A edición 2023 do Regional Innovation Scorecard ofrece unha avaliación comparativa da investigación e a innovación a escala rexional europea.
Os territorios categorízanse en catro grupos en función da súa capacidade e desempeño innovador: innovadores líderes (36 rexións), innovadores fortes (70 rexións), innovadores moderados (69 rexións) e innovadores emerxentes (64 rexións).
Galicia é, segundo o último Regional Innovation Scorecard publicado, un territorio “innovador moderado” e ocupa a discreta posición 154 sobre un total de 239 rexións europeas.
Os resultados da innovación rexional mídense mediante un indicador composto, o Índice de Innovación Rexional (IIR), que resume os resultados de 21 indicadores, agrupados en catro dimensións de condicións marco, investimentos, actividades de innovación e impactos.
Os datos do RIS 2023 confirman que a capacidade innovadora está moi concentrada. A maioría dos líderes rexionais en innovación pertencen a países identificados como líderes en innovación ou como fortemente innovadores. A rexión máis innovadora da UE en 2023 foi Hovedstaden en Dinamarca, seguida de Helsinqui-Uusimaa en Finlandia, Oberbayern en Alemaña e Estocolmo en Suecia. Con todo, poden identificarse “bolsas de excelencia” rexionais en varios países innovadores moderados, como o caso do País Vasco en España.
Dos 21 indicadores analizados, Galicia ten un desempeño superior á media europea en seis deles. Nos 15 indicadores restantes, está por debaixo da media. É urxente que aceleremos. Precisamos un plan de choque para acurtar distancias coas rexións máis innovadoras de Europa.
Dos vinte e un indicadores analizados, Galicia ten un desempeño superior á media europea en seis deles. Son, en orde decrecente, o de persoas con competencias dixitais superiores ás básicas; poboación de 25 a 64 anos que participa na aprendizaxe permanente; poboación entre 25 e 34 anos que completara unha formación superior á secundaria; emisións de partículas á atmósfera na industria; número de publicacións de investigación con coautoría público-privada e vendas de produtos innovadores nas PEMES. Nos 15 indicadores restantes, estamos por debaixo da media europea.
É urxente que aceleremos. Precisamos un plan de choque para acurtar distancias coas rexións máis innovadoras de Europa.
Conectar a I+D coa Innovación
Necesitamos multiplicar o investimento en I+D tanto no sector público como no privado. O actual esforzo inversor galego do 1,08% de gasto en I+D sobre o PIB segue un 50% por debaixo da media europea e moi lonxe do 4,58% da rexión danesa de Hovedstaden ou o 3,65% de Helsinqui-Uusimaa.
Mais sendo o investimento en I+D un factor necesario, non garante por si só a xeración de riqueza. E aínda que Galicia multiplicase o seu gasto en I+D, non implicaría directamente un impacto en termos de prosperidade, xa que a relación entre a I+D e a innovación non é simétrica. Nin a I+D ten unha relación directa coa innovación, nin a innovación coa I+D.
A I+D é unha actividade que transforma o investimento de recursos e talento en xeración de coñecemento e tecnoloxía, sen que necesariamente dea lugar a unha aplicación concreta. A innovación é un suceso e, para que sexa innovación, require aplicación, isto é, ten que que xerar un resultado en forma dun novo ou mellorado produto, servizo ou proceso.
As spinoffs da Universidade de Santiago (USC) Libera Bio e Oncostellae, empresas biotecnolóxicas especializadas en tratamentos anticanceríxenos de precisión, que se atopan en fases preclínica e clínica respectivamente, son dous exemplos con potencial de éxito.
Unha empresa pode estar facendo un importante investimento en I+D e non obter resultados económicos do produto resultante ata pasado un tempo. Isto pode ter que ver co sector no que a empresa oper,a como sucede no sector biofarmacéutico, no que o período que transcorre desde que se produce un achado científico prometedor ata a comercialización do resultado da investigación é duns 10 a 15 anos. As spinoffs da USC Libera Bio e Oncostellae, empresas biotecnolóxicas especializadas en tratamentos anticanceríxenos de precisión, que se atopan en fases preclínica e clínica respectivamente, son dous exemplos con potencial de éxito.
Hai casos coñecidos de empresas que fixeron enormes investimentos en I+D que fracasaron, ou desenvolveron tecnoloxías que xamais chegaron a implementarse, por non ter interpretado correctamente o futuro -Kodak e a fotografía dixital-, por terse anticipado en exceso -Xerox e a interface gráfica de usuario e o rato-, ou por falta dunha contorna regulatoria propicia -Segway e a micromobilidade urbana-.
Tamén pasa á inversa. Inditex, sen destacar pola súa intensidade de gasto en I+D, é unha das empresas máis innovadoras a nivel global, tanto que transformou radicalmente o sector da moda e é referente en materia de innovación loxística, de experiencia de cliente e de tecnoloxía de información e comunicación para a industria en xeral.
En definitiva, nin gastar en I+D garante que se produza unha innovación, nin ser unha empresa innovadora require sempre dun gasto elevado en I+D.
Conectar a I+D coa industria
Se a I+D fosen os dados nun xogo de estratexia onde a innovación é o obxectivo, no taboleiro de xogo debe haber fichas industriais ou a innovación non sucederá. Cantas máis veces xoguemos, teremos máis posibilidades de mobilizar as fichas, pero se non hai fichas ou non foramos quen de movelas, o xogo non avanzará. Se a I+D se conecta coa industria, a industria innovará. E, na medida en que a industria innove, buscará na I+D o coñecemento e a tecnoloxía que lle falta para seguir innovando. Isto xa sucede en Galicia en empresas de perfil tecnolóxico e innovador que ademais son intensivas en I+D, como é o caso, entre outras, de Televés -sector das telecomunicacións-, Mestrelab -produción de software para os sectores químico farmacéutico- ou Centum -sector aeronáutico-.
Na medida en que a industria innove, buscará na I+D o coñecemento e a tecnoloxía que lle falta para seguir innovando. Isto xa sucede, entre outras, en empresas como Televés -sector das telecomunicacións-, Mestrelab -produción de software para o sector químico farmacéutico- ou Centum -sector aeronáutico-.
A innovación azul, tal e como a define o profesor Xavier Ferràs, ten tres características: alta complexidade, alto retorno económico e alto retorno social. Dase na intersección entre a xeración de coñecemento e tecnoloxía avanzadas e a súa aplicación industrial en sectores estratéxicos. Este tipo de innovación organízase en forma de ecosistemas nos que colaboran entre si institutos de investigación, centros tecnolóxicos, startups, grandes empresas tractoras e pemes que ocupan diferentes elos de cadeas de valor sectoriais. Dá lugar a produtos altamente innovadores ou mesmo a industrias ata agora inexistentes. A intelixencia artificial, a biotecnoloxía, os materiais avanzados, as enerxías limpas, os semiconductores ou a computación avanzada son exemplos de tecnoloxías que, conectadas con sectores estratéxicos, poden dar lugar a avances económicos e sociais relevantes e duradeiros.
Galicia conta con capacidades industriais e tecnolóxicas relevantes en sectores estratéxicos consolidados como son os da automoción -agora, de automoción e mobilidade-, o da alimentación ou o da madeira, e dispón de notables capacidades innovadoras e de hibridación con distintas industrias nos sectores da biotecnoloxía e o das tecnoloxías da información e da comunicación. Estase a construír un incipiente sector aeronáutico e de vehículos non tripulados, e fanse significativos esforzos no sector de fabricación de materiais para a construción industrializada e sustentable.
Innovación con impacto
Todo plan que persiga mellorar a prosperidade dun país está e estará directamente vinculada a súa capacidade de innovación e adaptación ás novas necesidades ambientais, sociais e económicas.
Fixar a posición e as prioridades estratéxicas de Galicia respecto dos principais retos que enfrontamos é o primeiro paso. Cambio climático, transformación do modelo enerxético, mobilidade sostible, alimentación saudable, construción industrializada e sustentable, conectividade. Unha vez establecido onde estamos, será preciso determinar a onde queremos chegar e cando imos logralo.
Priorizar os sectores estratéxicos e aquelas capacidades diferenciais de talento, tecnoloxía e recursos onde Galicia ten máis posibilidades de lograr os impactos desexados. Definir un plan a partir das nosas fortalezas industriais e tecnolóxicas é a segunda das condicións. Será máis factible que se consigan avances importantes, por exemplo, combinando o sector da automoción coa intelixencia artificial ou o sector da alimentación coa biotecnoloxía, onde si existe masa crítica, que abordando retos que teñan que ver con sectores e tecnoloxías onde non temos capacidades tan sobresalientes.
Completar e reforzar as cadeas de valor industriais con capacidades tecnolóxicas habilitadoras, tales como a intelixencia artificial, os novos materiais, a biotecnoloxía, a supercomputación ou a economía circular, é outra das claves para manter a competitividade na carreira da evolución tecnolóxica internacional.
Completar e reforzar as cadeas de valor industriais con capacidades tecnolóxicas habilitadoras, tales como a intelixencia artificial, os novos materiais, a biotecnoloxía, a supercomputación ou a economía circular é outra das claves para manter a competitividade na carreira da evolución tecnolóxica internacional.
Os retos transformadores que afrontamos obrigan a repensar a relación entre os distintos axentes que deben involucrarse na súa consecución. Por poñer un exemplo, no sector de automoción, tradicionalmente liderado por empresas fabricantes de vehículos, cobran unha importancia capital as empresas de desenvolvemento de software ou de fabricación de semiconductores. Determinar quen debe liderar o reto da mobilidade -o sector privado ou a colaboración público-privada-, ou onde debe estar o centro de gravidade do ecosistema -nas grandes empresas industriais, nas tecnolóxicas ou en novas empresas que nazan sendo industriais e tecnolóxicas á par-, son cuestións que haberá que valorar.
Por suposto, incrementar substancialmente os fondos públicos e privados que se destinan á I+D e á innovación é condición sine qua non para que o cambio se produza.
O Índice de Innovación Rexional proporciónanos o marco de traballo para os próximos anos se queremos aspirar a converternos nunha rexión europea “innovadora líder” desde a nosa posición actual de “innovadora moderada”.
Debemos asegurar que o resultado das actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico produzan un impacto tanxible na sociedade e na economía. Será o único xeito de xerar prosperidade, escalar a produtividade, crear emprego de calidade, atraer e fixar talento e conseguir un verdadeiro impacto social.
Precisamos multiplicar os esforzos en I+D. Debemos asegurar que o resultado das actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico produzan un impacto tanxible na sociedade e na economía. Será o único xeito de xerar prosperidade, escalar a produtividade, crear emprego de calidade, atraer e fixar talento e conseguir un verdadeiro impacto social.