A fronte republicana que pasado día 7 gañou as eleccións en Francia é en realidade unha coalición electoral que foi posible grazas ao xogo das retiradas. Os franceses detiveron en seco a escalada de votantes que lle dera folgos á extrema dereita de Le Pen na primeira volta. Coa esquerda á cabeza, a cuestión aberta hoxe é como traducir isto nunha coalición política que sexa quen de constituirse como tal na Asemblea. Despexar esa incógnita é crucial para sabermos as alternativas de goberno ás que terá que enfrontarse o presidente Macron cando decida escoller o novo primeiro ministro.