En destaque
Informe
O LADO ESCURO DOS EÓLICOS
Son máis dun cento os proxectos presentados por diversas multinacionais enerxéticas para instalar unha nova e masiva xeración de muiños eólicos en numerosos espazos naturais de Galicia. Incluindo agora unha primeira remesa no litoral marítimo. Saltaron axiña as alarmas polos efectos destrutivos do que algo así podería comportar para o territorio e para a vida das comunidades de afectados, sen que previamente fose consensuado un plan co que garantir un ordenado e equilibrado proceso de implantación e aproveitamento social deste tipo de infraestruturas. Case 150 entidades sociais, políticas e culturais manifestáronse en contra e reclamaron nunha concentración que as autoridades paralizasen a tramitación desas novas concesións. O eco chegou ao Parlamento nunha sesión na que a oposición nacionalista e socialdemócrata lle recriminou a Núñez Feijóo terse convertido no avogado defensor desas multinacionais e de supeditar os valores materiais e inmateriais do país aos seus intereses. Ninguén está en contra de aproveitar o potencial de futuro que o modelo dos eólicos representa fronte ao modelo térmico —por insostible— nos procesos de xeneración eléctrica. O que se pon en causa é o laissez faire que predomina baixo o demagóxico envolvente —outravolta manipulador e ameazante— do progreso. O progreso de quen? E a costa de que? Preguntas ás que o biólogo Xaquín Penas Patiño dá cumprida resposta nun detallado e moi documentado informe técnico cuxo contido integra o groso do informe xornalístico que publica Tempos Novos.
En foco
[POLÉMICA] O BURATO NEGRO DA GALAXIA ESPAÑOLA
A poeira que se levantou recentemente a propósito da política fiscal que se aplica na comunidade autónoma de Madrid, unha grande aspiradora en palabras do presidente valenciano Ximo Puig, axiña provocou un fío de adhesións á idea de que o Estado artelle mecanismos cos que harmonizar cando menos os impostos sobre patrimonio e sucesións, o que evitaría en boa medida esa anomalía dumpíngtica, que está supoñendo perdas millonarias na recadación do conxunto de España, tal e como defende o autor deste artigo. Por Enrique Sáez Ponte.
[DOCUMENTO] A UTOPÍA VERMELLA DE OTELO SARAIVA DE CARVALHO
Faleceu recentemente quen fora a cabeza e tamén o corazón da Revoluçao dos cravos naquel xa lonxano 25 de Abril de 1974: Otelo Saraiva de Carvalho. Anos despois dese sorprendente acontecemento, que acabou coa ditadura salazarista, aquel comandante de sólida formación intelectual que un día renunciara pola milicia á súa primeira gran vocación, a de actor, cando xa tiña asegurada a súa estancia en Nova Iorque para estudar arte dramático no Actor’s Studio que creara Elia Kazan, pasou por un longo calvario. Por Luís Álvarez Pousa
[ECOLOXÍA] A INSUSTENTABLE LÓXICA POPULAR E A INAPRAZABLE TRANSICIÓN ECOLÓXICA
A denuncia da Fiscalía madrileña contra a conserveira Jealsa, acusada de levar anos contaminando a ría, as mobilizacións en todo o país contra unha desordenada e especulativa ampliación da rede eólica, e os altercados urbanos cos que Ence e os traballadores que lidera CC.OO. protextan o fallo da Audiencia Nacional que declara ilegal a prórroga coa que o goberno de Rajoy tentou asegurar por outros 60 anos a actividade da pasteira pontevedresa no seu emprazamento actual —en terreos de dominio público terrestre—, reverdeceron o debate sobre a necesidade de compatibilizar desenvolvemento industrial e sostibilidade. Por Alba Nogueira
[ENTREVISTA] SANTOS HORACIO FAZIO, experto en cambio climático
O científico arxentino Santos Horacio Fazio pasa por ser un dos mellores expertos internacionais en cambio climático, e é xa que logo un dos que mellor pode explicar os fenómenos dos que recentemente alertaba o último informe do IPCC de Nacións Unidas, que predice para a vindeira década un aumento considerable da temperatura media planetaria, ata chegar ao 1,5ºC por riba da da era preindustrial —hoxendía está no 1,1ºC—. A publicación deste importante documento, e as sorprendentes alteracións atmosféricas dos últimos meses en diversas partes do mundo —altísimas temperaturas e inundacións en países que nunca as experimentaran até agora— deron pé a que Tempos Novos tomase contacto con el, que respondeu deseguida o cuestionario que se lle remitiu a Bos Aires, cidade na que reside. Por Miguel Vázquez Freire
Todo é peixe
[CRÓNICA VIAXEIRA] FAILAKA, A PEGADA DA GUERRA DO GOLFO
A illa de Failaka é un dos principais destinos turísticos de Kuwait, fóra do circuíto de cemento que reivindica o país como centro comercial de ostentosas dimensións. Nos 24 km² insulares concéntranse varias praias de area branca e ocre, e augas mornas e cristalinas que parapetan ruínas arqueolóxicas e entullos dunha guerra que hai trinta anos desertizou a illa. Porén, os seus encantos renacen coa promesa de volver ser o paraíso que máis dunha vez foi. Por Moncho Iglesias Míguez
ARGUMENTA Ciencia e pensamento
DIME POR OINDE ANDAS…. Por África López Souto
[ENTREVISTA] ANA PRESEDO RODRÍGUEZ, Cirurxiá no Hospital Robert Debré de París. Por Rebeca Baceiredo
A VISIBILIDADE NO ESPAZO HABITABLE. Por Olga Aguiar Enríquez
Cultura
[CRÓNICA] 37 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA
O visto e o nunca visto
O nunca visto sorpréndenos, déixanos in albis e até nos dá que pensar. Pero o nunca visto sen o xa visto non acabaría de funcionar. E nesa combinación se moveu a 37 MIT de Ribadavia (do 16 ao 25 de xullo). Nesta breve crónica só vou describir os espectáculos aos que asistín nos dous fins de semana entre os que se encadrou o festival. Por Alfonso Becerra de Becerreá
[CRÓNICA] 38 FESTIVAL DE ALMADA (PORTUGAL).
A lente prodixiosa dos ecenarios
En 2021, a Companhia de Teatro de Almada celebra o seu 50 aniversario e organiza o 38 Festival de Almada (do 2 ao 25 de xullo), unha referencia entre os festivais internacionais no mapa dos máis prestixiosos de Europa. Este ano de crises, coa ameaza do virus, pareceume que a programación foi especialmente enfocada a revelar e espertar as capacidades humanas fronte a vicisitudes. Non hai posibilidades se non hai conciencia, e a arte da acción (drama), estendida a diversas modalidades escénicas, pode mover conciencias, desde os afectos e as emocións, incluída a estética, que o xogo fai agromar. Por Alfonso Becerra de Becerreá
Protexta
Conversa con María Marco Covelo. Por Ania González
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de setembro de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí