AVISO IMPORTANTE
Debido ao retraso na recepción da revista TEMPOS por parte de subscritores e subscritoras, puxémonos en contacto co servizo de Correos para preguntar polo motivo do mesmo, indicandosenos que era debido a unha xornada de folga convocada para o día 4 de maio.
Pasados varios días nos que a situación non mudaba, contactamos novamente co servizo postal para averiguar o verdadeiro motivo deste retraso. Segundo nos recoñeceron na tarde do pasado mércores os responsabeis do centro de distribución de Correos y Telégrafos de Lavacolla, os exemplares quedaron involuntariamente ocultos debaixo doutros envíos, polo que non chegou a saír de alí exemplar ningún. Aseguráronnos nese momento que os exemplares seguirían o seu curso ordinario de forma inmediata, pero advertíndonos de que o venres 15 hai programado un paro dos traballadores, o que pode afectar máis aínda á chegada aos puntos de destino.
Trátase dun erro incomprensíbel, álleo á nosa responsabilidade, polo que unha vez máis pedimos disculpas aos nosos subscritores e subscritoras. Poñeremos en marcha as medidas necesarias para mellorar a distribución e para situar os exemplares nos seus destinos no tempo que lles corresponde.