Domingo 1, Outubro 2023
HomeOpiniónE ti, de quen ves sendo?

E ti, de quen ves sendo?

Xosé Febrero

Novamente estamos sumersos nunha nova convocatoria electoral. Sempre non din que son importantes, e esta vez, os distintos partidos que esta é moito máis importante dado que do seu resultado dependerá qué estratexia daremos como sociedade para saír desta situación de crise, económica e existencial.

Tradicionalmente, as ofertas electorais coas que se topaban os electores galegos eran tres, o Partido Popular (PP), o Partido Socialista de Galicia (PSdG) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG). A estas opcións, había que sumar outras que tiveron un moderado éxito como fora no seu día Converxencia Galega, ou outros partidos galeguistas moderados, que tiveran unha implantación territorialmente limitada como Terra Galega, ou os distintos partidos que compartillaban o apelido Galeguista, e nos últimos anos a Converxencia XXI (CXXI), que se presenta como un partido galeguista, e ideoloxicamente situado dentro da corrente do liberalismo europeo.

Nestas eleccións as posibilidades de escolla incrementáronse, fundamentalmente debido á aparición de dous novos partidos que teñen a súa orixe no proceso de descomposición do BNG, do que se esgazaron dúas correntes internas. De Máis Galiza, patrocinada polo empresario Rafael Cuíña xurdiu o que hoxe é Compromiso por Galicia (CXG), e da corrente interna do BNG coñecida polos Os Irmandiños e liderada por Xosé Manuel Beiras, xurdiu ANOVA, hoxe en coalición electoral con Esquerda Unida, baixo as siglas de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Tamén son novas propostas electorais, a formación de Rosa Díaz, Unión, Progreso y Democracia (UPyD), a formación de Mario Conde Sociedad Civil y Democracia (SCyD), Unificación Comunista de España (UCE), e a Falange Española y las JONS, e o Centro Democrático Liberal (CDL), partido fundado no 2006, oposto á integración dentro do PP do Centro Democrático e Social, aquel partido fundado por Adolfo Suárez.

A efectos de clarificar as distintas propostas electorais, podemos clasificar as distintas propostas nun eixo Esquerda – Dereita, pero coas limitacións que presupón unha clasificación tan simplista.

Efectivamente, cualifícanse de Esquerdas, propostas que van dende a Socialdemocracia, praxis tradicional dos partidos de esquerda na Europa da segunda metade do século XX, que combinaba unha economía capitalista, con unha política intervencionista a prol da igualdade económica. Estas correntes nos últimos tempos tamén son chamadas Progresistas, ao facer fincapé en políticas intervencionistas en igualdade de xénero, de tipo ou sensibilidade ecoloxista, (p.ex. de oposición a enerxías nucleares). Estás políticas, compatibles con democracias de tipo occidental, conviven con sensibilidades máis nidiamente marxistas, con propostas baseadas no que se entendeu como Marxismo Real, xa incompatibeis con democracias occidentais, como a dos antigos países do Pacto de Varsovia, ou hoxe, en Cuba, Venezuela, Ecuador ou Corea do Norte.

E cualifícanse de Dereitas, propostas moi distintas entre si, que se engloban en distintas familias ideolóxicas.

En primeiro lugar temos o Liberalismo, políticas que fan fincapé na liberdade individual, e no recelo que produce o Poder, e por tanto nas medidas de control deste. Son políticas pouco intervencionistas no económico e moi avanzadas no social.

A proposta que fai a Democracia cristián, son políticas inspiradas na chamada doutrina social da Igrexa Católica, profundamente intervencionistas no económico, e moi conservadoras no social; e por último políticas cualificadas como Conservadoras, caracterizadas por ser posibilistas, e regresivas no ecolóxico e no social, e partidarias dun Estado forte.

Esquerda +Galeguismo 

 

 

Dereita +Galeguismo
Esquerda +Españolismo 

 

 

Dereita +Españolismo

En realidade, o termo Conservador oponse a Progresista; a Democracia cristián e a Social Democracia son apenas facetas da mesma política intervencionista, e o termo Liberalismo oponse a Intervencionismo ou Estatismo, ideoloxía que propugna a supremacía do Poder Político como conductor da Sociedade civil.

Pero asumindo a inevitable simplificación do Eixo Dereita-Esquerda, en Galicia temos outro Eixo na que se posicionan as forzas políticas e que ven dado pola relación que as distintas forzas políticas lle dan á idea de Galicia respecto de España. Vamos a chamar a ese Eixo Galeguismo-Españolismo.

No eixo correspondente ao Españolismo temos distintos posicionamentos poden ir dende posturas extremadamente centralistas, partidarias da abolición das Autonomías, e partidarias da absoluta supremacía da lingua castelán en Galicia e dos símbolos do Estado en detrimento dos nosos símbolos nacionais, como SCyD de Mario Conde, hasta posturas como as de UPyD, que sen pretender a abolición das autonomías, propugna unha devolución de competencias ao Estado central, e unha armonización do proceso autonómico, ou posturas como as do PP, e as do PSOE que formalmente amosan o seu acordo co actual status quo, anque as mensaxes que lanzan sexan máis centralistas no caso do PP, e a súa praxe política sexa contraria a un desenvolvemento pleno da cultura galega.

No eixo correspondente ao Galeguismo temos partidos como CXXI, que se define como galeguista, e reúne distintas sensibilidades respecto á cuestión nacional, postura que tamén parece compartir CXG. Outras sensibilidades como o Partido da Terra (PT) apostan por unha confluencia con Portugal, e o BNG e AGE fan una apostan pola soberanía como vieiro para chegar á independencia.

Por tanto, e simplemente a efecto de clarificación podemos concibir unha cualificación dobre outorgándolle a cada partido unha puntuación en función de como se autodefine nese Eixo Dereita-Esquerda, e en función de como se autodefine no Eixo máis nacionalista galego ou máis estatalista, ou nacionalista español.

A táboa resultante sería a seguinte:

 

Gal-Esp Der-Esqu.
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS 7 -8
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO 8 -7
COMPROMISO POR GALICIA 6 -4
CONVERXENCIA VINTEÚN 7 4
PARTIDO DA TERRA 9 -6
PARTIDO POPULAR -5 7
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL -3 -4
UNIFICACIÓN COMUNISTA DE ESPAÑA -4 -8
UNIÓN PROGRESO Y DEMOCRACIA -7 -3
SOCIEDAD CIVIL Y DEMOCRACIA -9 9

Na columna ‘Gal-Esp’ atribúese unha puntuación de -10 hasta 10, na que -10 sería a postura máis proespañolista posible e a +10 a postura máis progaleguista posible.

Na columna ‘Der-Esqu’ atribúese unha puntuación de -10 hasta 10, na que -10 sería a postura máis esquerdista, e na que o +10 a postura dereitista máis extrema.

Por tanto, poderíamos debuxar un esquema en 4 cadrantes: Na metade da esquerda estarían os Partidos de Esquerda, na metade da dereira estarían os Partidos de Dereita (anque eles non se cualifiquen así).

Agora so falta que, como se preguntaba nas festas da miña aldea cando ías a bailar cunha moza que non coñecías, “e tí, ¿de quén ves sendo?”. Agora xa so falta que cada un de nos nos recoñezamos en quén somos, e qué queremos para este País.

Si es galeguista (soberanista, nacionalista, ou autonomista) e de esquerdas, tes como opcións o BNG, a AGE, e como opción máis moderada, a de CXG.

Se es de esquerdas (comunista, socialista, ou socialdemócrata) e internacionalista, ou a túa referencia principal é España, tes como opcións o PSOE, UPyD, ou Unificación Comunista de España.

Se es de dereitas (Liberal, democratacristián ou Conservador) e españolista, a túa opción é o PP, ou o novo partido de Mario Conde, Sociedad Civil y Democracia.

E por último, se es liberal e galeguista, a única opción é Converxencia XXI.