Ecoloxía
Ecoloxía
Estamos preparados para as chuvias torrenciais?

Estamos preparados para as chuvias torrenciais?

O quecemento dos mares está a intensificar os episodios de chuvias torrenciais, mentres cidades e infraestruturas amosan a súa vulnerabilidade ante un clima cada vez máis extremo. A adaptación require repensar o urbanismo, recuperar a capacidade natural do territorio para absorber a auga e garantir que as alertas se traduzan en respostas eficaces.

A prórroga de Almaraz, con agosto e alevosía

A prórroga de Almaraz, con agosto e alevosía

A prórroga concedida polo Goberno á central nuclear de Almaraz cede ante os intereses das eléctricas e ameaza o calendario de peche do parque nuclear. Unha decisión que compromete millóns de euros en renovables, incrementa a factura eléctrica e enfróntanos ao desafío de afrontar catro peches simultáneos en 2030 mentres a transición ecolóxica queda paralizada.

Pódense previr os incendios ou son un mal endémico?

Pódense previr os incendios ou son un mal endémico?

Cada verán reaparece a mesma pregunta, pero as respostas levan décadas diante de nós: a maioría dos incendios teñen unha orixe humana e non se combaten só con máis medios de extinción. A prevención permanente, a educación, a xestión responsable do territorio e a corresponsabilidade social seguen a ser as ferramentas máis eficaces para protexer o monte.

Renacemento nuclear?

Renacemento nuclear?

O suposto renacemento nuclear contrasta coa realidade dos datos. Altos custos, longos prazos, residuos radioactivos e unha competitividade cada vez menor fronte ás renovables cuestionan o futuro dunha tecnoloxía presentada como solución climática.

O custo da inacción climática

O custo da inacción climática

O cambio climático deixou de ser unha proxección para converterse nunha factura millonaria. Desde a crise do marisqueo nas rías ata os incendios de nova xeración, Galicia enfróntase a unha ameaza sistémica onde a inacción sae moito máis cara que o investimento en adaptación e resiliencia.