIGUEL HERNÁNDEZ, por Manuel Forcadela
[CRÍTICA CULTURAL] LIBROS, BANDA DESEÑADA, ARTE, ESCENA, SERIES E CINEMA
[CARA B] O DERBY, por Anna R. Figueiredo/ Diego Seixo