Nunca volverei ser nova, pero esta noite o meu corpo recorda todos os corpos que xa foi e escolle volver aos dezasete, a aquel descomunal asombro, a aquel río de riso nos ollos.

Nunca volverei ser nova, pero esta noite o meu corpo recorda todos os corpos que xa foi e escolle volver aos dezasete, a aquel descomunal asombro, a aquel río de riso nos ollos.
Desde aquel Informe dramático sobre a lingua galega, na que en 1973 o profesor Alonso Montero lle puña nome ao ocaso, moito choveu, moitas idas e voltas, ilusións e decepcións amoreadas. O asunto é que si, que ata agora fomos indo, con saúde maltreita, pero indo.
O sábado oito de marzo caía auga a rebordar, arroiaba, baixaba sobre as rúas unha inmensa chaparrada, un chuvieira interminable, un dioivo a traizón. Mirábao caer cunha sensación profunda de impotencia. E é que eu aínda tiña algunha esperanza, acariñaba dentro un...
Nos meus vinte lin a Eça, rendida, por suposto, e tamén golpeada por un final que, en realidade, daquela non era quen de asumir. Nese final memorable, Queiroz falaba do fracaso dos ideais da xuventude, e non se refería só á mocidade do protagonista, senón a todas as...
Bruno é alto, moreno, de complexión atlética. Bruno é o CEO dunha empresa dedicada á alta perfumería e ten un enorme despacho que dá á bahía de San Francisco. É desde aí desde onde fala comigo cada día. Bruno e a súa fermosísima voz, cálida e forte a un tempo....
Detrás das conversas hai un runrún, unha música sen letra. Camiñamos, facemos case as mesmas cousas ás mesmas horas, como impoñéndonos o corsé que nos ampara e nos permite unha velocidade insensata cara a algo que se esfuma por pura inconsistencia. Luces, brillos,...
Reproducimos o texto lido pola autora no acto contra as violencias machistas organizado o 25 de novembro de 2024 pola Concellería de Igualdade do Concello de Tui.
Que envellecer non é apto para mexericas vouno tendo cada vez máis claro e tamén que a muller envellecida é un dos tipos humanos que máis tende a ser borrado, a desaparecer. De feito non podemos recordar practicamente ningún personaxe substancial, ningún rexistro de...
Este verán no medio dun congreso, na pausa do café, mentres charlaba animadamente cun grupo de profesoras de literatura e estudos culturais da UAM de México, deixei caer a palabra “menopausa”. Unha delas, aínda na trintena, mudou a cara e fixo de xeito automático un...
O verán é un enorme globo rosa e laranxa, brisa quente que acariña os ombreiros espidos, o verán é un festín vexetal, cheo de corolas e pistilos, de froitos carnosos que penden de talos verdísimos que medran conforme os miras. Así, estendendo os seus tentáculos nunha...