EN DESTAQUE
Intelixencia artificial
VIAXE AO DESCOÑECIDO
A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Os escenarios que se propoñen parecen debuxar un futuro distópico dominado por máquinas e algoritmos. Algunhas tecnoloxías con intelixencia existen xa desde hai máis de cincuenta anos, pero os avances na potencia informática, a dispoñibilidade de enormes cantidades de datos e novos algoritmos permitiron que a IA estea dando pasos de xigante na súa viaxe cara o descoñecido. E non hai maneira de predicir as súas metas definitivas. Velaí que o fenómeno nos fascine tanto como nos atemorice. Se a idea de perder un smartphone ou un portátil xa nos pon en garda, iso non é nada comparado cun escenario no que un hacker poida manipular dispositivos médicos, vehículos de pasaxeiros ou sistemas de armamento. A pregunta vólvese pertinente: unha IA superintelixente é quen de representar unha ameaza contra a especie humana, ou trátase tan só dunha nova revolución tecnolóxica? Ten por iso razón de ser a esixencia dunha axencia que de maneira independente supervise o seu campo multidimensional de aplicación, e que ao mesmo tempo haxa unha lexislación que o regule.
Inclúe os artigos:
Intelixencia artificial fiable. Moda ou necesidade, por José Mª Alonso Moral e Alberto Bugarín Diz
Da IA e do galego-portugués, por Xavier Alcalá
[Entrevista] Senén Barro, director do Centro de Tecnoloxías Intelixentes da USC, por Manoel Barbeitos
AS CLAVES
[POLÍTICA] OS PROBLEMAS DAS ESQUERDAS
As sondaxes requentan o ambiente preelectoral que xa condiciona, con moita antelación, o debate político. Agudiza así o enfrontamento entre o bloque das dereitas e o das esquerdas. Evidenciouse outravolta no debate que tivo lugar o pasado 18 de outubro no Senado -onde o líder do PP ignora a súa condición de senador en representación de Galicia instrumentalizándoa para o corpo a corpo con Sánchez-. Como está percibindo a cidadanía ese tour de force? O cronista aporta as claves. Por Justo Beramendi
[GALICIA] A RAPAÑOTA FISCAL DE RUEDA E A AXENDA DE CAMBIO DE PONTÓN
A rapañota fiscal do PPdeG ilumina un goberno ao servizo dunha minoría. Reavívase a ofensiva conservadora para limitar a capacidade de investimento social, impoñer unha redistribución regresiva de ingresos e rendas e desconectar ás elites económicas dos sacrificios impostos pola crise. Entrementres, Ana Pontón explota o poder relacional que lle confire ao BNG ser o principal partido da oposición e activa unha axenda de proximidade con actores económicos e sociais para testar complicidades, potencialidades, diverxencias e resistencias ao cambio político en Galicia. Molesta a quen se entrega ao resistencialismo. Irrita aos que gobernan o inmobilismo. Por Manuel M. Barreiro
[ENTREVISTA] XABIER VÁZQUEZ PUMARIÑO, biólogo e consultor ambiental
Xabier Vázquez Pumariño (Lugo, 1969) é biólogo ambiental. Veu estando vencellado ao movemento ecoloxista desde principios dos anos 80. Traballa desde hai tres décadas na conservación de especies ameazadas, no seguimento da fauna e flora, en procesos ecosistémicos, implantación de programas de sostibilidade e avaliación de proxectos. Foi asímesmo responsable de sentar as bases do turismo ornitolóxico en Galicia. Exerce, ademais, como consultor ambiental en eidos como os da ornitoloxía, o desenvolvemento sostible e a cooperación, tanto entre nós como en diferentes países latinoamericanos. Por Manoel Barbeitos
[GLOBAL] XI JINPING APURA O PASO EN CHINA
Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo máis aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura de Xi á fronte do Partido, pero tamén do Estado e do Exército –extremos a confirmar en marzo próximo- asegura igualmente a continuidade da súa política que neste congreso acentuou os límites co denguismo (1978-2012) precedente. Por Xulio Ríos
Solicita o teu exemplar aquí
Mandámoscho directamente ao teu domiclio
Tamén neste número…
TODO É PEIXE
[OLLO PÚBLICO] O AMOR É AUGA QUE CORRE, por Moncho Fuentes/ Camilo Franco
[CRÓNICA] 25 ANOS VIÑETAS DENDE O ATLÁNTICO. MOITO QUE CELEBRAR, por Xaime Lis
[EXTRARRADIO] QATAR, A PERLA DO MUNDIAL, por Moncho Iglesias Míguez
[CÓMIC HISTORIADO] LAUREANO, por Juan R. Coca e Eduardo Esteban
[NATUREZA INSÓLITA] DUNAS, por Roxelio P. Moreira
[BOI DE CANTO] WHAT MAKES GOOD COMEDY TODAY, por Alberte Santos Ledo
LUCES LARGAS
[ARGUMENTA] SERÁ INTEGRISTA A RELIXIÓN DO FUTURO?, por Javier Elzo
[ENTREVISTA] FRANCISCO DÍEZ DE VELASCO, CATEDRÁTICO DE HISTORIA E RELIXIÓNS, por Angel Enrique Carretero Pasin
[DO PRELO] O POSLIBERALISMO QUE VÉN, por Miguel A. M. Quintanar
[CRÓNICA] ROMPENDO AS BARREIRAS TRANSFRONTEIRIZAS DO PENSAMENTO LUSO-GALAICO, por Miguel Vázquez Freire
[COMUNICACIÓN] LEI DE SERVIZOS DIXITAIS. NOVOS PARTES DE GUERRA, por Ignacio Castro
CULTURA
[INFORME] BIBLIOTECAS PÚBLICAS EXTERNALIZADAS. O NEGOCIO QUE NON CESA, por Francisco Xavier Redondo Abal
[ENTREVISTA] ISMAEL RAMOS, PREMIO DE POESÍA MIGUEL HERNÁNDEZ, por Manuel Forcadela
[CRÍTICA CULTURAL] LIBROS, BANDA DESEÑADA, ARTE, ESCENA, SERIES E CINEMA
[CARA B] O DERBY, por Anna R. Figueiredo/ Diego Seixo