Outros

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Unha IA superintelixente pode ameazar a especie humana, ou é tan só dunha nova revolución tecnolóxica? Ten por iso razón de ser a esixencia dunha axencia que supervise o seu campo multidimensional de aplicación, e que ao mesmo tempo haxa unha lexislación que o regule. [Un artigo de José M. Alonso e Alberto Bugarín]

Cando vai quedando atrás a infancia da vellez

Cando vai quedando atrás a infancia da vellez

Matarán a Reboiras, a última novela do coñecido escritor e xornalista Luís Rei, é unha historia de historias sucedidas en Galicia na década dos anos setenta. Recrea os conflitos obreiros que tiveron lugar en Vigo e Ferrol no ano 1972, a persecución e morte de Moncho Reboiras en 1975 e os acontecementos sucedidos en Ferrol, varios anos despois, coa implantación na ría de Ferrol da planta regasificadora de Reganosa.

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS. O declive da socialdemocracia sueca: o canto do cisne?

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS. O declive da socialdemocracia sueca: o canto do cisne?

Que está pasando en Suecia? Estamos diante do fin do “modelo sueco”? Desapareceu a socialdemocracia para dar paso ao socioliberalismo, como sucede cos seus homólogos europeos? As evidencias demostran que a socialdemocracia sueca, a pesar de seguir sendo o partido máis votado, non foi quen de fuxir do que é unha crise de identidade da socialdemocracia europea. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS. A socialdemocracia faise social-liberal

Nos anos oitenta prodúcese en Europa unha reconversión da socialdemocracia clásica nunha de carácter liberal que chega ao seu cénit coa chamada terceira vía de Tony Blair. O que comportou: o abandono tanto das políticas económicas keynesianas, como do establecemento do estado de benestar, traendo o abandono do pacifismo e a asunción das políticas belicistas da OTAN. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

Italia, laboratorio político en Europa

Italia, laboratorio político en Europa

Nas eleccións do pasado 2022, en Italia gañou a dereita, como en gran medida era previsible. Por primeira vez, na Italia republicana e democrática nacida da Constitución de 1946 e filla da Resistencia chega ao goberno unha dereita forte, a dereita de Giorgia Meloni.  [Un artigo de Nunzia Acanfora]

A memoria do Prestige. 20 anos despois daquel pesadelo

A memoria do Prestige. 20 anos despois daquel pesadelo

A catástrofe en que deu o afundimento do Prestige quedou para sempre na memoria colectiva do pobo galego. Pasados vinte anos merece a pena lembrar aqueles días de novembro revisitando as páxinas da revista TEMPOS NOVOS, que non son senón un memorando xornalístico que, ao tempo que permite entrar a fondo nos contextos daquel dantesco escenario, desvela tamén algunhas das estancias máis dinámicas e vivas da nosa memoria colectiva.

[CINEMA] O último de Álex de la Iglesia

[CINEMA] O último de Álex de la Iglesia

Lorena e Julián viaxan tódolos fins de semana de Bilbo a Madrid, e viceversa. En concreto, o soporte argumental do filme “El cuarto pasajero” é una destas viaxes, na que Lorena e Julián non van sós no coche, senón acompañados de dúas persoas máis (como, por outra parte, sucede tódolos fins de semana). Nesta ocasión, nesta concreta viaxe, os “acompañantes” son amentados como Rodrigo e Sergio.

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia escandinava marca territorio

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia escandinava marca territorio

Que un país no que a socialdemocracia mantivo de maneira absolutamente diferenciada un modelo de convivencia no que primaron o estado de benestar e a neutralidade acabe sendo gobernado, como vén de suceder nas últimas eleccións xerais, pola ultradereita, e abrace o militarismo OTAN, non deixa de ser sorprendente. O analista tenta aportar as claves que explican o sucedido, partindo nesta primeira entrega de subliñar todo o que durante moitos anos se definiu como o “modelo sueco”. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia e os anos dourados (1950-1973)

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia e os anos dourados (1950-1973)

A gran depresión puxera en evidencia o fracaso do mercado libre, e a partir de entón haberá que complementar o mercado coa planificación e a xestión pública da economía, ou ben actuar dentro dos mesmos. Un marco no que encaixaba perfectamente a socialdemocracia, pero que a esa altura carecía dun proxecto alternativo. Ascendes aos gobernos e non terán outro remedio os socialdemócratas europeos que definir, con diverxencias entre eles, o modelo a seguir. [Un artigo de Manoel Barbeitos]