Desde 2005, a autonomía do PPdeG como partido modulouse en función das ambicións, inapetencias e caprichos políticos de Feijóo. En ocasións, como o seu feudo patrimonial. Noutras, como un acomodo pasivo.
Desde 2005, a autonomía do PPdeG como partido modulouse en función das ambicións, inapetencias e caprichos políticos de Feijóo. En ocasións, como o seu feudo patrimonial. Noutras, como un acomodo pasivo.
A maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento de Galicia garántelle ao Executivo de Alfonso Rueda a indolora aprobación dos Orzamentos de 2026. E o uso arbitrario da Lei de acompañamento dos presupostos para afrouxar controis sobre o labor gobernamental.
Cómpre preguntarse cal é o principio activo da política do Partido Popular. O inmobilismo? O conservadorismo? O (neo)liberalismo autoritario?
Os incendios de sexta xeración, que padeceron Galicia, Castela e León, Estremadura e o norte de Portugal, non son unha novidade de 2025; manifestáronse xa con toda a súa virulencia en 2017 en Pedrógrão Grande e en 2022 na serra da Culebra.
O segundo goberno da Coalición Progresista esteouse nun bloque de investidura que acolleu desde as posicións liberal-conservadoras de Junts e Coalición Canaria até a esquerda soberanista de ERC, Bildu e BNG. Non é un bloque de investidura da esquerda, é por iso un mal menor?
Un novo Pacto de San Sebastián
Hai case cen anos, en 1930, o Pacto de San Sebastián fixo posible a converxencia dos partidos republicanos e a democracia. Hoxe é precisa unha alianza capaz de mancomunar forzas en favor dunha democracia forte, solidaria e radicalmente igualitaria, popular e ao servizo da cidadanía social e economicamente máis desfavorecida.
A placenta do golpe
Abril, o mes máis cruel no que se mestura desexo e memoria, despediuse co colapso eléctrico do 28A. Un acontecemento crítico que Claudio Lisi e Michele Empler resumiron en Agenda pública: «Nun instante a vida moderna detívose: semáforos apagados, transportes públicos...
O litoral. Zona de intereses, zona de conflito
O obxectivo da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (LOLGA) non é outro que o da Lei de aproveitamento eólico ou a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia: extractivismo, depredación dos bens comúns, redución dos controis ambientais e aumento da discrecionalidade ao servizo dos intereses e lucro empresarial.
A oposición na gaiola de Faraday
Devagar, o PPdeG están logrando asentar marcos interpretativos que erosionan fortemente a lexitimidade do Parlamento como espazo de recoñecemento da pluralidade política, deprecian a súa función lexislativa e limitan o labor da oposición.
Guiar e seducir. Medios para o poder
A tormenta perfecta que varreu os medios galegos a partir de 2009 achantou o camiño para un novo formatado conservador da mediaesfera galega.