Luns 2, Outubro 2023
HomeOutrosSUMARIO TEMPOS NOVOS 283 · DECEMBRO 2020

SUMARIO TEMPOS NOVOS 283 · DECEMBRO 2020

En destaque                                   

USA: ELECCIÓNS E POST-TRUMPISMO

Contando coa complicidade dun sector importante do Partido Republica-no, Trump resístese a abandonar a Casa Branca. Como oso panza arriba, en palabras lorquianas, lanza gruñidos intimidatorios, ao tempo que o seu equipo de avogados cae no máis estrepitoso dos ridículos. Porque sen probas de fraude non hai causa. O demócrata Joe Biden faise co timón dese inmenso trasatlántico de poder, coa promesa de reequilibrar o seu rumbo. Máis de medio mundo respirou aliviado, véndose libre á fin dese outro virus, o trumpismo, que tantos efectos malsanos provocou nos últimos catro anos. Porén, do alivio ao entusiasmo aínda hai moito per-corrido de Biden que coñecer. Trátase dun vello político do establishment conservador norteamericano, con 47 anos transitando polos labirintos do poder en Washington. E, de non conseguir o control do Senado (vai de-pender de que os dous votos electorais que aporta Georgia, estado no que se han ter que repetir os comicios, contabilizan na suma dos demócratas e non na dos republicanos), ese renovador “novo comezo” que publicita quedará pexado. Polo demais, tanto en razón da identidade dos 44 mul-timillonarios que financiaron a súa custosa campaña, como polo que anticipou na revista Foreign Affairs, unha especie de biblia para o establi-shment estadounidense, a respecto da súa absoluta fidelidade á tradición do “excepcionalismo” norteamericano, non cabe outra posición máis sensata que a de enfriar o calendario ata ver, polo que nos toca, se se confirma a súa intención de reflotar o multilateralismo e de retomar os compromisos de calado (cambio climático, nuclear de Irán, OMS, UNES-CO…) que traicionou Trump.
Desde EE.UU., tres colaboradores de TN elaboran unha radiografía da paisaxe que deixa tras de si o proceso electoral que o mundo enteiro seguiu con inusitado interese. O que hai e o que se espera da época post-Trump a punto de empezar. Coas colaboracións de Pablo Beramendi, Roger Oria e Alfredo Toro Hardy.

En foco                                                                

[ECONOMÍA] A NOVA REFORMA DA PAC: NIN SOCIAL, NIN VERDE

As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Es-tratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego. Por Isabel Vilalba Seivane.

[ECONOMÍA] UNHA PAC EFICAZ PARA UN MUNDO EN CRISE

Cando en 1962 a Comunidade Europea poñía en marcha a Política Agrícola Común (PAC), a súa máxima preocupación era asegurar o abastecemento de materias primas para a alimen-tación dunha poboación aínda marcada pola posguerra. Agora, 58 anos despois, na renovación desta normativa, estamos outra vez loitando, esta vez no medio da pandemia que nos está a poñer contra as cordas tanto a nivel sanitario como económico. Por Roberto García González

[ENTREVISTA] ERIC TOUSSAINT, politólogo e mambro de Attac

Profesor de Ciencia Política nas universidades de Lieja e París VIII, Eric Toussaint é
ademais portavoz do CADTM (Comité para a abolición das débedas ilexítimas) e membro
do Consello Científico de ATTAC en Francia. Autor de diversos libros, os máis deles
publicados tamén en español, como Una mirada al retrovisor: el neoliberalismo desde
sus orígenes hasta la actualidad (Icaria, 2010) ou Sistema Deuda. Historia de las deudas
soberanas y su repudio (Icaria, 2018). No 2015 coordinou os traballos da Comisión da
Verdade sobre a Débeda, creada polo presidente do Parlamento grego. Conferenciante
por toda Europa. Articulista de prestixio en numerosos medios internacionais.Máis de
medio milleiro de artigos apareceron en diversos medios españois, un dos últimos foi
o titulado A débeda externa no marco das crises económica mundial e Covid-19. Aínda
que a distancia, aceptou conversar sen límite de tempo con TN, analizando os desafíos
deste novo tempo pandémico, destapando as estratexias coas que as grandes empresas
controlan as decisións gobernamentais, poñendo en solfa as políticas engraxadoras do
capitalismo neoliberal ás que se someten organismos internacionais e europeos, por
caso o FMI e a Comisión Europea. E aporta ao tempo alternativas que reequilibrarían o
noso deteriorado sistema económico e social de vida e convivencia.Por Manoel Barbeitos

[ESPECIAL]  O QUE QUEDA DE NÓS           

De NÓS a hoxe: política e sociedade

Un século xusto sepáranos do primeiro número da revista que deu nome á élite intelectual do primeiro nacionalismo galego e algo máis e algo menos do principio (1916) e do final (1936) dunha actividade pública polifacética dabondo. Aquí centrarémonos en tres dimensións da chamada xeración Nós —a ideolóxica, a política e a social— para preguntarnos que segue vixente do seu legado. Coas colaboracións de Justo Beramendi, Xosé C. Sierra Rodríguez, Antón Castro, Camiño Noia Campos e Pepe Barro.

CRÓNICA                                                         

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra
30 ANOS DE DERIVAS INSTITUCIONAIS E AFECTIVAS. Por María Bella, María Marco e Daniel L. Abel

Cultura                                                            

ENTREVISTA CON XAVIER ALCALÁ, escritor.
CULTURGAL. Os retos da industria cultural. Por Manuel Bragado

Protexta                                                          

Conversa con Suso de Toro. Por Eduard Velasco
Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa crítica                                                    

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.
E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.
Todo isto e máis no número de decembro de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí