Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS 287

SUMARIO TEMPOS NOVOS 287

En destaque                         

Informe

MÁTANOS MADRID

Chegados ata eiquí, que Madrid se teña convertido no alfa e omega do Es-tado pón en corentena o entramado democrático e institucional do réxime do 78. Se o vindeiro 4 de maio se producira a incubación prefascista que prognostican as sondaxes, co trumpismo pepeiro e Vox impoñendo credo e bandeira ao estilo far west, a capital entraría nun bucle ultrareaccionario de moi difícil dixestión, con previsibles e ameazadoras consecuencias para a democracia en España. Os case 26 anos de extremoso experimento neoliberal que fixeron de Madrid o feudo por excelencia da corrupción e a desigualdade social, que a xestión da pandemia non fixo senón agravar, terían nesa tesitura un indisimulado acelerador de adrenalina patriótica. Un cóctel explosivo. Para a inmensa maioría de madrileños -abonda con dicir que o 20 por cento máis rico do censo da cidade é posuidor de máis do 50 por cento do conxunto da renda-, e para todos cantos vivimos extramuros dese amurallado emporio de poder económico, financiero, político e mediático no que se ten convertido Madrid.
Para saber como foi que se chegou a todo iso, cómpre elaborar unha radiografía que faga posible desvelar os procesos -xeoestratéxicos, económicos, políticos- que viñeron conformando ao longo dos anos a argamasa dese emporio, que se sirve de gobernantas como Díaz Ayuso e de experimentos succionadores do público para revalidar sen interrupcións seu dominio. Aínda que iso comporte naturalizar o prefascismo e lexitimar golpes autoritarios. TN aporta esa radiografía. Por Enrique Sáez Ponte.

En foco                                                                

[POLÍTICA] O EFECTO BOLBORETA

Estabamos aínda dixerindo os resultados das eleccións catalanas do 14 de febreiro cando tivemos que chimparnos unha bomba política tras outra, nunha sucesión vertixinosa que nos deixou perplexos e sen alento. A bolboreta que en Cataluña afundiu a Cs, encumbrou a Vox e deixou en ridículo ao PP provocou réplicas ampliadas do sismo en Murcia, en Madrid, nalgúns partidos e mesmo no goberno cen-tral. E a cousa segue. Pasada a sorpresa inicial, contemplado en frío, o feito non é tan inexplicable. É o que adoita acontecer cando un sis-tema empeza a ter demasiadas fendas e os seus administradores, na procura dun beneficio inmediato, as agrandan no canto de reparalas. Esperemos que cambien a tempo. Por Justo Beramendi.

[ECONOMÍA] A GALICIA DO 2021

Todas as evidencias apuntan a que os problemas macroeconómicos que na actualidade padece Galicia xa viñan arrastrados dende antes da pandemia. Que o que esta está facendo é amplialos e intensificalos. Analicemos entón como chegou Galicia á COVID-19 e como está encarando este convulso 2021. Por Manoel Barbeitos Alcántara

[MONOGRÁFICO]  A MARIÑA DO CANTÁBRICO

Unha das comarcas que reforzan con maior radicalidade o diferencial galego. Catro miradas críticas penetran na súa axenda: a crise de Alcoa, a inmigración, a economía do eucalipto e o faro ilustrado de Sargadelos.

Inclúe os artigos:
O día despois de Alcoa, por Gonzalo Rodríguez Rodríguez
Imigraçao: luzes e sombras, por Luzia Oca
O eucalipto no punto de mira, por Xabier Bruña García
Sargadelos. Raimundo Ibañez e Isaac Díaz Pardo, por Xosé Ramón Fandiño

[ENTREVISTA] ANTÓN COSTAS, catedrático de política económica e presidente do CES

Cando estabamos a punto de que este número da revista entrase en máquinas, coñecemos o nomeamento polo Goberno de Antón Costas Comesaña (Matamá/Vigo,1949) como presidente do Consello Eco-nómico e Social de España (CES). Especilizouse na investigación e no estudo dos procesos de formación das políticas públicas e sobre os procesos de reforma económica. Forma parte do prestixioso IREA, o instituto de economía aplicada da Universidade de Barcelona, na que imparte clases sobre esa mesma materia. Durante tres anos presidiu o Círculo de Economía catalán. Na prensa escrita tense revelado como un dos máis lúcidos analistas da actualidade económica e política. En-tre os seus últimos libros, un título de referencia para interpretar tem-pos de crise, “El final del desconcierto” (Atalaya, 2017) e outros dous, “La nueva piel del capitalismo” (Galaxia Gutenberg, 2016) e “La torre de la arrogancia” (Ariel, 2011), nos que tamén participou o economista Xosé Carlos Arias, colaborador de Tempos Novos. Por Manoel Barbeitos Alcántara

ARGUMENTA Ciencia e pensamento                  

U-los intelectuais?

Descrédito e necesidade da intelectualidade. Por Miguel A. M. Quintanar
A responsabilidade dos intelectuais. Por Brais Arribas
Crise do intelectual ou crise do intelectual elitista? Por Miguel Vázquez Freire

Protexta                                                          

Conversa con Xoán Abelleira, por Tamara Andrés
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                    

Entrevista con Margarita Ledo Andión, por Fernando Redondo
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

 

E todas as nosas seccións habituais: enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de abril de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí