
En destaque
Informe
FEIJÓO E A PANDEMIA
obrevivimos a unha terceira onda pandémica que acelerou negativamente todas as estatísticas. Tamén en Galicia. Que se teña producido na segunda quincena de febrero unha certa desaceleración dos seus efectos letais —cunha aínda pouco explicable coincidencia planetaria— non quita que a deixemos de analizar véndoa congruente coas políticas de relaxación que os gobernantes incentivaron para “salvar o Nadal”. Núñez Feijóo, entre os máis entregados a esa causa consumista. Perdeu así unha oportunidade de ouro para aproveitar o ritmo controlado de contaxios da segunda onda para reforzar os servizos de saúde pública e de vixilancia epidemiolóxica, de atención primaria e atención hospitalaria que os seus recortes deixaran baixo mínimos antes da Covid. Aparte de frear a escalada, teriamos chegado en mellores condicións á campaña de vacinación, aforrando moita dor colectiva: a insufrible lentitude coa que se executa débese tanto ao xogo especulativo das multinacionais farmacéuticas —que a UE non quixo estorbar— como a unha estrutura debilitada e sobrecargada, encargándose delo un persoal sanitario canso e precarizado. Esa errática decisión pillouno in fraganti. E recurriu de novo ao manual de guerrilla política que tan bos resultados lle veu dando desde a campaña electoral do 2009: a mentira, a manipulación e o escapismo, para evadir todas as súas responsabilidades nos momentos críticos. Xa o aplicara na primeira onda contra Sánchez e Iglesias, nos que descargou incluso as mortes de vellos nas residencias que dependen del. Acorazouse agora cun discurso culpabilizador da responsabilidade individual, sen importarlle a estigmatización da sufrida cidadanía galega.
Un informe e unha análise de seguimento que publicamos neste número de TN déixano en evidencia. Coas colaboracións de Carlos Montenegro, Boaventura de Sousa e Xulio Ríos.
En foco
[POLÍTICA] CATALUÑA: U-LA SAÍDA?
Eleccións en San Valentín, puro sarcasmo tal e como está o patio, inzado de retesías tamén entre os cónxuxes dos matrimonios gober-namentais. Xogábanse todos moito en medio dunha pandemia indomable, que ao cabo reduciu a participación á metade do censo. Moito ou pouco, uns gañaron e outros perderon, coma sempre. No campo do arredismo houbo cambios politicamente significativos, pero non dramáticos. No heteroxéneo unionismo, un par de terremotos. E apenas varía a correlación de forzas entre os dous bloques, o que anuncia longa vida a un conflito que vén sendo insoluble. Por Justo Beramendi.
[SOCIEDADE] UNHA DEMOCRACIA RENQUEANTE
O director proponme participar do debate sobre a polémica iniciada polas declaracións de Pablo Iglesias, nas que afirmaba que no Esta-do español non se vive unha situación de normalidade democrática. Normalmente, esperaríamos que tal proposta se lle fixera a un ana-lista político. Pero eu non son analista político, senón procesualista, é dicir, dedícome ao estudo do poder xudicial. De forma que a propia proposta prefigura a resposta: se eu realmente teño algo que dicir sobre este asunto é porque algo non funciona con normalidade. Por David Soto
[ECOLOXÍA] VELLOS ERROS NA NOVA VAGA EÓLICA
Despois do “parón eólico” da década de 2010, estase a iniciar unha nova vaga de construción de parques eólicos na que, unha vez máis, a socialización dos beneficios económicos do aproveitamento do vento ecoidado da biodiversidade e a paisaxe están a ser relegados. Mesmo pensando só no consumo interno de enerxía final (non apenas de electricidade), Galicia precisa rapidamente moita máis enerxía renovábel, e nomeadamente eólica, para facer fronte aos seus deberes climáticos e reducir a súa forte dependencia enerxética externa, agochada polo excedente eléctrico. A cuestión é canta eólica máis, como e onde. Por Xosé Veiras García
[ENTREVISTA] ANA PONTÓN, portavoz nacional do BNG
Vísperas do 40 aniversario da intentona golpista. “Hai moitas dúbidas —asegura— sobre cal foi o papel da Monarquía española no 23F”. A entrevista con Ana Pontón, deputada e portavoz nacional do BNG, ten lugar no seu despacho do Parlamento. Non refuga nin-gunha cuestión de actualidade. Está en política desde que entrou a militar con 16 anos en Galiza Nova. Afianzou a súa vocación licenciándose en Ciencias Políticas. E, coñecedora como poucas da intrahistoria e a evolución en zigzag do nacionalismo democrático, asu-miu no 2016 o encargo asambleario de remontar a caída electoral que a súa organización padecera, entre rupturas, cando renxían as bisagras do espazo político de esquerdas a conta da que se deu en chamar nova política. Tras catro anos de resistencia activa, o en-cargo transformouse en realidade: lidera desde o 2020 a oposición galega a Núñez Feijóo. Por Francisco Cortez-Lobão Sineiro
ARGUMENTA Ciencia e pensamento
LEI TRANS: DEBATE E RUÍDO. Por Carme Adán
[ENTREVISTA] LUCAS PLATERO, investigador e activista LGTB. Por Inma López Silva
Cultura
[A DEBATE]. O VALOR DUN PREMIO LITERARIO
A nova convocatoria dos premios da AELG, agora rebautizados como Premios Follas Novas do Libro Galego, volveu suscitar po-lémica. Un post en Facebook de Yolanda Castaño, no que esta se queixaba da invisibilización sistemática do Ciclo POETAS DI(N) VERSOS como candidatable ao Premio de Iniciativa cultural ou de Fomento da Lectura, puxo de novo o foco sobre a lexitimidade e representatividade destes premios entre pares. Por Rexina Vega
Protexta
Conversa con Antón Riveiro Coello. Por Armando Requeixo
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.
Masa crítica
Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de marzo de TEMPOS NOVOS.
Pide o teu exemplar aquí