Domingo 18, Abril 2021
HomeOutrosHABERÁ CUARTA ONDA COVID?

HABERÁ CUARTA ONDA COVID?

por Rafael Alberto González García

Fai un ano do primeiro caso de  COVID autóctono en Europa, concretamente en  Lombardía (Italia). Vivimos o que demos en chamar, con lóxica xornalística, pero tamén con datos epidemiolóxicos que o avalan, tres ondas do coronavírus: primavera do 2020, outono do 2020 e inverno de 2021. Se nos fixamos na oportunidade do momento, podemos concluír que a segunda onda pode considerarse no contexto europeo consecuencia do relaxo estival, e por iso se iniciou e desenvolveu en países con tradición de turismo de praia, como España, Grecia, etc.

Nun mundo tan interconectado, e xa que logo com alto movimento turístico, poidemos comprovar a eficácia de novas medidas de protección, como a distancia, o illamento com máscaras, os novos tratamentos e coidados médicos, pero cun elevado número de  contagios causados pola citada relaxación  e como non, con moitos mortos, novamente maiores de 70 anos, como na primeira onda, um claro indicador de que non fomos eficaces en Residencias, Centros de Día e maiores en soidade.

Pero como somos humanos, tiñamos que petar coa mesma pedra, non unha nin dúas veces, senón tres, pois chegou o Nadal e parece que o noso desexo de contacto familiar e social superaba o noso medo á enfermidade e as súas consecuencias. Como quera que os datos non soben ata pasados uns días, a preocupación non nos freou durante ese case mes de festas e encontros, e entrou a terceira onda, xaneiro e febreiro. E é por iso que un ano despois da primeira vaga chegamos no noso país a unha mortalidade diaria media de 488 persoas por día, e malia estar baixando o número de infectados, as cifras a 19 de febreiro seguían sendo moi altas: 17.000 cada día.

Estamos dispostos a asumir cifras desse tenor?  A resposta é obvia: si, primeiro porque sabemos que irán descendendo e as medias diarias baixarán en ambos os casos (alivio=relaxación), pero ollo, porque xa alcanzamos ese nivel de información no que malia tratarse de cifras alarmantes, agora vémolas normais. Como médico, recordo cando falar de superar a cifra de mortos anual da gripe coa covid2, era case un deixamento  que raiaba no delito (16.000 por gripe un ano malo, e foron 67.000 por Covid entre febreiro 2020 e febreiro de 2021). Ou que a famosa Incidencia a 14 días (casos de persoas infectadas por cada 100.000 habitantes en 14 días ) se considerase de risco alto en 150/100.000 e extremo en 250/100.000, que por algo Alemaña ou Francia baixaban a medición a 80 e 150 por 100.000, respectivamente.

Sempre hai xente preocupada, pero acaso non sentimos alegría cando oímos en TV que baixamos a 400 por 100.000 ? É precisamente esta alegría e este a maneira de Síndrome de Estocolmo o que me permite a min e a moitos colegas de Saúde Pública responder ao título deste artigo: si, haberá cuarta onda. Achégase a Semana Santa, mellorará o tempo e será apetecible saír de fin de semana. Haberá presión política, social e económica, e tamén sucede que estamos cansos e necesitamos expresar afecto e sentirnos libres. Porén, como sucedeu nas outras ondas, esta cuarta traerá consecuencias.

 

Como será a cuarta onda?

Somos moitos os profesionais que estamos convencidos da chegada desa cuarta onda. E o noso compromisso é previr os danos que poidera acabar causando. Velaí a razón de estar eu aplicando na redacción destas ideas unha certa intensidade verbal ao respecto. Porque son consciente de que da mesma maneira que ninguén podía prever como, cando e de que maneira se ía desenvolver unha pandemia como a da Covid-2, tampouco ninguén pode prever cal será o seu alcance. É pois necesario que nos preparemos, para nor termos que actuar reactivamente, tal e como fixemos até agora, coas consecuencias xa coñecidas e explicadas.

O  virólogo alemán  Christian  Drosten, o homólogo do noso coñecido Dr. Simón, é un dos que máis fortemente está convencido da pronta chegada desta cuarta onda. Como a maioría dos científicos e médicos de Saúde Pública, ten palabras de preocupación: “ Unha gran cantidade de persoas vanse infectar en pouco tempo. Non teremos 30.000 casos novos ao día, senón ata 100.000. Serán persoas máis novas e por iso con síntomas menos graves, pero as unidades de coidados intensivos encheranse e morrerán moitas persoas”.

Pero moitos tamén opinamos que hai datos para pensar que, se chega esta cuarta onda, e coidamos que chegará, con máis carga esperanzadora. Non só porque vai afectar máis a mozos e mozas de maneira menos grave, senón tamén e moi especialmente porque xa hai unha parte da poboación vacinada e outra con anticorpos naturais, e ao pasar a enfermidade, sexa con síntomas ou sen eles, iso convertirase nun freo para o virus. Os lectores poden recurrir para máis explicacións ao libro Epidemiocracia, do doutor Javier Padilla.

As persoas maiores e as residencias

Quero referirme expresamente á mortalidade de persoas maiores de 70 ou máis anos institucionalizadas en Residencias ou en pisos tutelados, que como todo o mundo sabe son os do sector no que se deu unha maior mortalidade. Así o demostramos un grupo de profesionais pertencentes a unha asociación creada ao efecto –actuarcovid– por varias entidades e diversos profesionais co obxetivo de condicionar a opinión científicamente avaliada e influir nos responsables públicos da Comunidade de Madrid, na súa forma de actuar cos maiores institucionalizados e nas desescaladas. Non se conseguiu por mor da súa maneira xa coñecida de actuar durante a crise (narrar o sucedido ao respecto excede os límites dun artigo coma este).

Pola especial vulnerabilidade de grupo e as patoloxías. asociadas entre os seus compoñentes, definimos a acción do virus neles e nelas non como unha pandemia, pois que ao seren persoas com deterioracións previas de tipo físico, cognitivo e patoloxías crónicas, todo iso sumado aos efectos da pandemia en si, convírteno todo nunha sindemia (relacións de causalidade entre diversos fenómenos que interactúan biolóxica e socialmente, autopotenciándose).

Pois ben, neste grupo é esperable que a dobre dose de vacinación sexa case completa e a brusca baixada da mortalidade, moi rechamante.

 

 

Os imprescindibles rastreadores

Hai que recordar mais unha vez que son imprescindibles as medidas de protección e o control sanitario con  rastreadores -esta vez de verdade- e con capacidade de realizar o seu traballo. Porque nesta pandemia non só é un problema a mortalidade, cando menos ata que a inmunidade de grupo (ou rebaño) poida convertir a Covid-2 nunha enfermidade existente no tempo (probable)  pero con pouco risco de mortalidade, mellorando os tratamentos. Non habemos de esquecer tamén que varias investigacións (pendientes de revisión por pares) amosan que persoas coa Covid-2 de longa duración podem ter um 32% de dano cardíaco leve, um 33% nos pulmóns, un 12% en riles e dano  multiorgánico no 25%, e todo iso en pacientes con idade media de 44 anos (Franves Williams,  Kings  College,  London).

Europa preferiu a mitigación de danos como método para a desescalada e o comportamento social, o que quere dicir que a economía, o social e o familiar están case no mesmo nivel de influencia que a saúde. Outros países, sem embargo, como é o caso de Australia, Nova Zelandia,  Singapoure ou Asia do sur decidiron optar polo supresionismo da  Covid-2 a datos moi baixos, con peches intensos, aínda que curtos (Australia, de 5 días) e máximo de 14 en Nova Zelandia. Suprimir o vírus como desenvolvemento comunitario, quérese dicir, controlar a súa evolución por brotes e os seus contactos directos baixando ata menos  80/100.000 en 14  días.

Os estudos preliminares indican que a actuación supresionista dana menos a economía familiar, hostalería e comercio. Pero hai que esperar a que estudos das diferentes formas de abordar a pandemia sexan comparables.

Quédanos loitar, pero conseguirémolo. Saúde.


Rafael Alberto González García é Médico Bioquímica e  Microbiología, Máster en Saúde Pública, Máster en  Administracción Sanitaria.

[td_block_7 f_header_font_transform=”uppercase” ajax_pagination=”next_prev” sort=”” category_id=”” custom_title=”Novidades”]