Un amplo informe sobre a situación actual do libro galego no que contamos con algunhas das voces máis autorizadas do sector editorial galego que achegan testemuños dun panorama desafiante.

Un amplo informe sobre a situación actual do libro galego no que contamos con algunhas das voces máis autorizadas do sector editorial galego que achegan testemuños dun panorama desafiante.
Libreiros e libreiras reivindican o seu papel como axentes de promoción do libro galego. Coñecen ben, desde a súa posición dentro da cadea comercial do libro, cales son os problemas que enfronta o sector. Non agochan a súa responsabilidade na situación actual, pero saben que son unha parte imprescindible da solución.
O mercado do libro galego é o 8% do mercado do libro en Galicia. É dicir, que de cada 100 persoas que entran nunha libraría, só 8 elixen, para ler no seu tempo libre, un libro galego. Esta cifra aumentaría ata o 15% se incluímos as lecturas que veñen recomendadas ou prescritas nos centros educativos, e os libros de material educativo. Pero, no que no sector denominan “compra espontánea» é, en galego, dun ínfimo 8%.
Cesáreo Sánchez é o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un colectivo inescusable á hora de analizar a situación do libro galego. Nesta conversa repasa a situación da edición, que non pode desligarse da da lingua.
Unha radiografía do estado da máis veterana industria cultural en lingua galega, que continúa reclamando a recuperación do seu carácter estratéxico, recoñecido pola Lei do Libro e a Lectura de 2006.