Un informe para comprender a realidade do crecente reto da atención á dependencia, tanto dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional como dende o da resposta institucional e administrativa.

A capacidade de decisión das persoas con discapacidade está condicionada polas barreiras físicas da contorna e polas barreiras mentais das nosas familias, amizades, clase política… en definitiva, pola sociedade na que vivimos.
Segundo a Xunta de Galicia, hai 1.500 persoas esperando sen ningunha outra prestación por unha praza de residencia á que teñen dereito recoñecido. Ademais, outras 6.754 reciben unha axuda económica para pagar unha praza na privada porque non hai ningunha pública á que poidan acceder.
A atención á discapacidade e a dependencia, entre a beneficiencia e a propaganda
Os representantes da ASGADeD (Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade) Carmen Rodríguez Argüelles, Xosé Bermúdez e Mónica Rodríguez Palacio falan da situación da atención á dependencia e á discapacidade.