Co ditame de proposición de lei aprobado, e a falta de sexa remitido ó pleno da Cámara, estes son algúns dos cambios que introduce a reforma de lei dos Medios Audiovisuais.
-Establece que antes de seis meses deberá nomearse o Director da CRTVG cunha maioría de dous terzos nunha primeira votación e tres quintos na segunda volta. De non chegar a un acordo, na seguinte sesión plenaria abondaría cunha maioría simple.
-O Consello de Administración pasa de 12 a 6 integrantes, escollidos polo Parlamento e que non poderán ser cargos políticos nin sindicais.
-Déixase a porta aberta a outras linguas distintas do galego nas emisións da CRTVG
-Dáse entrada á participación do capital privado na prestación de función da CRTVG e facilítase a externalización da produción.