por Chris J. Dolan e Jared D. Larson
O Cumio de Madrid tivo dous obxectivos estratéxicos intermedios e outro a longo prazo. O primeiro foi proporcionar a axuda militar e económica a Ucraína. Os membros da OTAN fortaleceron o seu compromiso de adestrar as forzas ucraínas, fornecerlles armas avanzadas e axudar a reconstruír o país. O segundo foi recalibrar a postura de disuasión da OTAN. Os membros despregarán máis efectivos á franxa oriental da alianza: aumentarase o crecente despregamento de topas de 40.000 a 300.000 para reforzar as súas forzas e disuadir a agresión rusa máis aló de Ucraína.
En 2010, a Alianza comprometeuse a mellorar a colaboración con Rusia e non fixo referencia algunha ao ascenso de China. O novo documento declara a Rusia como unha ameaza significativa e a China como un desafío sistémico á seguridade colectiva.
Os estados membros acordaron un novo Concepto Estratéxico, un documento que define as prioridades da OTAN a longo prazo. O contraste entre o novo Concepto e o anterior, do 2010, non podería ser máis rechamante. En 2010, a Alianza comprometeuse a mellorar a colaboración con Rusia e non fixo referencia algunha ao ascenso de
China. O novo documento declara a Rusia como unha ameaza significativa e a China como un desafío sistémico á seguridade colectiva.
A Administración Biden renovou os seus compromisos militares en Europa, entre eles enviaranse cazas F-35 ao Reino Unido, buques de guerra a España, sistemas de defensa aérea a Alemaña e Italia, e 3.000 tropas estadounidenses a Polonia e Rumanía. A OTAN tamén planea fortalecer as súas forzas nos países bálticos. Ademais, por primeira vez desde o final da Guerra Fría, Estados Unidos instalará unha base militar permanente en Polonia. Estes compromisos fronte á agresión rusa son sinais de que Estados Unidos non abandonará a Europa mentres se enfoca en Asia para conter a China.
Os novos despregamentos resaltan a preocupación polo avance ruso no sudeste da OTAN. Durante anos, a rexión do Mar Negro non se fortaleceu a pesar de que Rusia ampliase a súa influencia en Transnistria, Moldavia, Osetia do Sur, Abjasia, e nos Balcáns. Rumanía é a nova área de enfoque para a OTAN na rexión. Desde Rumanía, a OTAN pode levar a cabo operacións terrestres e marítimas no Mar Negro para contrarrestar as operacións rusas.
A preocupación de Washington é que a guerra en Ucraína faga que os membros europeos da OTAN non lle presten atención ao Indo-Pacífico, dada a persistente ameaza militar rusa e a posibilidade dunha guerra máis ampla en Europa.
Co novo Concepto Estratéxico, a OTAN reafirma que Rusia é a ameaza máis importante para Europa. A Alianza reforzarase contra unha guerra híbrida rusa, de ciberataques e desinformación. Á vez, a Alianza recoñece que China é un adversario tanto no Indo-Pacífico como en Europa. En poucas palabras, os membros redescubriron que a defensa colectiva non é opcional. A invasión rusa levounos a investir en defensa e adaptarse á cambiante contorna de seguridade no que Rusia é a ameaza dominante. Á xestión de crise, das ameazas híbridas e da cooperación, agora únese á disuasión baixo o tema unificador da defensa colectiva. Esa foi unha forma intelixente de establecer un
propósito singular para a OTAN sen que os estados membros teñan que desfacerse das súas outras funcións.
Man dura con China e Rusia
Esta nova liña de base para a OTAN significa que a Alianza sempre defenderá ao territorio aliado. Isto requirirá un investimento coordinado para reconstruír as súas estruturas militares esgotadas. Os estados membros prepararanse a un nivel que non se ve desde o colapso da Unión Soviética. Estas accións só terán éxito se cada membro da Alianza gasta un 2% do seu PIB en defensa. Desde que Rusia invadiu Ucraína o pasado 24 de febreiro, os orzamentos de defensa entre os estados membros aumentaron, con Alemaña á cabeza.
Esta é unha transición notable para os países máis prexudicados pola crise financeira de 2008. Aínda que o gasto en defensa aumentou a un nivel precrisis inmediatamente despois da anexión de Crimea por parte de Rusia en 2014, daquela os membros europeos da OTAN víronse moi afectados pola pandemia de COVID-19. Con todo, a guerra en Ucraína pide un maior gasto en defensa. Hai que investir máis na tecnoloxía militar en lugar de manter as pensións e os servizos sociais.
China tamén recibiu a atención dos autores do Concepto Estratéxico, que reflicte a presión estadounidense sobre a Alianza para que asuma un papel máis activo no Indo-Pacífico. A OTAN debe asegurar que a invasión rusa a Ucraína non sirva como modelo para que China faga o mesmo en Taiwán. O impacto global chinés afecta directamente á seguridade euroatlántica, así que a resposta da OTAN á guerra de agresión non-provocada de Rusia repercutirá directamente no Indo-Pacífico.
Do mesmo xeito que Europa, Estados Unidos participa en varias alianzas informais que lle permiten proxectar o seu poder no Indo-Pacífico, como o Diálogo de Seguridade Cuadrilateral (o Quad) e o Diálogo de Seguridade Australia-Reino Unido-Estados Unidos (o Aukus), que poderían servir de punto de partida para a cooperación entre a OTAN e outras alianzas. Mentres Estados Unidos aumenta a súa presenza no Indo-Pacífico, quere que a OTAN desempeñe un papel máis importante na rexión tamén para facer contrapeso a China. A preocupación de Washington é que a guerra en Ucraína faga que os membros europeos da OTAN non lle presten atención ao Indo-Pacífico, dada a persistente ameaza militar rusa e a posibilidade dunha guerra máis ampla en Europa.
É posible que Estados Unidos non poida reforzar adecuadamente á OTAN en Europa por si só, o que significa que os membros da OTAN deben ser capaces de defenderse se Estados Unidos se involucran máis no Indo-Pacífico.
Mentres a OTAN é unha Alianza de seguridade colectiva, deseñada para conter a agresión rusa en Europa, o Quad e o Aukus son asociacións militares menos estreitas. Lideradas tamén por Estados Unidos, igual o motivo de ambas é contrarrestar as crecentes ambicións de China no Indo-Pacífico. O Quad é unha rede difusa que promove a seguridade e a cooperación económica e o Aukus é unha colaboración en defensa tecnolóxica (submarinos nucleares, armas avanzadas e sistemas de comunicación).
Os recursos que EEUU lle poida dedicar á OTAN e ao Indo-Pacífico dependerán da política interna do país. O continuado apoio público estadounidense á OTAN é fundamental para a política exterior do país, a pesar de que haxa algunhas diferenzas políticas notables noutros temas, como o cambio climático. Aínda así, hai consenso en que se empregue unha man dura con China e Rusia, o apoio á OTAN e o gasto militar. É por iso que a política exterior non influirá tanto nas eleccións lexislativas en novembro deste ano como a inflación, o aborto, o crime e o control de armas.
Mentres os demócratas e a maioría dos republicanos parecen estar unidos no reto de conter o ascenso de China, o comportamento actual de Rusia desvía a atención de Washington do Pacífico. Cando Rusia invadiu Ucraína, o Atlántico do Norte converteuse na contorna estratéxica máis complexa desde a Segunda Guerra Mundial. Á vez, non está totalmente claro cal debería ser a resposta militar de Estados Unidos a China máis aló da preparación. Por tanto, Estados Unidos quere manter a súa alianza con todos os socios posibles, sexan europeos ou asiáticos, a pesar de que Washington non queira comprometerse en exceso a ningún curso de acción específico, xa sexa en Europa ou no Indo-Pacífico.
Por conseguinte, a OTAN terá dificultades en manter a defensa colectiva como a súa misión principal. A Alianza transatlántica debe considerar os seus compromisos estratéxicos máis aló de Europa porque, sen pensar na opinión pública e a política electoral locais, Estados Unidos é unha potencia tanto no Atlántico como no Pacífico. Un conflito aberto en Europa reverbera en Asia. É consecuente para EEUU. que Finlandia e Suecia se adhíran á OTAN porque achegan capacidades militares notables á Alianza de maneira que os demais novos socios non o fan, porque a súa adhesión debíase máis a motivos políticos. É posible que Estados Unidos non poida reforzar adecuadamente á OTAN en Europa por si só, o que significa que os membros da OTAN deben ser capaces de defenderse se Estados Unidos se involucran máis no Indo-Pacífico.
Pode a OTAN cumprir cos obxectivos acordados?
Por unha banda, a meta do novo Concepto Estratéxico parece ser tanto a reivindicación da OTAN como a súa transformación ante os desafíos actuais. O documento reforzou a Alianza despois dos anos de
Trump. Doutra banda, o Concepto Estratéxico reflicte dous impulsos xeopolíticos importantes pero paradoxais que a OTAN debe reconciliar. O primeiro é lidar coa agresión rusa para manter o equilibrio de poder en Europa. O segundo é equilibrar ese primeiro impulso coa defensa da democracia ante a autocracia, a través dunha OTAN globalizada, composta de socios subscritores á orde mundial liberal que China e Rusia están a socavar.
Poden a OTAN e o seu estado membro máis influente, Estados Unidos, facer todo isto? O obxectivo do Cumio de Madrid era definir o que a OTAN debería facer, sen expresamente documentar as súas capacidades. A medida que a OTAN busca expandir a súa membresía ante a guerra en Ucraína, a Alianza expandirase máis aló da súa misión orixinal de defensa colectiva e disuasión contra a agresión rusa. A OTAN debe ser realista ao determinar se pode lograr algúns dos nobres propósitos que se identificaron no novo Concepto Estratéxico.