Domingo 25, Xullo 2021
HomeOutrosA GALICIA DA POSTCOVID, A DEBATE EN OUTES

A GALICIA DA POSTCOVID, A DEBATE EN OUTES

CONSULTAR PROGRAMA EN PDF

A revista TEMPOS NOVOS e o Concello de Outes organizan a xornada Perspectivas e prospectivas da Galicia postcovid, que se celebrará o vindeiro sábado día 17 de xullo, no Naútico do Freixo (Outes).

A xornada abrirase ás 10:00 horas coa presentación das xornadas a cargo do alcalde de Outes, Manuel González-López e de Luís Álvarez Pousa, director de TEMPOS NOVOS.

Marcos Lorenzo, investigador cultural e ensaísta, será o encargado de dar a primeira conferencia/coloquio a partir das 10:30 horas, e versará sobre A cultura e o estado anímico da poboación galega.

Ás 12:00 dará comezo unha mesa social baixo o título Os efectos sociais da pandemia. E agora que? Contará coa participación de Carme Adán, profesora e filósofa; Miguel Vázquez Freire, profesor e escritor; Manuel Martín, médico e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública; Silvia Sanjurjo, traballadora social; Miguel Anxo García, psicólogo clínico e membro do Movemento Galego da Saúde Mental; Francisco Vázquez Vizoso, médico epidemiólogo e membro do Movemento galego en defensa das Pensións e os Servizos Públicos.

Xa pola tarde, o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xosé Carlos Arias, impartirá a segunda das conferencias programadas baixo o título Economía e política para o tempo da postcovid.

O peche da xornada estará protagonizado por unha mesa política baixo o título As políticas públicas ao servizo dunha cidadanía proactiva, na que participarán  Xaime Subiela, politólogo e membro do gabinete da Vicepresidencia Terceira do Goberno de España; Patricia Vilán, avogada e ex voceira Parlamentaria do PSdeG-PSOE; Goretti Sanmartín, concelleira e portavoz do G.M. do BNG de Santiago e profesora na UDC; Manuel González-López, alcalde de Outes e profesor da USC; Antonio Acevedo Prado, Director Xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Xuntade Galicia.

As xornadas estarán abertas ao público xeral, sendo preciso inscribirse debido ás limitacións de aforo impostas pola Covid-19. As prazas dispoñibles asignaranse por estrita orde de recepción de solicitudes.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN              PROGRAMA EN PDF


 

 

[td_block_7 f_header_font_transform=”uppercase” ajax_pagination=”next_prev” sort=”” category_id=”” custom_title=”Novidades”]