Luns 2, Outubro 2023
HomeGlobalFrancia e Alemaña, cómplices da corrupción helena

Francia e Alemaña, cómplices da corrupción helena

O vindeiro 23 de abril cumpriranse dous anos da petición de rescate de Grecia á Unión Europea ante a imposibilidade de asumir a súa débeda pública. Unhas semanas despois, o 6 de maio, celebraranse eleccións anticipadas. Sen dúbida, é o momento de que os cidadáns helenos fagan exame de conciencia para non volver a cometer os erros do pasado.

O 98% dos gregos consideran que a corrupción é o principal problema do país, segundo a Axencia Europea de Estatística, Eurostat. A corrupción é un mal sostido polo caciquismo que campa no país desde a restauración da democracia no país heleno no ano 1974. Esa é a principal razón pola que o clan dos Papandreou e os Karanmalis, é dicir, PASOK e Nea Demokratia, altérnanse no poder desde fai 30 anos e todo apunta en que o vindeiro 6 de maio seguirán sendo os partidos máis votados.

Da corrupción non son só responsables os caciques e os seus “clientes”, senon tamén Alemaña e Francia cuxas grandes empresas non dubidaron en subornar durante anos a cargos políticos para obter contratos millonarios.

Os gastos militares

Os casos de corrupción saen a luz pública en tempo de crise e máis coa proximidade dunhas eleccións sempre aparecen novos escándalos. A semana pasada Akis Tsojatzopulos, ministro de Defensa grego do PASOK entre os anos 1996 e 2001, foi detido por recibir supostamente subornos (230 millóns de euros) da compañía alemá Ferrostaal para contratar a fabricación de catro submarinos á empresa HDW por uns 5.000 millóns de euros, o dobre do seu prezo real e que estaban en mal estado.

Tumba do soldado descoñecido

Os gastos militares lévanse o 4% do PIB heleno, convertíndoo no país máis militarizado de Europa. Entre os anos 2005 e 2009 foi un dos grandes importadores de armas en Europa. Ante a opinión pública grega, este gasto xustifícase pola necesidade de protexer as fronteiras, xa que Grecia mantén conflitos cos seus veciños, sobre todo con Turquía.

Os máis favorecidos con estas compras son os grandes fabricantes de armas europeos. Ese é un dos motivos, ademais de para evitar a quebra dos seus bancos, polos que Francia e Alemaña “salvaron” ao socio heleno. No ano 2010, o primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, ofreceu a Grecia negociar a redución do seu orzamento militar de ambos países en tempos de crise. O país heleno rexeitou a oferta, xa que tiña que seguir garantindo as exportacións francesas e alemás. Ese ano, Grecia mercou a Alemaña seis submarinos por 5.000 millóns de euros e a Francia seis fragatas de guerra, 2.500 millóns de euros, e dous helicópteros de combate, 400 millóns de euros.

O paradigma Siemens

O paradigma da corrupción grega é o caso Siemens no que tamén está implicado o mesmo política socialista, Akis Tsojatzopulos, xunto con outros exministros helenos por aceptar  subornos para asinar ou favorecer contratos públicos de seguridade e obras públicas.

Neste caso están implicados políticos tanto de PASOK como de Nea Demokratia. O dirixente de Siemens-Hellas recoñeu, antes de escapar da xustiza grega a Alemaña en 2010, que financiou aos dous grandes partidos con centos de millóns de euros. Entre as compras que fixeron políticos gregos á compañía alemá están o sistema antimisil Patriot (1999), o sistema Hermes para o exército grego, os sistema de Seguridade “C4I” mercado para os Xogos Olímpicos de 2004 e que nunca chegou a funcionar ou a dixitalización dos Centros Telefónicos de OTE (Organismo grego de telecomunicacións).

O Caso Vatopedi

Outro dos escándalos abertos é o de Vatopedi, no que están implicados políticos e membros da Igrexa ortodoxa grega. A trama consistía en que os monxes do mosteiro Vatopedi intercambiaban coa axuda de políticos terras rústicas sen

Panteleimon é o mosteiro ruso ortodoxo do Monte Atos

demasiado valor por inmobles en Atenas. Nestas operacións, calcúlase que o Estado grego perdeu decenas de millóns de euros. O único que entrou en prisión preventiva Efraím (Vasilios Kutsu), un dos monxes gregos do mosteiro Vatopedi, quen xa saiu fai da cárceres tras pagar unha fianza de 300.000 euros.

Este caso non suscitou interese en Francia ou Alemaña, pero Rusia queixouse por considerar que a entrada de Efraím, o guía espiritual de Vladimír Putin, violaba os dereitos humanos.

O mosteiro Vatopedi está no monte Athos, a montaña sagrada para os ortodoxos, onde hai 20 mosteiros, tanto de comunidades relixiosas gregas, como romanas, rusas, serbias e búlgaras.