A danza contemporánea, que crea movemento e forma, non se dá na nada, dáse nun contexto e nun ecosistema. Pero na meirande parte das ocasións vese inconscientemente manipulada por tendencias estéticas globais e pola colonización do que dita o mercado.
Masa Crítica
O retorno da banda Fogbound
Dentro da corrente do xa moi minoritario rock psiquedélico, xénero musical xurdido a mediados da década de 1960 entre os Estados Unidos de América e o Reino Unido, contémplanse numerosas ramificacións aínda menos recoñecidas, entre as que podemos destacar o...
O triángulo da tristura
Os termos nos que aparentemente está formulada esta película poden parecer maximalistas e radicais, pero a súa esencia non ten nada diso. Existe unha sátira dunha serie de colectivos, como os inmensamente ricos, os oligarcas rusos, os traficantes de armas, os modelos de pasarela... Existe tamén sátira de técnicas socialmente rampantes, coma o fomento da productividade. Pero non confundamos!, a sátira de Östlund podería dirixirse a calquera outro grupo.
“As bestas”, un ensaio sobre a maldade
Calidade e dureza son cualidades que reúne esta película. Calidade no corazón de Antoine, calidade na paisaxe. Dureza, evidente, no argumento. Calidade e Dureza, sempre. Calidade e dureza de nós. Calidade e dureza de literatura nacional e patriótica. Calidade de Liberación Nacional. Dureza de Liberación Social.