por Ignacio Ramonet
- A maior parte das sondaxes outórganlle unha clara vantaxe ao candidato presidencial demócrata Joe Biden sobre o seu rival, o actual presidente Donald Trump, do Partido Republicano. Malia que Trump podería perder a elección, aínda non se pronunciou sobre se recoñecería ou non a súa eventual derrota. Pola contra, tenta asentar a idea da fraude e deslexitimar a quen podería convertirse no seu sucesor. A estratexia de Trump sería seguir no poder de calquera maneira posible. Con este obxectivo, vai pola impugnación do voto por correo.
- Por mor da actual pandemia e o medo a concurrir fisicamente nas urnas, existe a posibilidade de que o número de votantes fose maior ao de calquera outra elección na historia dese país. Ademais, e segundo diversas sondaxes, o voto por correo sería maioritariamente orientado aos demócratas.
- Cunha tendencia que probablemente lle resulte adversa, desde hai máis de seis meses Donald Trump asentou a idea de que o voto postal é fraudulento. A acusación susténtase, entre outras, nas distintas irregularidades que existiron en varias das eleccións primarias demócratas ao longo do ano, e nos problemas que xurden no voto por correo e que facilitan a impugnación.
- Non será estraño que o mesmo día de eleccións se produzan protestas e unha crecente conflitividade nas rúas. Poderán identificarse desde o goberno toda clase de inimigos, desde Soros á “ultraesquerda demócrata” e ao grupo anarquista Antifa. De igual maneira, agárdase que existan desprazamentos militares e da garda civil.
- Na noite do 3 de novembro, cando comece a facerse público o escrutinio, é probable que Trump dea por ganada a elección cos primeiros números que saian da apertura das urnas. Os críticos refírense á presentación dun Trump inicialmente ganador como un “espellismo vermello” (pola cor que identifica aos republicanos).
- Porén, co correr das horas é probable que se produza o que algúns expertos en eleccións denominan “cambio azul” (pola cor que identifica aos demócratas). Así, é factible que Biden reduza a súa diferenza con Trump e que en determinado momento pase á cabeceira no escrutinio. De ser así, o Presidente podería plantear que hai fraude e que lle están roubando a elección a través do voto postal.
- Ademais da elección presidencial, o Partido Republicano está pendente do que ocurra en seis estados “problemáticos” que poderían definir toda a votación. Trátase de Michigan, Carolina do Norte, Pensilvania, Wisconsin, Arizona e Florida. De igual maneira, outro obxectivo é o de reter o Senado e ganar a Cámara de Representantes.
- O 8 de decembro é crucial, xa que ese día cada estado debe presentar no Congreso as listas de membros para integrar o Colexio Electoral. Pero existe a posibilidade de que fronte ao triunfo demócrata nos “estados problemáticos”, os lexisladores republicanos rexeiten o resultado aducindo fraude e que elaboren as súas propias listas de membros do Colexio Electoral. O artigo II da Constitución contemplaría unha situación así, polo que cada estado podería presentar dúas listas, cada unha impugnada pola outra, e refrendadas xa sexa polo gobernador ou polo congreso estatal.
- O 6 de xaneiro é a outra data de enorme importancia, xa que ese día o poder lexislativo debe aprobar a lista definitiva de nomes que conformarán o Colexio Electoral. Nesa fase, o principal problema é que quen preside o Senado é o republicano Mike Pence, actual vicepresidente e candidato á reelección de Donald Trump. Desa maneira, habería un claro conflito de intereses. Sen maior claridade, a Duodécima Enmenda encárgalle a Pence o conteo dos votos, pero non aclara cales nin tampouco como facelo.
- Así, Mike Pence tería atribucións para “manobrar” a elección, malia que se enfronte ao rexeitamento dos demócratas, que defenderán a aplicación la Lei de Conteo Electoral. En determinados casos, Pence podería descartar as listas de electores en disputa, alterando así o número final de membros do Colexio Electoral.
- Nestas circunstancias, existe o risco de que a medida que pasen os días ningún dos dous candidatos acade a metade máis un dos electores (270). Sen precedentes dunha indefinición como esta en máis dun século, a 12ª Enmenda faculta á presidenta da Cámara de Representantes, a demócrata Nancy Pelosi, a arbitrar unha nova elección na que o goberno de cada estado se pronuncie por un ou por outro candidato predidencial. Se non houbera modificacións no cadro actual de gobernadores, Trump acadaría 26 votos sobre 24 de Biden, polo que sería reelecto o actual mandatario.
- Porén, ante o baleiro legal existe outra posibilidade, e é que Nancy Pelosi en vez de convocar a elección por estados, asuma a presidencia interina da nación para forzar a Trump a unha negociación, tendo en conta que indefectiblemente, e tal como o establece a Constitución, o mandato presidencial vence o 20 de xaneiro.
- Por último, e como xa podemos imaxinar, a elección xeral de 2020 é a que máis causas e demandas xudiciais está xerando na historia estadounidense. Durante todo o ano xa se produciron litixios en máis de 40 estados e unhas 260 demandas desde o mes de marzo. E iso que as eleccións aínda non se teñen producido…
Ignacio Ramonet é xornalista, profesor e experto en xeopolítica e estratexia internacional