Abadía de San Campio 2015 recibiu a Medalla de Ouro no Challenge International du Vin, recentemente celebrado en Burdeos. É a 3ª ocasión na que o monovarietal de Albariño de Terras Gauda, único viño da adega que se presenta a concursos, é recoñecido co máximo galardón deste prestixioso certame.
Case 5.000 vinos de 38 países participaron no Challenge International du Vin, que nesta edición chegou ó 40º aniversario converténdose así no de maior antigüidade. 700 profesionais do sector vitivinícola procedentes de todo o mundo foron os encargados de realizar as catas e valorar os viños.
A añada 2015 saiu ó mercado no mes de febreiro e vaise comercializar en 58 países de todo o mundo. Abadía de San Campio elabórase con Albariño procedente dos viñedos de maior altitude, con menor humidade, máis frescos e con maior diferenza de temperatura entre o día e a noite, o que favorece un madurecemento máis lento, ofrecendo unha variedade moi fresca, de grande intensidade aromática, con maior acidez e suavidade en boca.
ALIMENTARIA
O Grupo Terras Gauda estivo presente no Salón Internacional de Alimentación y Bebidas ALIMENTARIA, celebrado en Barcelona o pasado mes de abril onde deu a coñecer as novas añadas dos viños das súas tres adegas: Terras Gauda, Bodegas Pittacum y Quinta Sardonia.