Venres 22, Setembro 2023
HomeOutrosCONVOCADO O III PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

CONVOCADO O III PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

Co obxectivo de honrar o legado do escritor e contribuir á promoción xornalística en galego, o Concello de Fornelos vén de convocar a terceira edición do premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas que o desexen. Cada participante deberá facelo cun único artigo que deberá ser inédito e estar escrito en galego e redactado en estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social.

Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 450 e 600 palabras, aproximadamente). O prazo de presentación rematará o día 31 de agosto de 2019. A dotación do premio, único e indivisible, será de 1.000 euros. Pódense consultar as bases no páxina web do Concello de Fornelos de Montes.

_______