Luns 4, Decembro 2023
HomeOutrosTEMPOS NOVOS Nº 266 · XULLO 2019

TEMPOS NOVOS Nº 266 · XULLO 2019

en destaque

A XUSTIZA EN ESPAÑA

É posíbel que, hogano, unha das palabras cuxo significado provoca máis desavinzas sexa a de democracia. Baixo ese significante chegan a incluírse modelos contrapostos, aínda que quizais sexa factíbel tirar algún punto en común. Por exemplo, parece razoábel pensar que as tradicións republicana e liberal poderían concordar en que as institucións públicas deban estar investidas dunha lexitimidade democrática. Isto é ben claro para o poder lexislativo e executivo, cuxos membros son elixidos por sufraxio directo ou indirecto por un tempo limitado, e se achan suxeitos a responsabilidade política. Pero que acontece co poder xudicial? Neste artigo preguntámonos pola lexitimidade do poder xudicial español e, moi en especial, do órgano superior deste, o Tribunal Supremo, nun momento no que o sistema xudicial está ateigado de delicadísimas encomendas que provocan que a sociedade volva esculcalo con severidade. Por David Soto

en foco

O SUDOKU POLÍTICO COMPLÍCASE

Pasou o día, pero non pasou a romaría. Hoxe, 22 de xuño, case un mes despois das eleccións municipais e autonómicas do 26 de maio, cos concellos xa constituídos pero con gobernos autonómicos por decidir, o escenario político segue moi complicado, sobre todo no que atinxe á cuestión maior: a formación dunha maioría parlamentaria no Congreso dos Deputados que non só permita unha investidura senón que sosteña un goberno minimamente viable e estable. Por Justo Beramendi

CON CONTINUÍSMOMOU SÓ RELEVO, REINARÁ A ORDE

Aínda coas resacas electorais de abril e maio en dixestión, a paisaxe política reverdece en Galicia a un ano e pico vista das eleccións para as que Núñez Feijóo e o PP, en horas baixas, se puxeron xa en ruta. Na oposición producíronse novidades, en positivo e negativo, que convidan a revalorizar e definir en termos de alternativa o desafío que temen en Monte Pío. Un dos máis lúcidos analistas políticos, colaborador habitual de TN, fai unha primeira achega descritiva e valorativa da paisaxe política que os últimos comicios deixaron ao descuberto, co PP e o PSdeG como protagonistas. Nunha segunda entrega, Manuel M. Barreiro abordará o espazo e o papel de forzas que, como as nacionalistas, tentan revalidar a súa posición fronte ao bipartidismo. Por Manuel M. Barreiro

  ESPECIAL CONDADO  

Unha achega histórica, urbanística e vitivinícola ás terras do Condado que, como ben se subliña nun dos textos que lle dan corpo, forma parte da franxa atlántica, con resultados ben diferentes a unha e outra beira da fronteirado Miño, esa puñalada psicolóxica persistente. Coas colaboracións de Carlos Méixome, Xosé Carballido Presas e Xosé Constenla Vega

crónica

BUTÁN, A TERRA DO DRAGÓN. Por Moncho Iglesias Míguez

entrevista

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES, alcalde de Pontevedra. Por Luís Villamor

Protexta

Conversa con Gonzalo Hermo

Libros do mes: narrativa, ensaio, traducción, poesía.

Masa Crítica

Música, banda deseñada, arte, cinema, serie documental.

E as nosas seccións habituais: Vidas wassap, enREDadxs, Argumenta, Natureza insólita, Gabinete de curiosidades, Corpos e almas, Boi de canto, Todo é peixe, E digo eu…, A velas vir.

Todo isto e máis no número de xullo de TEMPOS NOVOS.

Pide o teu exemplar aquí