Adeus a Virxilio Rodríguez Silva

| Activismo social

Foise sen poder avisar. Repentinamente. Na súa casa familiar de Vigo. Virxilio Rodríguez Silva, que a finais dos anos 60 do século pasado foi un activo na loita por conquistar as liberdades que negaba o franquismo. En Ribadavia conformou daquela o equipo dos tres cregos (el mesmo, Miguel Fernández Grande e Xosé Benito Sieiro) que lle dan cobertura a perseguidos polo réxime, movilizan a mocidade, galeguizan a liturxia, inician procesos de culturalización popular e xeran debate público. Un desafío en toda regra ao establihsment da época. A Asociación Cultural Abrente, e a xa histórica Mostra de Teatro, non terían existido sen ese caldo de cultivo previo. Como homenaxe de despedida, recuperamos en pdf a conversa que publicou a revista TEMPOS NOVOS no seu número 312.

Despois do velatorio (tanatorio de Pereiró), os seus restos serán soterrados na parroquial de San Esteban, en Castrelo de Miño (Ourense).