Nunha sociedade avellentada como a galega, as cifras de atención á dependencia deixan entrever a cativeza da rede que os poderes públicos deberan ter tecido para cubrir todo o territorio e ofrecer unha vida digna a toda a cidadanía independentemente da súa condición física ou mental. A Xunta presume de que o seu plan de axilización resolveu no primeiro terzo deste ano 32.000 solicitudes, pero as asociacións e entidades do sector fan unha lectura moi distinta do que está a acontecer.
No presente informe, damos voz a representantes da ASGADeD (Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade), como Carmen Rodríguez Argüelles, Xosé Bermúdez e Mónica Rodríguez Palacio. Tamén contamos coas análises de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e da deputada do Bloque Nacionalista Galego, Olalla Rodil, para comprender a realidade tanto dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional como dende o da resposta institucional e administrativa ao crecente reto da dependencia.
· Eu decido, por COGAMI
· Darlle vida aos anos, por Olalla Rodil
· Entre a beneficiencia e a propaganda, por Manoel Barn¡beitos e a participación de Xosé Bermúdez, Carmen Rodríguez Argüelles e Mónica Rodríguez Palacios.





