Europa tamén se explica desde as súas marxes. Con ese propósito, o podcast Fóra de mapa leva cinco anos achegando en galego historias de pobos, linguas, culturas e conflitos pouco presentes na axenda mediática, demostrando que un proxecto de nicho pode atopar o seu público cando aposta polo rigor e a divulgación.






